O Grupo Común da Esquerda reclama á Xunta un compromiso claro co benestar animal

O Grupo Común da Esquerda reclamou este luns á Xunta un compromiso claro co benestar animal e anunciou a presentación dunha batería de iniciativas para que a Lei de Benestar Animal, que ten moitísimas carencias e colleitou no seu día a reprobación da totalidade dos colectivos animalistas, non quede  noutro exercicio de publicidade e propaganda do […]

Eva Solla: “A ONCE ten que recuperar a función social e deixar de funcionar como un negocio”

Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada do Grupo Común da Esquerda, xunto con Loreto Taibo, membro da dirección nacional de Esquerda Unida, estiveron esta mañá na concentración convocada polo sindicato CC.OO. para denunciar a represión sindical e reivindicar a estabilidade laboral dos vendedores e vendedoras do cupón da ONCE. En declaracións a […]

O Grupo Común da Esquerda celebra a reapertura do paridoiro de Verín tras dous meses de protestas

Tras numerosas protestas da veciñanza de Verín, do persoal do seu Hospital ou do movemento feminista, hoxe deuse a coñecer que Feijóo finalmente rectifica e reabrirá o paridoiro de Verín a comezos de febreiro. Hai apenas unhas horas, a Xunta informou de que formalizará ao longo da vindeira semana a contratación de dous pediatras. “Hoxe […]

Apróbase por unanimidade a iniciativa do Grupo Común da Esquerda para desbloquear a construción do dique de abrigo no Porto de Meloxo

Es tarde foi aprobada por unanimidade na Comisión 8ª do Parlamento de Galicia, de Pesca e Marisqueo, unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para o desbloqueo da construción do dique de abrigo do Porto de Meloxo, no concello do Grove. O deputado Xan Xove, quen defendeu a iniciativa, salientou a necesidade de construír ese […]

Antón Sánchez: “Feijóo quere deixar atadas e ben atadas as reformas que lle piden os lobbies empresariais antes de ser desaloxado da Xunta”

O Grupo Común da Esquerda criticou hoxe, en rolda de prensa do voceiro Antón Sánchez, o proxecto de Lei de Ordenación do Territorio de Galicia presentado recentemente polo Goberno galego. O Grupo presentará o vindeiro luns unha emenda de devolución a esta Lei por entender que afonda nos problemas que xa resultaban preocupantes do actual […]

O PP rexeita unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para actuar contra a presenza do amianto en Galicia

Os votos en contra do Partido Popular impediron sacar adiante este xoves unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para actuar contra a presenza do amianto en Galicia. A proposta, defendida pola deputada Eva Solla na Comisión de Sanidade, implicaba a elaboración dun mapa sobre a presenza deste elemento, a planificación para a súa retirada dos […]

O PP rexeita buscar unha solución definitiva para o saneamento das augas residuais de Ponteareas

Os votos en contra do Partido Popular impediron sacar adiante este mércores unha iniciativa do Grupo Común da Esquerda para buscar unha solución definitiva para o saneamento das augas residuais de Ponteareas. O deputado Marcos Cal, que defendeu a proposta na Comisión do Medio Ambiente sinalou que o goberno da Xunta de Galicia, “ten dúas […]

O Grupo Común da Esquerda esixe á Xunta que solvente a saturación das Urxencias

O Grupo Común da Esquerda denuncia que a falta de previsión da Consellería de Sanidade estea a levar os galegos e galegas, un ano máis, a sufrir saturacións nos servizos de Urxencias. “A previsión que se tiña que ter feito en relación ás necesidades de persoal para cubrir o incremento das enfermidades respiratorias que acontece […]

Luca Chao: “o tempo de Feijóo está esgotado, Galicia terá o cambio progresista que merece”

Tras a xura de cargo, esta mañá, dos novos ministros e ministras, que culmina o proceso de conformación do Goberno de coalición no Estado, Luca Chao avaliou en rolda de prensa a “ventá de oportunidade” que o novo Goberno progresista supón para “marcar un novo tempo tamén en Galicia, na que que ten que ser […]

O Grupo Común da Esquerda esixe á Xunta que cubra a praza de médico en Valeixe

O Grupo Común da Esquerda apoia a manifestación que a veciñanza de Valeixe, na Cañiza, levará a cabo mañá ante a decisión por parte do SERGAS de non cubrir por agora a praza do persoal que se ten xubilado, o cal supuxo que o Centro de Saúde leve dous meses sen médico. “É unha situación […]

O Grupo Común da Esquerda demanda a activación da Comisión das Caixas de Aforro galegas con novas comparecencias

O Grupo Común da Esquerda vén de trasladar á Mesa da Comisión de Investigación das Caixas de Aforro galegas un escrito solicitando que se active dita comisión, se solicite información adicional, se reitere a petición de información que ABANCA e o FROB se negaron a entregar e se abra un novo período de comparecencias para […]

Ánxeles Cuña e Antón Sánchez advirten en Verín sobre a ameaza que supón o peche do paridoiro para o conxunto de hospitais comarcais de Galicia

Ánxeles Cuña e Antón Sánchez acompañaron esta mañá a veciñanza de Verín e o persoal do seu Hospital na concentración que a Plataforma Verín Non se Pecha convocara ás portas do mesmo. A deputada do Grupo Común da Esquerda lembrou a ameaza que o peche do paridoiro de Verín supón para o conxunto de hospitais […]

