Amigos da Terra celebra a iniciativa europea para reducir o plástico dun só uso

O 28 de maio, a Comisión Europea publicou unha proposta de nova Directiva co fin de reducir a contaminación por plásticos nos océanos, a través de medidas concretas a aplicar sobre os produtos de usar e tirar que  son abandonados máis habitualmente. Amigos da Terra aplaude as medidas, aínda que considera que deberían ampliarse a […]

No Día da Terra, 22 de abril, Amigos da Terra solicita máis acción para frear a contaminación por plásticos

No Día da Terra, 22 de abril, Amigos da Terra solicita máis acción para frear a contaminación por plásticos. Con motivo do Día da Terra, 22 de abril, Amigos da Terra pon o foco na problemática ocasionada pola contaminación de plásticos nos ecosistemas mariños e terrestres. A organización ecoloxista reclama medidas á industria e a […]

Amigos da Terra publica un estudo onde se demostra que o uso de envases de plástico para garantir a conservación dos alimentos non reduce o malgasto alimentario

Amigos da Terra publica un novo informe, “Ao Desnudo, os envases de plástico non solucionan o desperdicio alimentario“. Un estudo onde se demostra que o uso de envases de plástico para garantir a conservación dos alimentos non reduce o malgasto alimentario. O informe sinala que tanto os residuos de envases como os alimentarios aumentaron de […]

No Día do Consumidor: Guerrilla á obsolescencia

Activistas da asociación comezan unha campaña por redes sociais a través da cal compartirán fotos, para demostrar que, a pesar das trabas da industria, as persoas consumidoras poden darlle segundas e máis vidas aos seus obxectos.  Alargascencia é o termo acuñado pola organización ecoloxista para denominar todas aquelas actividades que fan fronte á obsolescencia, a […]

Amigos da Terra apoia a Folga Feminista

No Día Internacional da Muller, 8 de marzo, Amigos da Terra, como asociación ecoloxista que loita pola xustiza social e ambiental,  únese á Folga Feminista, a folga de traballo, de consumo e de coidados. Unha das secuelas presentes na nosa sociedade, en todos os ámbitos, é a desigualdade entre homes e mulleres, que perpetúa a […]

Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea

Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea Teresa Coelho  chegada dende Portugal, e que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos once meses. A voluntaria súmase aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaborando no Centro […]

Como transformar a nosa economía: aplicación das solucións nunha escala máis ampla

Vivimos nun mundo que enfronta moitas crises destrutivas entrelazadas, tales como a crecente desigualdade, o cambio climático, a pobreza, a contaminación e as violacións de dereitos humanos. O noso sistema económico errado actual perpetúa e exacerba estas crises. Nos últimos trinta anos, o fundamentalismo neoliberal foi a ideoloxía económica mundial dominante. Ten como fin reducir […]

A deputacion “ficha” á asociación ecoloxista amigos da terra para asesorar sobre compostaxe e controlar 1.600 composteiros indviduais en Vilaboa

A Deputación de Pontevedra vén de ‘fichar’ á asociación ecoloxista Amigos da Terra para o seu ‘Plan Revitaliza’ de compostaxe. O vicepresidente Mosquera anunciou hoxe que a institución provincial vai asinar un convenio co colectivo e co Concello de Vilaboa co fin de dar charlas informativas á veciñanza , solucionar dúbidas , dar soporte técnico, […]

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta ten previsto continuar coas accións de rexeneración de zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que xa iniciaron o pasado domingo con dúas ducias de activistas. O continxente voluntario estará formado por un total aproximado de 30 participantes, procedentes das 4 provincias […]

Lanzan a campaña ‘#SeMerecenUn10’ para loitar contra a obsolescencia programada

Amigos da Terra lanza a petición ‘#SeMerecenUn10’, unha iniciativa cuxo obxectivo é loitar contra a obsolescencia programada a través da redución do IVE aplicado aos servizos de reparación, aos establecementos de segunda man e de alugueiro. Desde a asociación e, a través da campaña, pídese ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que este gravame […]

Unha Mesa de Traballo sobre Incendios Forestais no Consello Forestal de Galicia sen cadeiras

A Sra. Conselleira do Medio Rural diante da pregunta dun xornalista de se lle sorprendían as críticas dixo que: “…Sorprenden mucho las críticas. Supongo que de aquí en adelante habrá quien quiera sacar rédito electoral. Lo que digo es que estoy al lado del colectivo, como siempre. Pero si no dijeron nada hasta el 30 […]

Mentiras e enganos, desviar a atención para non asumir as responsabilidades. Trama incendiaria!!! outra vez volve a conspiración dunha trama que explique a vaga de lumes que sufrimos estes días en Galicia. Moitas declaracións valeiras de obxectividade, de novo hipóteses sinxelas e sen fundamento. Declaracións imprudentes premeditadamente condimentadas con falla de memoria. Revisemos as hemerotecas […]

