🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Grupo Común da Esquerda insta a “moderar o optimismo” sobre a negociación das cotas de pesca na UE

Ante as novas coñecidas esta mañá ao respecto da negociación das cotas de pesca na UE, o Grupo Común da Esquerda salienta a necesidade de moderar o optimismo co que son recibidas tanto por parte Xunta como por parte do Ministerio. Os datos coñecidos na mellora das cotas do xurel na zona IV, ou da […]

Antón Sánchez: “Os recortes de Feijóo fan que en zonas como Verín a xente non poida ter proxectos de futuro”

O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez sinalou este xoves que no vindeiro Pleno do Parlamento “centrámonos no recorte de servizos públicos que practica sistematicamente o goberno do PP. A pregunta ao presidente será sobre esa decisión do peche do paridoiro de Verín dende todas as ópticas, o ataque aos dereitos das mulleres […]

O Grupo Común da Esquerda traslada o seu apoio ao profesorado de cara á xornada de folga de mañá

O Grupo Común da Esquerda traslada ao profesorado de ensino primario e secundario o seu pleno apoio de cara á xornada unitaria de folga que terá lugar mañá. “Pídese algo tan básico como a recuperación do horario lectivo que tiñan antes da aplicación dos recortes coa escusa da crise económica; isto é, volver ás 18 […]

Antón Sánchez: “Feijóo minte e manipula para non asumir as súas responsabilidades”

O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, afirmou este martes que “Feijóo minte e manipula a realidade para botar balóns fóra e non asumir as súas responsabilidades”, e pedirá explicacións no vindeiro Pleno tras a labazada xurídica propinada polo TSXG á Xunta co auto que desestima o recurso do Executivo autonómico contra a […]

Luca Chao: “é inadmisible que a Xunta estea ausente sen dar explicacións sobre Barreras”

Luca Chao e Paula Quinteiro reuníronse esta mañá co Comité de Empresa de Barreras, ao que trasladaron o apoio do Grupo Común da Esquerda ante as varias semanas de incerteza e preocupación sobre o futuro do estaleiro. Á xuntanza, na sede da UXT en Vigo, asistiron representantes dos tres sindicatos (CIG, CCOO e UXT), que […]

Antón Sánchez esixe á Xunta que ofreza unha alternativa habitacional á familia que vai ser desafiuzada en Vigo

Antón Sánchez preguntou esta tarde no Parlamento á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que solución ía ofrecer a Xunta de Galicia á familia de Vigo -un pai, unha nai e dúas fillas de sete e trece anos- que vai ser desafiuzada. “Ofrecer vivendas públicas en Vila de Cruces ou na Cañiza, a 132 […]

O Grupo Común da Esquerda propón uns Orzamentos expansivos para combater a desigualdade e a precariedade

O Grupo Común da Esquerda presentou esta mañá no debate orzamentario unha emenda á totalidade aos Orzamentos da Xunta para 2020, de cara a formular un presuposto expansivo que se corresponda co crecemento do PIB e que blinde os servizos públicos ante a posible chegada dunha nova recesión económica. “Non compartimos a crítica doutros grupos que […]

O Grupo Común da Esquerda defende un cambio de modelo fiscal para beneficiar as maiorías sociais

O Grupo Común da Esquerda defendeu este luns un cambio de modelo fiscal para beneficiar as maiorías sociais no debate parlamentario das emendas cruzadas dos Orzamentos de 2020. A deputada Julia Torregrosa incidiu na necesidade dunha contas que atendan as prioridades do país, fronte a un goberno que “repite as mesmas receitas caducas sen indicios […]

O Grupo Común da Esquerda propón a creación dunha Lei de Emprego de Galicia para combater a precariedade e a temporalidade

Esta mañá Eva Solla presentou no Parlamento unha iniciativa para a creación dunha Lei de Emprego de Galicia para definir o sistema público de emprego galego e potenciar a creación de emprego. “Hai que facer que o sistema público sexa verdadeiramente útil, porque agora mesmo son menos do 2% os desempregados que atopan traballo a […]

