🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social”

O Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP) que hoxe se somete a votación no pleno do Parlamento Europeo paréceme un insulto á clase traballadora, un insulto á mocidade precaria, un insulto ás mulleres, un insulto a tantas e tantas persoas que non teñen emprego. Creo firmemente que para realmente garantir sistemas públicos de pensións e pensións […]

Lídia Senra denuncia na CE a nova terminal portuaria prevista na Enseada de San Simón, plena Rede Natura

A eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e candidata de En Marea ás eleccións europeas de finais de maio, ven de denunciar na Comisión Europea (CE) o proxecto do Porto de Vigo para transformar varias instalacións portuarias obsoletas nunha nova terminal mediante recheos de gran calado en plena Enseada de […]

13 Colectivos evidencian ante a CE a conivencia política presente nos proxectos que atacan á saúde humana e medioambiental na Galiza

epresentantes da Plataforma Non á ampliación da depuradora de Lourizán (Pontevedra), Plataforma Veciñal de Sanxenxo, Plataforma Casalonga Limpa de Residuos (Teo), Plataforma Salvemos Catasós (Lalín), Plataforma Mina Touro-O Pino Non, Plataforma pola recuperación do río Sar,Plataforma Non Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural (Coristanco), Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta,Plataforma Salvemos a Comarca de Ordes, Comisión de Seguimento da minaría e defensa do rural […]

Lídia Senra: “A extrema dereita é un perigo, ataca os dereitos das persoas co máis duro do neoliberalismo”

“Estamos ante unha situación delicada. A extrema dereita é un perigo, porque ataca os dereitos de todas as persoas, aplicando nos gobernos nos que están entrando, os programas máis duros do neoliberalismo. Por esta razón, desde a esquerda e os colectivos sociais debemos debater sobre cales son as causas do auxe do neofascismo e das forzas de […]

“É necesario que o Goberno español sente a negociar con Catalunya. Este xuízo nunca tiña que terse producido”

A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUEs/NGL) Lídia Senra desprazouse onte a Madrid para participar hoxe no seguimento do xuízo contra 12 cargos políticos cataláns que está a ter lugar na Tribunal Supremo (TS) dende o pasado 12 de febreiro. Esta visita enmárcase na participación dunha delegación de europarlamentarias/os da Plataforma de Diálogo […]

Lídia Senra participa nunha delegación de eurodeputadas/os que seguirán en Madrid o xuízo aos presos políticos cataláns

A eurodeputada do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUEs/NGL) Lídia Senra viaxará este mércores 27 a Madrid para participar no seguimento do xuízo contra 12 cargos políticos cataláns que está a ter lugar na Tribunal Supremo dende o pasado 12 de febreiro. Esta visita enmárcase na participación dunha delegación de europarlamentarias/os integrantes da Plataforma de […]

Galiza reivindica no REALPE 2019 políticas públicas que garantan o dereito á vivenda e fagan fronte á especulación

 ‘Vivenda, progreso social e derrota ao fascismo. Comunidades locais para outra Europa’, esta é a consigna baixo a cal o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) convoca este ano o encontro da Rede Europea de Autoridades Locais e Progresistas (REALPE 2019). Ao igual que na edición anterior, convidado pola eurodeputada Lídia Senra (GUE/NGL) un numeroso grupo […]

A PAC debería ser unha ferramenta de defensa dos bens comúns e da xustiza social e ambiental

A coordenadora do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo (PE), Lídia Senra, participou na tarde de hoxe na xornada “Bens comúns e xustiza ambiental. Os retos para Europa e para as autoridades locais”, convocada polas tamén eurodeputadas do GUE/NGL Eleonora Forenza (L’Altra Europa con Tsipras) […]

Unha trintena de representantes da política municipal galega acoden esta semana ao Parlamento Europeo

Case unha trintena de representantes da política municipal galega acudirán esta semana ao Parlamento Europeo. Farano nunha visita promovida pola eurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra, para participar no Encontro anual da Rede Europea de Autoridades Locais Progresistas (REALPE), organizado polo propio GUE/NGL. Alcaldes, concelleiros/as e persoas […]