Amigos da Terra advirte da próxima vaga de lumes en Galicia

Reeditado un ano máis o protocolo de actuación para a rexeneración dos solos queimados a organización ecoloxista anuncia onde, cando, quen e por causa de que se provocarán os incendios do ano que vén e pide ás administracións que actúen en consecuencia. Onde:  O 50% dos incendios prodúcense desde que contamos con estatísticas en apenas […]

Miles de activistas da Federación Internacional de Amigos da Terra celebran o Día de Acción pola xustiza climática e enerxética con accións descentralizadas en todo o mundo. As grandes multinacionais enerxéticas están a provocar graves danos á poboación e a súa contorna con total impunidade; agravan o cambio climático e atentan contra as comunidades. Por […]

Xornada de experiencias de voluntariado europeo

Tes menos de 30 anos? Queres traballar en máis de 20 países de Europa? O 10 de outubro achégate ao Campus de Ourense á xornada sobre Voluntariado Europeo. Amigos da Terra en colaboración ca Vicerreitoría do Campus de Ourense realiza unha xornada sobre o servizo de voluntariado europeo, para informar das súas vantaxes á mocidade […]

Amigos da Terra e Masa Crítica celebran o PARK(ing) Day en Ourense

Coincidindo co inicio da Semana Europea da Mobilidade, a organización ecoloxista Amigos da Terra, e o colectivo cidadán de ciclistas Masa Critica Ourense unímonos esta mañá na reivindicación mundial do PARK(ing) Day, un evento anual aberto á participación da cidadanía, que consiste en converter unha praza de aparcadoiro nun xardín efémero ou temporal, transformando así […]

Amigos da Terra e Masa Crítica celebran en Ourense a Semana da Mobilidade reivindicando a bicicleta

Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, a organización ecoloxista Amigos da Terra e o colectivo cidadán de ciclistas Masa Critica Ourense, únense para promover en Ourense diferentes actividades en defensa dunha cidade máis saudable, verde, e habitábel. Os promotores queren sensibilizar aos responsables políticos e aos cidadáns sobre as consecuencias negativas que ten a […]

Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea

Amigos da Terra acolle a unha nova voluntaria europea Ana Mendes chegada dende Portugal, e que acaba de iniciar o seu voluntariado esta semana e permanecerá en Ourense durante os próximos dez meses. A voluntaria súmase aos distintos proxectos e campañas de información e educación ambiental que se desenvolven nos nosos centros e colaborando no Centro […]

As Arbores demandan un Consello Municipal de Medio Ambiente na cidade de Ourense

Dende os últimas cinco anos estamos vendo como as actuacións do concello de Ourense en canto ao patrimonio arbóreo da cidade poden encadrarse como “arboricido xeneralizado”. Os diferentes grupos políticos que tiveron responsabilidades de goberno, pouco fixeron nestes últimos cinco anos na cidade de Ourense en relación a conservación do noso patrimonio natural. Moitos exemplares de […]

Amigos da Terra denuncia a falta de conservación do patrimonio arbóreo da cidade de Ourense

As árbores son símbolo de vida en tódalas culturas da humanidade. As cidades, as aldeas, a sociedade no seu conxunto comeza a morrer cando morren as súas árbores. A desaparición inxustificada das árbores nas rúas, tanto na urbe como ao longo das estradas mostran, falla de sensibilidade, de incultura e deshumaniza as nosas vilas e cidades. […]

Amigos da Terra alégrase de que, por fin, máis dunha década despois da súa declaración, a Xunta descubra que as Cíes son parte dun Parque Nacional e actúe en consecuencia

Amigos da Terra solo ve unha novidade con respecto aos últimos anos no sucedido estes días co colapso de visitantes a Cíes: a actuación da Xunta para impedilo. Mellor tarde que nunca a administración actúa, pero non esquecemos que a esta situación chégase tras anos de excesiva permisividade e tolerancia en primeira instancia con as […]

Amigos da Terra expón 13 propostas de mobilidade para unha cidade sustentable

Nos 15 anos de propostas que leva facendo Amigos da Terra, unha tras outra, todas as corporacións que pasaron polo Concello de Ourense, teñen feito pouco ou nada pola mobilidade sustentable, a integración da bicicleta e a mellora da calidade de vida a través das políticas modernas de mobilidade. Unha vez máis fan chegar unha […]

Cinco organizacións abandonan o Consello Forestal pola imposibilidade de participar no plan de loita contra os lumes

Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonaron o Consello Forestal Galego, deste 26 de xuño, para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta e que hoxe debía […]

1.000 establecementos xa forman parte de Alargascencia

O directorio contra a obsolescencia de Amigos da Terra, Alargascencia, xa conta cunha rede de 1.000 comercios locais. Celebramos o éxito do directorio, que contou coa participación cidadá e dos propios comercios para convertelo nun referente dentro do sector da reutilización en España. Hai poucos días, Alargascencia chegaba á cifra dos 1.000 establecementos. O directorio, […]