Luca Chao: “o histórico acordo de Goberno no Estado indica o rumbo para despedir tamén a Feijóo da Xunta”

O Grupo Común da Esquerda celebra que o éxito da sesión de investidura desta mañá no Congreso dos Deputados teña confirmado a existencia dun Goberno de coalición progresista no Estado español, un acordo histórico cun partido á esquerda do Partido Socialista. “Este acordo foi o que pediu a cidadanía nas urnas, unha demanda democrática. Non obstante, […]

Marcos Cal: “O principal responsable do agravio que sofre Galicia coa AP9 é o PP”

O deputado do Grupo Común da Esquerda, Marcos Cal, acusou este venres ao Partido Popular de ser “o principal responsable do agravio que sofre Galicia coa AP9”. Na comparecencia do director da Axencia Galega de Infraestruturas na Comisión 2ª do Parlamento sobre a autoestrada, Cal criticou que esta intervención foi “unha burla á cidadanía e […]

Luca Chao: “A primeira obriga de Feijóo para o 2020 é entender que cos dereitos das mulleres non se negocia”

O Grupo Común da Esquerda fixo balance este luns do ano 2019 centrándose especialmente nas políticas de igualdade. A voceira Luca Chao, nun almorzo informativo xunto á deputada Paula Quinteiro, sinalou que “a primeira obriga de Feijóo para o 2020 é entender que cos dereitos das mulleres non se negocia nin se xoga, que nisto […]

O Grupo Común da Esquerda lamenta a falta de ambición do ditame da Comisión de Igualdade

O Grupo Común da Esquerda abstívose este venres na votación do ditame da Comisión de Igualdade e lamentou a falta de ambición que supón no avance na loita contra as violencias machistas. A deputada Paula Quinteiro afirmou que  “concordamos coas recomendacións que se expoñen neste ditame, pero son insuficientes e non se traducen en actuacións […]

O Grupo Común da Esquerda insta a “moderar o optimismo” sobre a negociación das cotas de pesca na UE

Ante as novas coñecidas esta mañá ao respecto da negociación das cotas de pesca na UE, o Grupo Común da Esquerda salienta a necesidade de moderar o optimismo co que son recibidas tanto por parte Xunta como por parte do Ministerio. Os datos coñecidos na mellora das cotas do xurel na zona IV, ou da […]

Antón Sánchez: “Os recortes de Feijóo fan que en zonas como Verín a xente non poida ter proxectos de futuro”

O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez sinalou este xoves que no vindeiro Pleno do Parlamento “centrámonos no recorte de servizos públicos que practica sistematicamente o goberno do PP. A pregunta ao presidente será sobre esa decisión do peche do paridoiro de Verín dende todas as ópticas, o ataque aos dereitos das mulleres […]

O Grupo Común da Esquerda traslada o seu apoio ao profesorado de cara á xornada de folga de mañá

O Grupo Común da Esquerda traslada ao profesorado de ensino primario e secundario o seu pleno apoio de cara á xornada unitaria de folga que terá lugar mañá. “Pídese algo tan básico como a recuperación do horario lectivo que tiñan antes da aplicación dos recortes coa escusa da crise económica; isto é, volver ás 18 […]

Antón Sánchez: “Feijóo minte e manipula para non asumir as súas responsabilidades”

O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, afirmou este martes que “Feijóo minte e manipula a realidade para botar balóns fóra e non asumir as súas responsabilidades”, e pedirá explicacións no vindeiro Pleno tras a labazada xurídica propinada polo TSXG á Xunta co auto que desestima o recurso do Executivo autonómico contra a […]

Luca Chao: “é inadmisible que a Xunta estea ausente sen dar explicacións sobre Barreras”

Luca Chao e Paula Quinteiro reuníronse esta mañá co Comité de Empresa de Barreras, ao que trasladaron o apoio do Grupo Común da Esquerda ante as varias semanas de incerteza e preocupación sobre o futuro do estaleiro. Á xuntanza, na sede da UXT en Vigo, asistiron representantes dos tres sindicatos (CIG, CCOO e UXT), que […]

Antón Sánchez esixe á Xunta que ofreza unha alternativa habitacional á familia que vai ser desafiuzada en Vigo

Antón Sánchez preguntou esta tarde no Parlamento á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que solución ía ofrecer a Xunta de Galicia á familia de Vigo -un pai, unha nai e dúas fillas de sete e trece anos- que vai ser desafiuzada. “Ofrecer vivendas públicas en Vila de Cruces ou na Cañiza, a 132 […]

O Grupo Común da Esquerda propón uns Orzamentos expansivos para combater a desigualdade e a precariedade

O Grupo Común da Esquerda presentou esta mañá no debate orzamentario unha emenda á totalidade aos Orzamentos da Xunta para 2020, de cara a formular un presuposto expansivo que se corresponda co crecemento do PIB e que blinde os servizos públicos ante a posible chegada dunha nova recesión económica. “Non compartimos a crítica doutros grupos que […]

O Grupo Común da Esquerda defende un cambio de modelo fiscal para beneficiar as maiorías sociais

O Grupo Común da Esquerda defendeu este luns un cambio de modelo fiscal para beneficiar as maiorías sociais no debate parlamentario das emendas cruzadas dos Orzamentos de 2020. A deputada Julia Torregrosa incidiu na necesidade dunha contas que atendan as prioridades do país, fronte a un goberno que “repite as mesmas receitas caducas sen indicios […]