Esquerda Unida presenta en Compostela unha campaña para frear a ameaza do aumento das casas de apostas

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, xunto a Loreto Taibo, responsable de Política Municipal de Esquerda Unida e Miguel Cimas, membro da dirección da Xuventude Comunista, presentaron esta mañá en rolda de prensa unha campaña para frear, con medidas concretas, a ameaza que supón o grave aumento das […]

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia siga impasible ante os colapsos nas urxencias do CHUS e esixe se atendan as demandas das e dos profesionais

A coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, vén de denunciar que “a Consellería de Sanidade non fai absolutamente nada para intentar rematar cos colapsos das Urxencias do CHUS” que tiveron lugar en plenas festas. “A plantilla leva xa dous meses de folga despois de denunciar de maneira reiterada as carencias de persoal do servizo. […]

Esquerda Unida non recoñoce o consello das mareas por ser o resultado dun proceso viciado e irregular

A ausencia de garantías xurídicas e democráticas xunto coa ausencia de documentación das supostas auditorías que sustentaron as graves acusacións a compañeiras e compañeiros e incluso o cese destas do Comité Electoral, son feitos que motivaron a non participación desta organización no proceso de votacións que tivo lugar a pasada fin de semana. “Dende Esquera […]

Esquerda Unida ante as graves acusacións recollidas nos medios sobre en En Marea

Respecto ás diferentes informacións que están saíndo en prensa e que apelan ao desenvolvemento do proceso de votación para as eleccións internas de En Marea, e concretamente no que atinxe ás funcións do Comité electoral de En Marea, dende Esquerda Unida, queremos aclarar as seguintes cuestións: 1. As informacións que sinalan a unha serie de […]

Esquerda Unida insta de novo ao Concello de Lugo e a Xunta de Galicia a presentarse como acusación popular no ‘Caso Carioca’

Ante as novas sobre o ‘Caso Carioca’ de que todos os policías involucrados na causa quedan exonerados de responsabilidade penal por “delito algún relacionado coa prostitución, o de calquera outro ilícito penal”, Esquerda Unida reitera de novo que o sistema xudicial patriarcal e machista segue sen protexer ás mulleres (algunhas menores) vítimas de trata e en situación […]

Esquerda Unida agarda que se poñan en marcha á maior brevidade os mecanismos que garantan o proceso electoral de En Marea

Respecto aos acontecementos que impediron o desenvolvemento do proceso de votación para as eleccións internas de En Marea, que ían celebrarse esta fin de semana, actualmente en situación de suspensión indefinida. Dende Esquerda Unida levamos tempo traballando xunto con outros actores e colectivos na procura dunha En Marea como espazo plural e diverso quen de […]

Esquerda Unida reúnese coa Comisión Europa e denuncia a desidia da Xunta ante a contaminación por lindano no Porriño

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de En Marea, Pedro Ocampo, concelleiro de EU Son Porriño, xunto a europedutado Javier Couso, estiveron reunidos esta mañá con Humberto Delgado Rosa, representante da Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea, en Bruxelas, coa fin de trasladar a problemática da contaminación por lindano. “Hoxe trasladamos a […]

Esquerda Unida celebra a decisión do Parlamento Europeo de ilegalizar á Fundación Franco e segue moi pendente da denuncia á Fiscalía por presunto delito de odio

Dende Esquerda Unida celebramos a decisión do Parlamento Europeo, que vén de aprobar unha resolución sobre a violencia fascista en Europa, na que condena expresamente ao réxime franquista, e que suporía á ilegalización da Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) por exaltar á ditadura franquista e ao seu ditador, entre outras accións. Doutra banda, dende Esquerda […]

Esquerda Unida tacha de “mércores negro” o día de hoxe para os sectores industriais de Galicia que levan anos a manter a comarcas enteiras

Esquerda Unida tacha este mércores 17 de outubro de “mércores negro” co anuncio de peche das plantas de Alcoa en A Coruña (e Avilés) e polo inicio de folga do sector de elaborados do mar, marcado pola precariedade laboral. “Este é un mércores negro para unha Galicia que ve desaparecer o sector industrial, debido a […]

Esquerda Unida considera que o discurso triunfalista de Feijóo dista moito da realidade que vive Galicia

A intervención de Alberto Núñez Feijóo no Debate sobre o Estado da Nación que esta mañá tivo lugar no Parlamento galego deixa ver un Partido Popular absolutamente illado da realidade galega e que deixa fóra do debate os problemas serios das galegas e galegos que na súa maioría viven con salarios de miseria que non […]

Esquerda Unida reitera a súa defensa dun aborto libre, sen dor e gratuíto na sanidade pública

A área da Muller de Esquerda Unida reitera, neste 28 de setembro, Día pola Despenalización e Legalización de Aborto, a defensa dun aborto libre, sen dor, coa atención axeitada e gratuíto na sanidade pública galega e lembra que no noso país aínda temos moitas deficiencias neste aspecto, o que deixa ver a constante violencia contra […]

Esquerda Unida denuncia irregularidades e opacidade na adquisición de fármacos por parte do SERGAS

Segundo desprende o último Informe do Consello de Contas, o gasto farmacéutico da Xunta vai aumentando de maneira paulatina nestes anos (do 30% en 2014 ao 36% en 2016), con opacidade e incumprimento os procedementos establecidos na Lei de Contratos Públicos. Dende Esquerda Unida mostrámonos moi preocupadas ante o incremento do consumo de fármacos neste […]