Senra condena o apoio do PE ao golpe de Estado en Venezuela e pide respecto ao dereito internacional

O Parlamento Europeo vén de aprobar unha resolución na que os grupos socialista (S&D), popular (PPE), liberal (ALDE) e conservador (ECR) rexeitan os principios máis básicos da democracia atacando á soberanía de Venezuela a través do recoñecemento dun presidente autoproclamado fóra do marco constitucional. Diante desta decisión, a eurodeputada Lídia Senra quere reiterar a enérxica condena do Grupo da Esquerda […]

Lídia Senra achega ao Parlamento Europeo a loita pola recuperación da memoria histórica na Galiza

Co obxectivo de  afondar en claves de análise que permitan elaborar unha resposta conxunta da esquerda europea para facer fronte ao auxe da extrema dereita na UE, o Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) está a celebrar durante a tarde de hoxe a xornada internacional “Resistencias locais contra a extrema dereita en Europa”, poñendo […]

Lídia Senra demanda á Comisión Europea que a pesca artesanal quede fóra do novo Regulamento de control

A deputada Lídia Senra, representante do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo (PE), mantivo na mañá de hoxe un encontro con Laurence Cordier, asesora legal da Unidade de Control da Pesca e Inspeccións da Comisión Europea,  co obxectivo de intercambiar opinións ao respecto da proposta de modificación do Regulamento de […]

O proceso de autorización do glifosato está totalmente en entredito. Esiximos a súa retirada

Logo da controvertida ampliación no ano 2017 da utilización do glifosato comercializado pola transnacional agrofarmacéutica Monsanto por outros 5 anos máis, e da preocupación suscitada pola constatación do coñecemento dos efectos nocivos do glifosato na saúde por parte da Monsanto xa dende a década de 1980, en febreiro do ano pasado o Parlamento Europeo decidiu […]

Temos que conseguir que os avances institucionais en materia de igualdade cheguen á vida real

Reunido durante esta semana en sesión plenaria en Estrasburgo (Francia) o Parlamento Europeo aprobou hoxe dous informes a través dos cales achega unha análise sobre algunhas das desigualdades presentes entre homes e mulleres e presenta iniciativas para facerlles fronte. “Nun momento no que precisamente hai organizacións políticas fascistas que queren utilizar os dereitos das mulleres como moeda […]

Cambio de sede da xornada “Mulleres e Saúde”: Café de Catro a Catro (Vigo)

A xornada “Mulleres e Saúde” (PROGRAMA) prevista para este sábado día 15 en Vigo terá lugar no Café de Catro a Catro, na Rúa de Girona Nº16. Trátase dunha xornada aberta, dirixida a todas as persoas interesadas en abordar claves de análise que permitan avanzar na transversalización da perspectiva de xénero no ámbito da saúde. Comezará ás 11:00 horas coa […]

Novos acordos UE-Marrocos poderían obstaculizar as negociacións de paz co pobo saharauí

Como vén denunciando nas últimas semanas a eurodeputada galega Lídia Senra, logo de que o Tribunal de Xustiza da UE (TXUE) anulara no ano 2015 o acordo de libre comercio asinado entre a Unión Europea e Marrocos, e de que no 2018 anulara tamén o acordo pesqueiro, as institucións europeas están a tentar aprobar dous novos […]

Lídia Senra visitará mañá no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León, ao preso galego Adrián Mosquera

A eurodeputada galega Lídia Senra visitará mañá venres ao preso galego Adrián Mosquera Pazos no cárcere de Mansilla de las Mulas, en León. Para iso, terá que viaxar en coche desde Santiago, 800 quilómetros entre ida e volta, unhas 8 horas conducindo sen case parar, que é o traxecto que teñen que facer todas as semanas […]

Senra cualifica de “chantaxe” o anuncio de peche de Alcoa e advirte “se marcha, que devolva os cartos”

