🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Senra: “O marcado “CE” debería estar reservado exclusivamente aos produtos da Unión Europea”

Durante a tarde de hoxe -primeiro día da sesión plenaria do Parlamento Europeo que terá lugar até o vindeiro xoves en Estrasburgo (Francia) [ORDE DO DÍA]-, a representante do Grupo da Esquerda Verde Nórdica/Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural, Lídia Senra, esixiu á Unión Europea o establecemento de límites estritos ás substancias químicas nos […]

Senra pide á CE investigar se a Lei de Depredación incumpre unha das principais directivas medioambientais da UE

Dentro das medidas que Lídia Senra vai desenvolver para elevar ás institucións comunitarias a denuncia das consecuencias que para Galiza, a nivel humano e ecolóxico, pode carrexar a Lei de Fomento da Implantación das Iniciativas Empresariais (“Lei de Depredación de Galiza”) aprobada pola Xunta de Galicia esta semana, a eurodeputada galega rexistrou onte unha primeira pregunta parlamentaria dirixida á Comisión […]

Lídia Senra denuncia que a Xunta está abrindo pistas nos montes queimados sen que se saiba para que son

A eurodeputada galega Lídia Senra, acompañada pola deputada de En Marea no Parlamento Galego Alexandra Fernández, e o deputado de En Marea no Parlamento galego Davide Rodríguez, ofreceron este venres pola mañá unha rolda de prensa en Santiago para facer balance das respostas dadas pola Administración galega e estatal ante os incendios forestais acontecidos na última semana. Os tres […]

Lídia Senra insta a parar as negociacións dos tratados de libre comercio UE-Australia e UE-Nova Zelanda

A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo procedeu na mañá de onte ao debate dos textos de posición desta comisión con respecto ás negociacións de tratados comerciais que a UE quere establecer con Nova Zelanda e Australia. A eurodeputada galega Lídia Senra, titular do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) na Comisión de Agricultura, alertou das repercusións negativas que […]

Lídia Senra, responsábel polo GUE/NGL do seguimento das medidas de apoio ao sector apícola europeo

A eurodeputada galega Lídia Senra foi designada responsable do seguimento da elaboración do informe Perspectivas e desafíos para o sector da apicultura da UE en representación do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). Actualmente a Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo, da cal Senra é titular para o GUE/NGL, está en proceso de elaboración dun texto […]

Contaminación de ovos con Fipronil, unha mostra máis dos riscos da industrialización alimentar

Na mañá de hoxe a Dirección Xeral de Saúde e Seguridade Alimentaria da Comisión Europea acudiu á Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo para proporcionar información sobor do penúltimo escándalo do modelo agroindustrial de producción de alimentos: o uso do pesticida prohibido Fipronil en explotacións de galiñas poñedoras de varios Estados membros, que vén de supor […]

Lidia Senra denuncia na CE que na Illa de Ons falta persoal e os medios cos que contan son escasos

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea, por segunda vez este verán, deficiencias no Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.  Esta  denuncia refírese ao pouco persoal e aos poucos medios cos que contan. Na illa de Ons hai 3 funcionarios e […]

Lidia Senra denuncia na CE que a Ponte Vella de Monforte necesita unha urxente intervención

Ven de denunciar ante a Comisión Europea que a Ponte Vella medieval de Monforte de Lemos sobre o río Cabe necesita nestes momentos actuacións urxentes para a súa conservación e que se teñen que poñer as medidas necesarias para conseguir a peonalización, posto que non pode seguir soportando o tránsito rodado.   Senra presentou esta semana un […]

Lidia Senra denuncia na CE que o Pazo de Sober recibiu fondos FEDER e un préstamo do BEI, e que non consta que foran devoltos pola empresa beneficiaria , Alvaher 98, S.L.

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a empresa Alvaher 98, S.L., promotora dun hotel de “gran luxo” no Concello de Sober (Lugo), entrou en concurso de acredores fai máis dun ano e non consta información sobre  se esta empresa […]

Denuncian na CE que na Illa de Ons se seguen a realizar desaugadoiros directos ao mar sen depurar

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), ven de denunciar ante a Comisión Europea que a estación depuradora da Illa de Ons funciona mal e que se seguen producindo desaugadoiros directos ao mar. Senra presentou esta semana un escrito dirixido á CE dando conta desta situación. Tendo en conta […]

Lídia Senra reclámalle ao Consello da UE que acabe coa discriminación da pesca artesanal no reparto de cotas

Tomou a palabra este mércores  na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para dirixirse a Siim Valmar Kiisler, ministro de Medio Ambiente de Estonia, país que ocupa a presidencia rotatoria do Consello da UE, e reclamar que nas próximas negociacións para o reparto dos TACs de 2018 se aborde dunha vez por todas e con criterios transparentes o […]

Lídia Senra reclama na CE que se garantan os dereitos das traballadoras e traballadores do Banco Santander e Popular

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistrou esta semana en Bruxelas un documento escrito dirixido á Comisión Europea (CE), interesándose pola situación laboral dos traballadores e traballadoras do Banco Popular e do Banco Santander a raíz da operación levada a cabo a principios de xuño deste ano na que […]

Lídia Senra: “A sustentabilidade nunca será posible desde unha perspectiva de políticas neoliberais”

Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), abriu este sábado pola mañá na Casa das Campás, en Pontevedra, a xornada “A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa”, impulsada e organizada por ela mesma en colaboración coas asociacións Anova Terra, Irmandade Illa de Tambo, Colectivo pola Defensa […]

A eurodeputada galega Lídia Senra reclama a liberación dos presos políticos saharauis

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), participou este sábado pasado pola noite en Sarria (Lugo) nun acto pola liberación dos 24 presos políticos saharauis encarcerados pola súa participación no campamento GdeimIzik, que están a ser xulgados pola xustiza marroquí por reivindicar o dereito de autodeterminación do pobo saharaui e […]

Senra defende que se poña fin á cada vez máis evidente obsolescencia programada dos produtos fabricados

Votou este martes pola mañá no pleno do Parlamento Europeo, en Estrasburgo, a favor do “Informe sobre unha vida útil máis longa para os produtos: vantaxes para os consumidores e as empresas”. A eurodeputada considera este documento un “importante punto de partida para iniciar un camiño que é imprescindíbel transitar: o camiño do decrecemento, porque o […]

Xornada de análise e debate en Pontevedra sobre como acadar a xestión sustentábel do territorio na Galiza e na UE

A cidade de Pontevedra acollerá o sábado 8 de xullo unha xornada de análise sobre como lograr “A xestión sustentábel do territorio: Debate para avanzar na Galiza e en Europa”. O evento, que estará aberto á asistencia de todas as persoas que o desexen, sen necesidade de inscrición previa, está organizado pola eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no […]

Lídia Senra informa á CE da agresión que sufriu un preso galego por parte dun funcionario no cárcere de León

A eurodeputada galega Lídia Senra, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), presentou este mércores un documento escrito dirixido á Comisión Europea (CE), no que lle informa da recente agresión que sufriu un preso galego interno no cárcere de Mansilla de las Mulas (León) por parte dun funcionario dese centro. Senra faise eco da […]

A CE di que as medidas adoptadas polo Estado e a Xunta “dificilmente lograrán erradicar” a praga da pataca

A preocupante situación derivada da estensión da Tecia Solanivora, máis coñecida como ‘couza guatemalteca’ ou ‘praga da pataca’, chegou á Comisión Europea (CE). As eurodeputadas Lídia Senra e Ángela Vallina, ambas integradas no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), rexistraron en abril en Bruxelas un escrito dirixido á CE no que denunciaban que as medidas adoptadas polo […]

Lídia Senra acusa á UE de mirar para outro lado fronte ás prospeccións de hidrocarburos en zonas pesqueiras

Atopa “incrible” que a Comisión Europea (CE), na súa resposta a unha pregunta da eurodeputada galega sobre as prospeccións de hidrocarburos no banco de Porcupine, en augas irlandesas, argumente que non dispón de información nin capacidade para determinar as condicións de explotación de recursos enerxéticos, cando ten competencias plenas na xestión pesqueira e na calidade das augas. A eurodeputada galega, […]

Lídia Senra reclama en galego no Parlamento Europeo o cumprimento da Carta Europea das Linguas

Lidia tomou a palabra este luns pola noite no pleno do Parlamento Europeo, que se está a desenvolver esta semana en Estrasburgo, para facendo uso da lingua propia e coincidindo co 25 aniversario da adopción da Carta Europea das Linguas Rexionais, Minoritarias ou Minorizadas denunciar que pasado un cuarto de século nin a propia UE, nin o Goberno do […]

A europarlamentaria Lídia Senra apoia a loita por unha xustiza adaptada á infancia

acolleu onte no Parlamento Europeo a xornada de traballo “Unha xustiza adaptada á infancia: A consideración da voz das vítimas menores de idade”, un encontro organizado en colaboración coa Asociación Galega contra o Maltrato a menores (AGAMME) e a Rede Internacional para os dereitos da infancia (Fight4 Child) e que contou coa presenza de persoas especializadas no […]

Lídia Senra pide que o Estado derogue o Decreto 8/2017 da estiba por vulnerar os intereses xerais e o mandato da OIT

Reclamou este venres que o Estado español derrogue o Real Decreto 8/2017 aprobado este mes e polo que se modifica o réxime dos traballadores/as para a prestación do servizo portuario de manipulación de mercadorías. Senra considera que esta lei debe ser derrogada “posto que o Estado español, neste caso, non defende os intereses xerais forzado […]

Lídia Senra levará ante a Comisión Europea a problemática que están a padecer os traballadores/as do 112

Reuniuse este mércores pola tarde na súa oficina en Santiago de Compostela con representantes do Comité de Folga do  Servizo de Atención a Emerxencias de Galiza 112, que levan un mes e unha semana secundando un paro indefinido en protesta polas consecuencias do traslado da súa sede, da capital galega á Estrada, efectuado a mediados […]

Lídia Senra denuncia ante a CE a “insuficiente e ineficaz” política de prevención dos incendios forestais na Galiza

Denuncia ante a Comisión Europea (CE) a “insuficiente e ineficaz” política de prevención de incendios forestais na Galiza. Así o anunciou a propia Senra este martes pola mañá, durante unha rolda de prensa ofrecida en Santiago de Compostela xunto a José Ángel García López, presidente da Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA) […]