Chegan ao Parlamento Europeo os trinta alcaldes e concelleiras/os galegos acompañados por Lídia Senra

A deputada galega Lídia Senra participará este mércores en Bruxelas, a partir das 15:00 horas, no Parlamento Europeo, no encontro anual REALPE de representantes locais electos, que organiza o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) baixo o título de “Emprego, dereitos sociais e solidariedade desde os municipios”. Senra asistirá á xornada de debate acompañada por trinta persoas […]

A CE propoñerá un novo trazado da liña de alta tensión que unirá Galiza e Portugal ante a inaceptabilidade social

A eurodeputada Lídia Senra, acompañada pola concelleira de Arbo, Fabiola Durán, reuníronse hoxe en Bruxelas con Catharina Sikow-Magny, xefa da unidade B1 da Dirección Xeral de Enerxía da CE. A europarlamentaria e a edil galegas destacan, tras a confirmación da representante comunitaria, que a mobilización social foi fundamental para parar este proxecto que afectaba a […]

Lídia Senra esixe unha solución definitiva ao retraso das xubilacións do persoal de barcos conxeladores

A eurodeputada galega esixe que a harmonización do rexistro comunitario de buques non afecte aos coeficientes redutores. A CE indica nunha resposta por escrito á europarlamentaria que os Estados terán un ano para adaptar os seus rexistros á norma europea. Lídia Senra, eurodeputada galega integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), […]

Lídia Senra reclama no Parlamento Europeo que as/os menores de idade non poidan participar en cacerías

A eurodeputada insta á CE a elaborar unha normativa que protexa á infancia e mocidade destas actividades de risco nas que se usan armas. A representante de AGEe rexistra unha pregunta por escrito dirixida á Comisión na que lle pide que se posicione sobre esta reivindicación. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en […]

Na procura de respostas conxuntas para poder pararlle os pés aos intereses da privatización sanitaria

Lídia Senra inaugurou estes venres en Vigo as xornadas en defensa da sanidade pública que se prolongarán até o sábado pola tarde.  Denuncian o roubo da Colaboración Público-Privada e que as empresas grandes coa axuda dos Gobernos fagan negocio cos dereitos humanos. Procurar respostas conxuntas para poder artellar mellor a maneira de pararlle os pés […]

Vigo converterase a próxima semana en cita internacional de denuncia da privatización sanitaria

Unha xornada aberta ao público reunirá o venres e sábado na cidade olívica a unha vintena de ponentes para tecer alianzas de loita común. Lídia Senra, que exercerá de anfitrioa e organizadora do evento, denuncia o negocio de entregarlle os servizos públicos a multinacionais. A cidade de Vigo converterase os próximos venres e sábado, 28 […]

Lídia Senra, entre as promotoras dunha declaración escrita pola regulación pública da produción leiteira

Reclaman da UE instrumentos que aseguren prezos xustos para as/os produtoras/es e un reparto equitativo que evite a concentración. Para saír adiante, o texto enviado ao Parlamento Europeo deberá lograr o apoio de 376 eurodeputadas/os antes do 12 de decembro. Dez eurodeputadas e eurodeputados de diferentes países da Unión Europea, entre eles a galega Lídia […]

Lídia Senra esixe maior esforzo público en determinar as causas que hai detrás dos incendios forestais

Preguntánse se existe relación entre o lume e posibles intereses de grandes empresas en usar as terras queimadas para os seus intereses. A eurodeputada de AGEe presenta a xornada que este sábado reunirá todo o día en Ourense a bombeiros/as e expertas/os na materia. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) […]

Lídia Senra chama a facilitar o acceso das PEMEs aos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos

A eurodeputada de AGE tomou a palabra no pleno do Parlamento, en Estrasburgo hoxe, para reclamar a fin das políticas de austeridade. Advirte de que a Unión de Mercado de Capitais, lonxe de ser solución para as pequenas e medianas empresas, provocará novas dificultades. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), […]

Mariñeiros galegos e mariñeiras galegas denuncian en Bruxelas que as políticas da UE só xeran a destrución do emprego

A delegación galega convidada por Lídia Senra a participar no evento internacional criticará os TACs e a subvención dos desguaces da frota. “Galicia é, dentro da Unión Europea, un dos países máis altamente dependente do mar, e as actividades relacionadas coa pesca, marisqueo e acuicultura teñen unha significación socio-económica enorme, tendo un grande efecto multiplicador […]

Que vai aportar o conselleiro hoxe no Parlamento Europeo para afrontar o desafío demográfico?