Ante a nova coñecida hoxe de que a empresa de capital estadounidense ALCOA ameaza -outra vez- con pechar instalacións na Galiza e noutras partes do Estado, dende Bruxelas a eurodeputada galega Lídia Senra -Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)-, instou á Unión Europea e aos Estados membro a que, en base ás súas respectivas […]

Lídia Senra: “O futuro da UE depende tamén dun mundo rural vivo e dinámico”

A coordenadora na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural (AGRI) do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra,  vén de rexistrar unha batería de emendas para incidir nos informes de opinión que esta Comisión vai achegar á Comisión de Asuntos Económicos e Monetarios (ECON) para a elaboración do Informe anual sobre a política de competencia (2018/2102(INI) e á Comisión […]

“A UE pretende legalizar a ocupación do Sáhara occidental a través de acordos económicos con Marrocos”

O 10 de decembro de 2015 unha sentenza histórica do Tribunal de Xustiza da UE anulou o tratado de libre comercio da UE con Marrocos por violar os dereitos do pobo saharauí. Nela o  TXUE especificaba que o Sáhara Occidental non forma parte de Marrocos, polo que se a UE permite a importación de produtos obtidos dun […]

“Austeridade e fascismo son as dúas caras da mesma moeda: as políticas da UE alimentan a extrema dereita”

Durante esta semana a eurodeputada galega Lídia Senra estivo a participar nas xornadas de formación convocadas polo Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) en Nápoles co obxectivo de coñecer de primeira man proxectos alternativos construídos directamente dende as bases sociais para mudar a cidade. “Lamentablemente, ultimamente as novas que estamos a escoitar de […]

As persoas presas teñen dereito a estar informadas e o Estado debe garantilo, advirte a Comisión Europea

O pasado mes de xuño a eurodeputada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) Lídia Senra dirixiuse á Comisión Europea para denunciar que a varias persoas presas no Estado español vetóuselle o acceso ao número 451 do medio de comunicación en catalán La Directa. Con máis dunha década de traxectoria, esta publicación aborda […]

Unhas xornadas europeas analizarán en Santiago os días 28 e 29 de setembro o futuro das pensións

Unhas xornadas europeas analizarán os días 28 e 29 de setembro no Palacio de Congresos de Santiago O futuro das pensións na Galiza, no Estado español e en Europa. Así o anunciou a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Victoria Portas, portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público […]

Coloquio en Cangas sobre o futuro do xeito e da pesca artesanal galega na UE, este venres ás 20hrs

O Salón de Plenos do Concello de Cangas acollerá este venres, 14 de setembro, ás 20:00 horas, un coloquio sobre ‘O futuro do xeito e da pesca artesanal galega na Unión Europea’, no que intervirán aeurodeputada galega, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), Lídia Senra; o patrón maior da Confraría de Cangas, Javier Costa; a 2ª […]

Lídia Senra organiza este sábado en Monforte unha xornada de debate sobre a xestión dos lumes forestais

A eurodeputada galega Lídia Senra organiza este próximo sábado, 9 de xuño, na Salón de Actos da Casa da Cultura de Monforte de Lemos, unha xornada para intercambiar información e debater sobre os incendios forestais, as súas causas, a xestión que realizan as Administracións e posibles opcións de prevención para intentar deter esta lacra que ano […]

Precisamos unha reforma en profundidade da PAC e non unha modernizacion e simplificación como di a CE

A futura Política Agraria Común (PAC), prevista para o periodo 2021-2027, non será unha reforma da actual, senón unha “modernización e simplificación” e un “afondamento en máis do mesmo”, é dicir, un afondamento na desarticulación da vida dos agricultores e agricultoras e no sistema que hoxe empeora día a día as rendas labregas para beneficio […]

Lídia Senra impulsa o debate para definir a Política Agraria Común que queremos na Galiza e na UE

A eurodeputada galega Lídia Senra quere impulsar o debate na Galiza para definir a futura Política Agraria Común (PAC) que queremos no noso rural. “É moi importante iniciar o debate porque é necesario concretar o que queremos para o sector agrario e gandeiro galego e empezar xa para defendelo, sen esperar a que chegue o momento […]

Lídia Senra loitará pola supervivencia do “xeito” fronte a ambigüidade da Comisión Europea

