Lídia Senra denuncia ante a Comisión Europea o desbordamento da balsa mineira de Touro

A eurodeputada galega Lídia Senra denunciou o xoves ante a Comisión Europea (CE) o desbordamento da balsa de residuos da antiga mina de cobre e ouro que tivo lugar a semana pasada na parroquia de Bama (concello de Touro). A parlamentaria rexistrou un escrito en Bruxelas no que informa ao ente comunitario dos danos ambientais que provocan os continuos […]

A contaminación da Ría de Ferrol por residuos asfálticos, de novo na Comisión Europea

En marzo de 2016 a Comisión Europea, en resposta a unha pregunta parlamentaria da eurodeputada galega Lídia Senra denunciando o verquido de residuos asfálticos en Ferrolterra por parte empresa Bentum Recycling Centrale, apuntou ao incumprimento da Directiva 2008/98/CE, pero afirmou non se poder pronunciar definitivamente até ter sido resolto o proceso xudicial activo nese momento na Galiza. Dado que o Xulgado do […]

Lídia Senra participa nunha delegación do GUE/NGL para coñecer a realidade cubana

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) e representante do mesmo na Asamblea Paritaria da Unión Europea para África, Caribe e Pacífico (ACP-UE) participa durante esta semana en Cuba nunha delegación do GUE/NGL  composta por nove eurodeputadas/os. Na xornada de onte desenvolvéronse a principais xuntanzas ca Asamblea Nacional de Poder Popular (ANPP), […]

Lídia Senra denuncia que a CE quere favorecer o mercado das pensións privadas cun novo produto paneuropeo

A Comisión Europea (CE) está intentado presionar para desmantelar totalmente os sistemas públicos de pensións. Así o asegurou este venres a eurodeputada galega Lídia Senra, que ofreceu unha rolda de prensa en Pontevedra, acompañada por Victoria Portas Mariño, voceira da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e membro do Movemento Galego en Defensa […]

O PP está eludindo transpoñer a Directiva 2014/52/UE, que podería botar atrás a Lei de Depredación da Galiza

Fai xa máis de medio ano que a Comisión Europea (CE) está a agardar a que o Estado español lle especifique como ten pensado transpor a Directiva 2014/52/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, que modifica a  Directiva 2011/92/UE. Así llo comunicou o Comisario Karmenu Vella directamente á […]

As pensións, unha conquista social das traballadoras/es a defender loitando pola redistribución da riqueza

“Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?”, esta foi a premisa arredor da cal se estruturaron os debates da xornada do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) desenvolvida na mañá de hoxe no Parlamento Europeo. Coordenado pola eurodeputada galega Lídia Senra e @s greg@s Sofía […]

O PP está eludindo transpoñer a Directiva 2014/52/UE, que podería botar atrás a Lei de Depredación da Galiza

Fai xa máis de medio ano que a Comisión Europea (CE) está a agardar a que o Estado español lle especifique como ten pensado transpor a Directiva 2014/52/UE, relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, que modifica a  Directiva 2011/92/UE. Así llo comunicou o Comisario Karmenu Vella directamente á […]

“Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?”

 Baixo o título “Xubilación en tempos de austeridade. Cal será o futuro do noso sistema de pensións?” a eurodeputada galega Lídia Senra e @s greg@s Sofía Sakorafa e Nikos Chountis, integradas no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), coordinaran o vindeiro martes 30 unha xornada de debate no Parlamento Europeo (PE) en Bruxelas. Dende Galiza desprazaranse trinta persoas do ámbito da loita social a […]

Lídia Senra: Presionamos ao Comisario Europeo de Pesca para que se pronuncie claramente sobre a protección do “xeito”

No ano 2014, a posibilidade de prohibición da pesca con redes de deriva alertou ao sector pesqueiro artesanal do xeito. Lídia Senra, unha das responsábeis do Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca, realizou unha intervención en outubro de 2014 para chamar a atención ás eurodeputadas/os de dita Comisión sobre o carácter artesanal do xeito, […]

Senra valora positivamente o mantemento da prohibición da pesca eléctrica e esixe o fin inmediato das excepcións vixentes

O Parlamento Europeo aprobou hoxe onte proposta de Regulamento sobre a conservación de los recursos pesqueiros e a protección dos ecosistemas mariños con medidas técnicas que incorpora emendas relativas á prohibición total, sen excepcións, da pesca con impulsos eléctricos.  Lídia Senra, unha das responsábeis para o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Pesca […]

“A UE ten que abandonar o seu enfoque inxerencionista e respectar os criterios de xustiza social e sostenibilidade”

Lídia Senra, integrante da Asamblea Paritaria África-Caribe-Pacífico (ACP) e a Unión Europea interveu na tarde de hoxe no hemiciclo do Parlamento Europeo no marco do debate ao respecto da actual situación en Kenia para esixir á Alta Representante, Federica Mogherini, que a UE “abandone dunha vez por todas o enfoque inxerencista e eurocéntrico” e respecte que os recursos adicados ao desenvolvemento […]

A produción de enerxía á costa da deforestación ou o acaparamento de terras non pode ser considerada “limpa”

En novembro do ano 2016 a Comisión Europea  (CE) adoptou un paquete lexislativo centrado no que deu en denominar “enerxía limpa”. O Parlamento Europeo (PE) vén de dar comezo á súa sesión plenaria hoxe ás 17.00hrs. en Estrasburgo a través precisamente dun debate conxunto sobre algunhas destas propostas lexislativas, nomeadamente aquelas referidas á Promoción da utilización de […]

