Anos despois, nunha sentenza histórica e contundente, o TSXG considera probada a vulneración dos dereitos fundamentais como parlamentario do deputado Antón Sánchez recollidos no artigo 23 da Constitución por obstrución e denegación de información, e condena á Xunta de Galicia a entregar o informe-proposta de Marta Fernández Currás, Conselleira de Facenda por aquel entón, sobre a […]
O candidato á presidencia da Xunta, Antón Gómez Reino, trasladou hoxe á saída do Pazo do Hórreo o malestar de Galicia en Común-Anova Mareas pola decisión da Deputación Permanente de que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, non compareza no máximo órgano de representación do pobo galego tras o “escándalo” da filtración do vídeo de […]
Galicia en Común- Anova Mareas reclamou hoxe no Parlamento de Galicia a posta en marcha inmediata de axudas directas da Xunta de Galicia ás traballadoras autónomas galegas que tiveron que pechar os seus negocios e paralizar a súa actividade como consecuencia da emerxencia sanitaria. Nunha pregunta ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, […]
Galicia en Común-Anova Mareas sinalou este xoves no Parlamento galego que as políticas de Feijóo «saen estrepitosamente derrotadas da crise do coronavirus». O voceiro da formación na Cámara, Antón Sánchez, na comparecencia do presidente da Xunta ante a Deputación Permanente, reinvidicou hoxe o papel do sector público e das traballadoras e traballadores no combate fronte á […]
O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, mostrou hoxe a súa indignación ante a actitude “irresponsable” do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen reclamou o final do estado de alarma en Galicia a pesar de que as cifras de evolución da epidemia de Covid-19 demostran que a emerxencia sanitaria non está […]
O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, chamou hoxe á sociedade galega a construír “un futuro mellor” e a empregar todas as ferramentas do Estado e do Goberno autonómico para “fortalecer o público como protección igualitaria para todas”. Con motivo da celebración do Primeiro de Maio, conmemorado por primeira vez na historia […]
Galicia en Común-Anova Mareas denunciou onte a pobre bagaxe que presenta a Xunta para protexer a xente e garantir unha saída xusta da crise tras 45 días de Estado de Alarma pola epidemia da Covid-19. Así o manifestou o voceiro da formación no Parlamento, Antón Sánchez, durante a comparecencia do conselleiro de Facenda na Deputación […]
O deputado Antón Sánchez proporá hoxe na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia un Plan de Xestión Pública das Residencias e centros de atención á dependencia, para que con urxencia a maior parte das residencias de Galicia privatizadas polos Gobernos de Feijóo pasen de novo á xestión pública. Sánchez será o encargado de trasladar as […]
Esta semana deuse a coñecer a sentenza do Tribunal Supremo do pasado 13 de xaneiro que confirma a emitida polo TSXG, condenando a CRTVG a unha indemnización de 15.625,50 euros por vulnerar o dereito á folga o pasado 8 de marzo. O Supremo confirma que a substitución da presentadora do Galicia Noticias, que se adheriu á convocatoria […]
Tras a detención de Emilio Lozoya, exdirector xeral da petroleira mexicana PEMEX, o pasado mércores en Málaga, onte os medios de comunicación deron a coñecer que entre os casos polos que a Fiscalía mexicana está a investigar a Lozoya se atopa a compra do estaleiro vigués de Barreras, avalada pola Xunta. O Grupo Común da […]
Nos últimos días coñeceuse a nova de que a exconselleira de medio ambiente do Partido Popular Beatriz Mato será a directora de Desenvolvemento Corporativo de Greenalia, unha das empresas responsables da eucaliptización de Galicia, cargo ao que accede tan só dous meses despois de anunciar a súa retirada da política. O Grupo Común da Esquerda estudará […]
O Grupo Común da Esquerda sinalou este luns que a decisión do presidente da Xunta de adiantar as eleccións galegas ao 5 de abril se debe á presión exercida nas rúas, que o obrigou a rectificar as súas políticas en varias ocasións nas últimas semanas. “A reapertura do paridoiro de Verín foi a primeira rectificación […]