Eva Solla participa mañá xoves 27 na presentación do libro de Joan Coscubiela, en Vigo

Mañá xoves 27 de setembro, a partir das 20 horas na Casa do Libro de Vigo, o ex deputado do Parlament de Catalunya, Joan Coscubiela, presentará o seu libro, que leva por título: “Empantanados. Una alternativa federal al sóviet carlista”. Nesta presentación tamén intervirá a coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, Eva […]

A coordinadora nacional de Esquerda Unida aproba unanimemente a resolución na que se reitera a necesidade de erradicar a explotación sexual e a trata de persoas das nosas vidas

Esquerda Unida reuniu esta mañá en Compostela a súa coordinadora nacional, máximo órgano de dirección entre asembleas, co fin de deixar pautadas as liñas básicas de traballo e ruta a seguir de cara aos procesos políticos de 2019. En relación ao Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Persoas, este 23 de setembro, Esquerda […]

Esquerda Unida denuncia que o comezo do curso en Galicia segue a senda dos recortes en docentes e o deterioro na calidade do ensino público

Este inicio de curso escolar arranca dando continuidade a un grave problema de fondo, a non eliminación completa da contrarreforma da LOMCE e a non aplicación dunha lei alternativa elaborada xunto a comunidade educativa, tal e como prometera Pedro Sánchez cando era oposición. É por iso que agora continuamos na senda dos recortes e da […]

Esquerda Unida apoia a mobilización convocada para este  sábado 8 de setembro “Pola dignidade dos medios públicos”

Esquerda Unida súmase e chama a participar na manifestación que reivindica a dignidade dos medios públicos de comunicación de Galicia, que terá lugar o vindeiro sábado 8 de setembro en Compostela, e está convocada polo Comité Intercentros da CRTVG e o Comité de empresa da RTVE en Galicia, apoiada polo Colexio Profesional de Xornalistas de […]

Eva Solla: “O aumento dun 60% das execucións hipotecarias con respecto ao 2017 é un síntoma de que a recuperación económica non é tal”

Esta mañá vimos de coñecer da man do Instituto Nacional de Estatística (INE) un alarmante aumento do 60% nas execucións hipotecarias en Galicia no segundo trimestre do ano, “o que vén afirmar que o empeoramento das condicións laborais en canto a salarios e temporalidade, e o desemprego, non permiten afrontar o pagamento das hipotecas das […]

Eva Solla: “As cifras de desemprego que amosa agosto esixen a necesidade de reflexionar sobre o nefasto modelo produtivo imposto polo PP”

Segundo os datos dados a coñecer esta mañá polo Ministerio de Emprego, o paro sobe en Galicia en máis de mil persoas no mes de agosto ata situarse no total de 164.424 persoas desempregadas na nosa comunidade. Segundo analiza Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida, “as cifras de paro que amosa agosto, cando a temporada estival […]

30 de agosto día internacional das vítimas de desaparicións forzadas

Esquerda Unida súmase, neste 30 de agosto de 2018, ao Día Internacional das vítimas de desaparicións forzadas, data de necesaria reivindicación e lembranza activa dos milleiros de persoas e familias vítimas dunha situación de extrema gravidade como é a desaparición forzada de persoas que, lamentablemente en moitos casos, conta co beneplácito dos gobernos de turno. […]

Esquerda unida manifesta a súa condena ante o asasinato machista que tivo lugar na Cabana de Bergantiños

Dende Esquerda Unida, manifestan a sua repulsa e condena ao asasinato machista que tivo lugar en Cabana de Bergantiños. “A lacra do machismo precisa de medidas reais que poñan solución a unha situación que a diario está a ser denunciada por mulleres que a sofren. Non é posible soportar un asasinato máis. Son 3 os […]

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia segue a suspender na planificación e prevención de lumes

Esquerda Unida demanda un ano máis a implicación da Xunta de Galicia en labores precisas e efectivas de extinción de lumes, así como a prevención dos mesmos, tendo moi presente a vaga de lumes do pasado ano. Se ben o Goberno galego aprobou fai tres meses o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios […]

Esquerda Unida critica á xustiza patriarcal que vén de condenar a Juana Rivas a cinco anos de prisión por non entregar aos seus fillos a un pai maltratador

A área de Muller de Esquerda Unida volve amosar o seu apoio a Juana Rivas ante unha xustiza patriarcal que acaba de condenala a cinco anos de prisión e seis de inhabilitación para exercer a patria potestade por intentar protexer aos fillos, menores, dun pai maltratador; co que agora semella que terán que vivir seis […]

Esquerda Unida celebra o 25 de Xullo en Mugardos un acto que aposta pola defensa do municipalismo para construír República

Esquerda Unida celebra hoxe en Mugardos o Día de Galicia, 25 de Xullo, un acto político e lúdico que leva por título: “Defender o municipalismo rebelde para construír República”, que conta coa participación da alcaldesa de Mugardos, Pilar Díaz, o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, a […]

A Fiscalía de Santiago de Compostela observa indicios de delito e remite á súa homóloga en Madrid, por considerar que é competente, a denuncia interposta por Esquerda Unida á Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) en data 9 de outubro de 2017 por presunto delito de odio ao negar crimes de lesa humanidade. EU ampliou esta […]