Segundo o comisario europeo de Pesca, Karmenu Vella,  “é demasiado cedo para dar algunha indicación sobre o resultado que se espera [das negociacións sobre o futuro regulamento de medidas técnicas de pesca], ou sobre se se manterá a dimensión da malla de rede do xeito”. Así o sinala o responsable comunitario de pesca na súa resposta […]

Lídia Senra insta ao Estado español a abolir a dispersión penitenciaria, como recomenda o Parlamento Europeo

A eurodeputada galega Lídia Senra insta ao Estado español a abolir dunha vez por todas as políticas de dispersión penitenciaria e a facer caso canto antes da Resolución do Parlamento Europeo sobre condicións e sistemas penitenciarios aprobada a finais do ano pasado polo pleno da Eurocámara. Dito texto di no seu artigo 29, recollendo a emenda realizada meses antes por Senra á […]

“Este intenso intercambio de experiencias a tódolos niveis axudaranos a avanzar no deseño de estratexias para o recoñecemento dos dereitos das mulleres e nenas no medio rural”

Durante esta semana a eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra, está participando en Nova York na 62ª Sesión da Comisión da Condición Xurídica e Social das Mulleres (CSW, polas súas siglas en inglés) da Organización das Nacións Unidas (ONU), que este ano ten como tema principal as mulleres e nenas que […]

Lídia Senra: “Esiximos verdadeiras solucións políticas á situación do sector téxtil galego, non parches”

O Pleno do Parlamento Europeo vén de aprobar un informe a fin de  activar o denominado Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG) para 303 persoas despedidas de 5 empresas do sector téxtil na Comarca de Ordes: Caramelo, Confecciones Deus, Deus Creaciones, Shivshi e Viriato.   Lídia Senra,  eurodeputada galega do Grupo da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL), […]

Senra: “A análise que a Comisión Europea fai da Política Agraria Común é un insulto á intelixencia”

Na sesión do xoves da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo tivo lugar un debate con Rudolf Moegele, responsábel da Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Comisión Europea (CE), co obxectivo de afondar nas claves da vindeira Política Agraria Común recollidas no documento “O futuro da alimentación e a agricultura”. Xa durante a súa presentación […]

Lídia Senra denuncia ante a Comisión Europea o desbordamento da balsa mineira de Touro

A eurodeputada galega Lídia Senra denunciou o xoves ante a Comisión Europea (CE) o desbordamento da balsa de residuos da antiga mina de cobre e ouro que tivo lugar a semana pasada na parroquia de Bama (concello de Touro). A parlamentaria rexistrou un escrito en Bruxelas no que informa ao ente comunitario dos danos ambientais que provocan os continuos […]

A contaminación da Ría de Ferrol por residuos asfálticos, de novo na Comisión Europea

En marzo de 2016 a Comisión Europea, en resposta a unha pregunta parlamentaria da eurodeputada galega Lídia Senra denunciando o verquido de residuos asfálticos en Ferrolterra por parte empresa Bentum Recycling Centrale, apuntou ao incumprimento da Directiva 2008/98/CE, pero afirmou non se poder pronunciar definitivamente até ter sido resolto o proceso xudicial activo nese momento na Galiza. Dado que o Xulgado do […]

Lídia Senra participa nunha delegación do GUE/NGL para coñecer a realidade cubana

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e representante do mesmo na Asamblea Paritaria da Unión Europea para África, Caribe e Pacífico (ACP-UE) participa durante esta semana en Cuba nunha delegación do GUE/NGL  composta por nove eurodeputadas/os. Na xornada de onte desenvolvéronse a principais xuntanzas ca Asamblea Nacional de Poder Popular (ANPP), […]

“Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?”

 Baixo o título “Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?” a eurodeputada galega Lídia Senra e @s greg@s Sofía Sakorafa e Nikos Chountis, integradas no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), coordinaran o vindeiro martes 30 unha xornada de debate no Parlamento Europeo (PE) en Bruxelas. Dende Galiza desprazaranse trinta persoas do ámbito da loita social a […]