Esta mañá Luca Chao e Paula Quinteiro analizaron en rolda de prensa no Parlamento de Galicia a nova Lei de impulso demográfico que está actualmente en trámite parlamentario, e para a que o Grupo Común da Esquerda presentou unha emenda de devolución. “Os problemas demográficos de Galicia non son a causa doutros problemas, non son […]
Os votos en contra do Partido Popular impediron este venres a aprobación dunha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para facilitar o acceso ao aluguer, negándose unha vez máis a definir o concepto de vivenda baleira. A deputada Julia Torregrosa reclamou esta medida a través dunha Proposición Non de Lei na Comisión de Economía do […]
O Grupo Común da Esquerda rexistrou onte unha iniciativa no Parlamento de Galicia na que se esixe á Xunta que demande ao Goberno do Estado a transferencia das competencias para a xestión dos títulos de ocupación e uso do dominio público marítimo-terrestre, especialmente o outorgamento de autorizacións e concesións. A iniciativa recolle as preocupacións do […]
Esta mañá foi aprobada por unanimidade no Pleno do Parlamento unha iniciativa presentada polo Grupo Común da Esquerda encamiñada a protexer a arte pesqueira do xeito, que se atopa na actualidade nunha preocupante situación na que periga a súa supervivencia. A proposta foi presentada durante a sesión plenaria de onte pola tarde por Xan Xove, […]
O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, criticou este mércores que “o único proxecto de Feijóo para o rural é o espolio” e que o seu periodo de goberno foi unha “década negra”. Na sesión de control no Pleno do Parlamento, Sánchez sinalou que é “unha vergoña que sigan dicindo que é a […]
O Partido Popular votou, no seu momento, en contra da Proposición de Lei presentada na Cámara galega polo Grupo Común da Esquerda sobre a regulación do xogo e as apostas, argumentando que xa estaban a preparar un Proxecto de Lei desde a Xunta. Porén, non hai aínda novas sobre este Proxecto a pesar da proximidade […]
Esta tarde, o Grupo Común da Esquerda presentou no Parlamento unha iniciativa en defensa do mapa de titulacións do Campus de Ourense, encamiñada a denunciar o trato discriminatorio cara este Campus na planificación universitaria, nomeadamente tras o acordo para a creación de 16 novas titulacións repartidas entre varios campus galegos no quinquenio 2017-2021, pero ningunha no […]
A voceira do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, sinalou este martes que, á vista de como se coloca o PP na oposición durante a comparecencia no Parlamento do vicepresidente Alfonso Rueda, parece que “teñen claro que ese vai ser o seu futuro”. Ademais, Chao reprochou que “o único proxecto que teñen para Galicia” é […]
O Grupo Común da Esquerda presentou no debate parlamentario da nova Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, desenvolvido ao longo desta mañá, unha emenda de devolución. Defendeuna Antón Sánchez, argumentando que as motivacións para a reforma lexislativa defendidas polo PP “son falsas”. “Esta Lei é unha traizón por parte do Goberno, un monumento á […]
Luca Chao afirmou na rolda de prensa desta mañá no Parlamento que ao Grupo Común da Esquerda “lle avergoñaba” o informe do Tribunal de Contas que se fixo público a pasada semana, xa que desvelaba que Adif paralizara as obras do AVE galego en 2016 e 2017 de xeito irregular e mesmo, nalgúns casos, contrario […]
O Grupo Común da Esquerda presentou este venres o documento ‘Dez chaves para unha Lei Galega de Educación’. O texto foi proposto como base para un debate que desemboque nunha lei educativa autonómica, como a que xa existe noutras comunidades do Estado. A voceira do Grupo, Luca Chao, defendeu xunto coa deputada Ánxeles Cuña a necesidade de […]
Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada do Grupo Común da Esquerda, vén de facer fincapé na Comisión de Emprego e Sanidade na “actitude neglixente por parte do Goberno galego respecto ao control e fiscalización das axudas públicas do Igape”. “Dita actitude se ve moi clara no exemplo da empresa Emesa, que recibiu […]