Lídia Senra chama a frear o proxecto de mega mina Touro-O Pino porque vai destruír máis que beneficiar

A eurodeputada galega Lídia Senra realizou este sábado un chamamento á necesaria mobilización social continua para lograr frear a mega mina de cobre en Touro e O Pino e facer que tamén as institucións galegas, estatais e europeas se posicionen en contra deste proxecto que “vai destruír máis que beneficiar”. “Non podemos consentir que vaia adiante o proxecto […]

O GUE NGL reivindica unha PAC orientada á xustiza social e á alimentación saudábel para toda a poboación

Baixo o título “Construíndo un Manifesto para unha PAC xusta e ecolóxica” tivo lugar hoxe unha audiencia pública convocada polo Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) no Parlamento Europeo co obxectivo de obter insumos para reforzar a súa posición de grupo en materia de agricultura e facer fronte á futura reforma da Política Agraria Común […]

Xornada contra a mina de Touro-O Pino, este sábado, para debater sobre un problema que é de todos/as

Persoas implicadas de forma moi activa na loita contra a minaría en diferentes lugares de Galiza daranse cita este sábado, 13 de xaneiro, no Pino, para intercambiar experiencias, poñer en común puntos de vista e debater sobre os efectos deste tipo de explotacións. O evento, organizado pola eurodeputada Lídia Senra, está concibido ademais para arroupar á plataforma […]

Lídia Senra esixe que a pesca con electricidade siga prohibida na UE e non admita ningunha excepción

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), presentou hoxe emendas á proposta realizada pola Comisión Europea (CE) sobre medidas técnicas de pesca que o Parlamento Europeo (PE) votará o martes 16 de xaneiro en sesión plenaria en Estrasburgo. O texto da CE abre a porta ao uso da corrente eléctrica […]

Sae o número 2 do boletín periódico gratuíto ‘A Nosa Voz en Europa’

Este venres sae á luz o segundo número do boletín periódico informativo gratuíto ‘A Nosa Voz en Europa’, unha nova revista que recolle a actividade que a eurodeputada galega Lídia Senra ven desenvolvendo na Eurocámara e que dá continuidade á outra revista que xa publicara no verán do 2016. Aquel número 1 recollía o traballo realizado pola parlamentaria entre […]

Lídia Senra lamenta o novo golpe que a UE asesta á pesca artesanal e de baixura no reparto dos TACs

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ve no reparto dos Totais Admisibles de Capturas (TACs) para 2018 das especies pesqueiras do Atlántico e do Mar do Norte, acordado esta mañá en Bruxelas, unha mostra máis “do desleixo da UE cara a súa frota artesanal, de baixura e […]

Lídia Senra: Sobre a pregunta dirixida á comisión europea en relación ao control público das vacinas

A pregunta dirixida á CE o pasado mes de agosto, non vai de “vacinas si/ vacinas non”. Vai de que se garanta a transparencia, a información, de que os poderes públicos garantan a seguridade fronte ao poder dos laboratorios, e da non obrigatoriedade no contexto europeo (cousa que non é diferente ao que xa existe […]

20 organizacións levan a defensa do patrimonio cultural e natural do monte galego ao Parlamento Europeo

Grande parte do patrimonio cultural da Galiza está situado nos nosos montes, que ocupan máis de dous terzos do territorio. Estes espazos non só foron dende antigo fonte de subsistencia do pobo galego, senón tamén testemuñas excepcionais da nosa historia, acollendo milleiros de petróglifos, arredor de 5.000 castros e máis de 7.000 túmulos e megálitos funerarios. […]

As claves da desfeita provocada pola industria do eucalipto-celulosa na Galiza, trasladada a representantes do principal país importador

O 95% da celulosa que produce a empresa ENCE vai destinada ao mercado europeo, sendo o principal receptor Alemaña, cun 23% da produción, seguido de Italia, co 16%. É dicir, o 17% do noso territorio está inzado de eucaliptos dirixidos principalmente a abastecer demandas da UE. Para explicar de primeira man as graves consecuencias deste escenario e, […]

Medio cento de eurodeputadas/os responden á chamada de Lídia Senra para demandar á CE medidas contra os lumes

Máis de medio cento de deputadas e deputados no Parlamento Europeo integrantes dunha ampla variedade de partidos políticos -GUE/NGL; Verdes-ALE; S&D; ALDE e EPP- subscribiron a iniciativa lanzada pola eurodeputada galega Lídia Senra para demandar ao Comisario de Agricultura, Phil Hogan, e ao de Medio Ambiente, Karmenu Vella, a posta en marcha inmediata de medidas para facer […]

A UE confirma que o Estado español debe actuar contra o delito de apoloxía do franquismo

A Comisión Europea vén de respostar á denuncia realizada a finais do verán pola eurodeputada Lídia Senra en relación ás declaracións públicas efectuadas pola Fundación Francisco Franco nas que aseguraba que ser a responsable de xestionar as visitas guiadas ao Pazo de Meirás era para ela “unha honra e unha excelente oportunidade para mostrar ao gran público […]

Lídia Senra, entre o grupo de eurodeputadas/os expulsado do Sáhara Occidental ocupado por Marrocos

As autoridades marroquís negáronlles a entrada a El Aaiún, capital do territorio ocupado do Sáhara Occidental, a cinco membros do Parlamento Europeo, entre os que viaxaba a galega Lídia Senra. Todas/os elas/es forman parte do Intergrupo do Parlamento Europeo para o Sáhara Occidental e programaran para esta fin de semana reunións coas partes interesadas da […]