🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O grupo municipal GañaMos non queren ser cómplices da precariedade laboral

Desde Gañamos entenden que non é doado ver as penosas condicións laborais penosas que sufren moitas veciñas e veciños de Mos para unha persoa que cobra 70.000€ anuais do erario público e que reside en Vigo. Pero existen, sra. Arévalo, existen e somos complices dela nos propios planes de formación municipais, onde parece que interesa […]

Os expedientes de Urbanismo siguen en Mos un escrupuloso protocolo de actuación marcado pola normativa vixente

O departamento municipal de Urbanismo do Concello de Mos é un dos que conta cunha actividade máis vertixinosa, recibindo máis de 12.000 Rexistros de Entrada anuais e atendendo a unhas 50 persoas ó día. Grazas ao seu traballo Mos conta co Plan Xeral aprobado definitivamente. O número total de expedientes de Urbanismo e Medio Ambiente […]

Visita da Senadora Vanesa Angustias de En Marea a Mos

A visita da Senadora Vanesa Angustias de En Marea a Mos convidada polo grupo municipal GañaMos, visitou o municipio para recabar as necesidades urxentes da vila para que están sexan incluidas nos orzamentos estáis deste ano. Unha das emendas presentadas por GañaMos foi a adecuación do perigoso cruce da saida da AP-9 en Puxeiros e […]

GañaMos ridiculízase reclamando medidas de seguridade nun cruce situado en terreo de Vigo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, pon de manifesto unha vez máis o descoñecemento dos membros de GañaMos que quedan en evidencia cada vez que fan declaracións públicas. Esta vez reclaman a través dos medios de comunicación medidas de seguridade no cruce da A-55 dende Puxeiros. Piden dende GañaMos “que o goberno local pida unha […]

GañaMos reclama medidas de seguridade no cruzamento á A-55 desde Puxeiros

GañaMos Asemblea Veciñal denuncia que numerosos veciños do municipio e outros usuarios corren un risco importante cada vez que atravesan o cruzamento de Puxeiros cara á autovía A-55 e a saída da AP-9. Este grupo da oposición de Mos reclama ao goberno local que pida unha cita co responsable provincial de Fomento para poder explicarlle en […]

A Economía ecolóxica e sostible

A Asociación Territorio Cultural A Louriña no Pazo de Mos realizara unha charla sobre “A Economía ecolóxica e sostible” o mércores 22 ás 20h. A charla correrá a cargo de Xavier Simón do GI Economía ecolóxica e agro economía da Universidade de Vigo. GañaMOS aproveitara o convite para explicar a sua moción presentada para o […]

GañaMos aposta por unha creación dun Mercado de horta en Mos

Tratase de impulsar a creación dun mercados veciñal de horta onde a propia veciñanza pon a venta os seus excedentes de verduras e froitas de temporada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar. Esta economía de proximidade ademais de fortalecer as relacións entre as veciñas e veciños tamén favorece unha […]

Concentración na escultura feminista do Parque de Santiaguiño – Guizán

Mañá mércores 8 de marzo para celebrar o día internacional da muller traballadora a Asociación Mulleres X Mos convoca unha concentración e lectura de manifesto no Parque de Santiaguiño en Guizán ás 16:00h.

En Marea insta á Xunta de Galicia a realizar un estudo económico e técnico do estado do antigo Hospital psiquiátrico de Rebullón

En Marea insta á Xunta de Galicia a realizar un estudo económico e técnico do estado do antigo Hospital psiquiátrico de Rebullón para poder dedicalo a cubrir as necesidades socioeconómicas da comarca. A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, e a deputada Paula Quinteiro, acompañadas por concelleiros do  grupo municipal GañaMos  […]

Contestación de GañaMos a Sra. Arévalo en referencia ao aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón

Desde GañaMOS non alcanzan a entender por qué a sra. Arévalo se revolve contra a proposta grupo mosense do aproveitamento das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón coa finalidade de cubrir as carencias en atención sociosanitaria de Mos, cando ela mesma e o seu grupo apoiaron na sesión plenaria de xuño 2016 a sua iniciativa, […]