Lídia Senra denuncia que as políticas dos cargos do PPdeG na Xunta teñen contribuído de xeito decidido á expulsión da mocidade do país. A eurodeputada de AGE define o actual goberno galego como “un gran contribuidor na destrución do emprego e da aniquilación dos sectores produtivos”. “É indignante que o señor conselleiro de Política Social […]

Unha vintena de mariñeiros galegos e mariñeiras galegas irán a Bruxelas para abordar no Parlamento Europeo os problemas da pesca

Debaterán mércores e xoves no seminario ‘Defensa e protección da pesca artesanal e a pequena escala’ organizado polo GUE/NGL, AGE, Sinn Féin e PCP.  Lídia Senra destaca a importancia deste tipo de citas internacionais para loitar polo desenvolvemento dun sector pesqueiro sustentable mundial. Ao redor dunha vintena de mariñeiros e mariñeiras de Galiza desprazaranse a Bruxelas esta […]

Lídia Senra vai traballar “desde xa” para levar a Europa as propostas da veciñanza que loita contra o vertedoiro de Sogama en Lesta

Presentará preguntas dirixidas á CE en materia de Agricultura, Sanidade e Medio Ambiente denunciando o dano deste proxecto. A eurodeputada defende que a solución do lixo en Galiza pasa por mudar o modelo de xestión de residuos, maior reciclaxe e redución. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo […]

O hotel da Illa Pancha chega ao Parlamento Europeo por posibles irregularidades en conservación da natureza

Lídia Senra denuncia en Bruxelas a través dunha pregunta por escrito á CE o proxecto de converter o faro en hotel de luxo de dúas habitacións  A eurodeputada ve indicios máis que fundados de que a explotación turística privada desta zona de Ribadeo danará a contorna ambiental  O proxecto de construción dun hotel de luxo […]

Lídia Senra europarlamentaria: Demandamos unha política agraria pública europea que priorice os mercados internos

Lídia Senra lamenta que a UE non estea disposta a traballar para evitar a volatilidade dos prezos e garantir rendas dignas a labregas e labregos.  A eurodeputada de AGEe pide retirar da Política de Competencia toda norma que supoña dificultar ou impedir a negociación colectiva. Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa […]

Lida Senra leva a Europa a política contra incendios da Xunta

A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lida Senra, denunciou a “nefasta” política de loita contra incendios forestais da Xunta que, segundo avisou, “alimenta a cultura do negocio do lume”. O díxo nunha intervención no Parlamento Europeo de minuto libre onde quixo levar esta problemática a Estrasburgo. “No meu país, Galiza, estes […]

Beiras denuncia a criminalización do movemento veciñal de Vigo e solidarízase co activista Xurxo a quen piden dous anos e medio de cadea

– O portavoz de Alternativa Galega de Esquerda e o grupo parlamentario apoian a loita do barrio de Coia en defensa dos dereitos sociais e unha política ao servizo da cidadanía  A criminalización dos movementos sociais e veciñais contrarios á barbarie neoliberal é unha das estratexias preferidas do poder. Así o considera Xosé Manuel Beiras, […]

Debate economistas AGE o mércores 10 de Decembro

– Mañá mércores 10 de decembro, Alternativa Galega de Esquerda organiza un Debate aberto de Economistas, onde se falará dos Orzamentos da Xunta 2015, débeda, TTIP e como afectan a cidadanía galega. Participarán: – Xosé Manuel Beiras, Manolo Lago, Xaquín Álvarez Corbacho, – Xosé Luis Outes, Albino Prada e Rosa Ma Regueiro. – Lugar: Salon […]

Esquerda Unida contra a prohibición do xeito en  Galicia

ESQUERDA UNIDA, considera que a arte de pesca do xeito é un sistema tradicional nas rías galegas, selectiva, respectuosa coas demais especies e que constitue un sustento imprescindible de máis de mil familias. Nada que ver, polo tanto cos sistemas industriais modernos realmente arrasadores. O feito de que a Comisión europea se propoña a súa […]

Espazo mantén a súa aposta por AGE e comeza o seu labor para ás eleccións municipais

 AGE por fin ten que ser a auténtica Fronte Ampla demandada pola cidadanía crítica galega O Consello Aberto Nacional de Espazo valora moi positivamente  a elección de Lidia Senra como eurodeputada e a consolidación de AGE como terceira forza política, e considera imprescindible que a coalición aborde co urxencia os retos pendentes de renovación, transparencia […]

AGE Vigo presentou no día de hoxe unha enmenda á totalidade dos orzamentos municipais pedindo a súa devolución ao pleno

PARA AGE O ORZAMENTO FALLA NOS PRINCIPIOS DE TRANSPARENCIA E DEFENSA DO PÚBLICO E PIDE UNHA NOVA REDACCIÓN. As forzas que compoñen Alternativa Galega de Esquerda en Vigo presentaron no dia de hoxe enmendas ós orzamentos municipais no Concello de Vigo, solicitando a devolución do proxecto de orzamentos do Concello para o 2014, baseadas en […]

1 4 5 6