Piden a cesión de uso parcial das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón

O grupo parlamentar de En Marea, a instancias do grupo municipal GañaMos, ven de presentar unha proposición non de lei no parlamento galego para a realización dun convenio de cesión de uso parcial das instalacións do antigo hospital psiquiátrico do Rebullón coa finalidade de atender as necesidades sociosanitarias do Concello de Mos. Esta iniciativa comenzou […]

Rexístrase o grupo político metropolitano “MAREA METROPOLITANA”

O Grupo acordou un funcionamento interno onde a portavocía será repartida entre, no primeiro tramo da lexislatura, Rubén Pérez Correa, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, e no segundo tramo, Francisco Vázquez Troitiño, concelleiro de Gañamos Alternativa Veciñal, pero, coa excepción de que as intervencións nos plenos da Área se decidirán baixo un […]

Continúa o despilfarro da Sra. Arévalo

A Alcaldesa de Mos ven de convocar un Pleno extraordinario para o día 2 de decembro, 4 días despois de celebración do anterior e cun novo Pleno ordinario por diante para decembro. Todo pola urxencia que ten por aprobar as modificación técnicas do PXOM que fixo o equipo redactor por esixencia da Xunta de Galicia. […]

Gañamos denuncia un sobrecusto do 300% no contrato para indicar as igrexas

Gañamos, primeiro partido da oposición en Mos, asegura que a adxudicación do contrato para sinalizar o patrimonio relixioso do municipio realizada polo Concello por un importe de 49.700 euros (IVE e man de obra incluídos) “ten claramente un altísimo e inxustificado sobrecusto do 300%”.A formación afirma solicitar orzamentos “de empresas fabricantes do sector pola subministración […]

GañaMOS propone al gobierno municipal una moción dunha creación dun mercado veciñal de flores, verduras e máis froita de tempada

Esta moción que presentase o grupo municipal GañaMOS baséanse en experiencias previas coma a dos mercados veciñais de verduras e froitas de outras vilas onde a veciñanza pon a venta os seus excedentes de froita ou verdura de tempada podendo así conseguir uns ingresos extras e mellorar a súa economía familiar. Esta economía de proximidade ademáis de fortalecer […]

GañaMos solicita que o Concello de Mos inste ao Ministerio de Fomento facer as pertinentes modificacións no trazado

O grupo municipal Gañamos solicita ao pleno que aprobe unha moción para que o Concello de Mos inste ao Ministerio de Fomento a realizar as pertinentes modificacións no trazado do cruce que conforman a antiga estrada Vigo-Madrid coa saida da autoestrada AP-9 no alto de Puxeiros. Desde Gañamos manifestan que seria máis que superfluo argumentar esta solicitude xa que calquer conductor […]

GañaMos tilda de “lamentable manipulación” as declaracións da Alcaldesa sobre a Transparencia

Tras a resposta pública da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, ao comunicado arroxado polo grupo municipal GañaMos sobre a transparencia no Concello de Mos e a moción que levaban a pleno, os membros da agrupación mosense responden con contundencia. A rexedora asegura que GañaMos non presentou o a actualización da Declaración de Bens de algún […]

GañaMos pide que o Concello de Mos se adhira ao Espazo de Transparencia Local habilitado pola Xunta

O grupo municipal GañaMos Asemblea Veciñal presenta para o seu debate no pleno de mañá luns 31 de maio, unha moción solicitando ao Goberno Municipal que inicie as accións oportunas para realizar a subscrición na Guía de Espazo de Transparencia do Eidolocal, “alarmados” polas dificultades que teñen os seus concelleiros para acceder á información municipal […]

A Alcaldesa de Mos confunde as suas funcions

O dia 2 de maio a Alcaldesa Nidia Arévalo negouse a realizar a reunión prevista coa Directiva da Asociación de Veciños de Petelos se estaban presentes a Presidenta, Aurora Giráldez e o voceiro Fco. Vázquez Troitiño, alegando que o Grupo GañaMOS, ao que pertencen estes dous concelleiros, relata que nas redes sociais de GañaMOS fan referencias […]