Paula Quinteiro esixe á Xunta que tome medidas para que non se repitan as intoxicacións en escolas

Esta tarde Paula Quinteiro preguntou á conselleira de Política Social no Pleno do Parlamento que responsabilidades ía asumir a Xunta polas intoxicacións que tiveron lugar en moitas escolas infantís da rede ‘Galiña Azul’, dependentes do Consorcio Galego de Benestar Social, e tamén en diversos centros de ensino de primaria e secundaria. A resposta da conselleira foi completamente […]

Eva Solla esixe poñer fin ao abuso da contratación temporal e da sobrecarga de traballo no persoal sanitario

A deputada do Grupo Parlamentario Común da Esquerda, Eva Solla, vén de instar á Xunta de Galicia no Pleno a que dote ao Sergas cos recursos económicos suficientes para poder negociar un plan de estabilidade na mesa sectorial, que cumpra coas ratios axeitadas e permita convocar as Ofertas Públicas de Emprego coa finalidade de rematar co […]

Antón Sánchez: “a expropiación de terreos aos veciños de Mos para darllos a Mouriño é un roubo que o PP pretende legalizar”

Esta mañá Antón Sánchez presentou unha iniciativa no Pleno do Parlamento para poñer freo ao pelotazo urbanístico que o Partido Popular pretende poñer en marcha en Mos da man do presidente do Celta de Vigo. “Quérese facer unha cidade deportiva, e con esa escusa tamén un centro comercial de 145.000 metros cadrados, e en vez […]

Antón Sánchez: “O fracaso das políticas de Feijóo no rural converten nun problema o que debera ser unha oportunidade”

O voceiro do Grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, centrou este mércores a pregunta da sesión de control ao presidente da Xunta nas medidas relacionadas co medio rural.  “O fracaso das políticas de Feijóo no rural converten nun problema o que debera ser unha oportunidade”, sinalou Sánchez, xa que “o PP é un problema para […]

Paula Quinteiro esixe á Xunta que aclare se a xestión das novas residencias de maiores será 100% pública

Tras telo preguntado xa en anteriores ocasións, o Grupo Común da Esquerda insistiu esta mañá no Pleno en interrogar a Xunta de Galicia sobre a titularidade da xestión das novas sete residencias de maiores previstas. “Xa se negaron varias veces a responder esta pregunta e queremos claridade. Van ser xestionadas de forma 100% pública, con […]

Luca Chao: “O noso espazo político é imprescindible na gobernabilidade do Estado e na alternativa a Feijóo”

A voceira do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, valorou este luns os resultados das eleccións xerais do 10 de novembro, que amosan que “o noso espazo político é imprescindible para a gobernabilidade do Estado e na alternativa a Feijóo”, polo que “temos a obriga de traballar por esta alternativa de progreso para Galicia”. Chao […]

O Grupo Común da Esquerda esixe solucións inmediatas da Xunta para unha familia viguesa en risco de desafiuzamento

O Grupo Común da Esquerda vén de rexistrar iniciativas no Parlamento galego para esixir solucións inmediatas da Xunta para unha familia viguesa en risco de desafiuzamento. O voceiro Antón Sánchez participou este venres nunha concentración de apoio a esta familia, unha parella con dúas fillas de 7 e 13 anos, que cobra unha RISGA como […]

O Grupo Común da Esquerda esixe á Xunta que asuma responsabilidades polo peche de Isowat

Onte o Comité de Empresa de Isowat tivo que asinar a extinción dos contratos, o cal supón a perda de 66 postos de traballo, unha pésima noticia para o tecido industrial galego. O Grupo Común da Esquerda traslada o seu apoio e solidariedade ás familias afectadas e denuncia a completa inutilidade do Goberno galego á hora […]

Antón Sánchez: “Feijóo rise da xente cando fala da lexislatura do rural”

O Grupo Común da Esquerda preguntará no vindeiro Pleno do Parlamento se o presidente da Xunta vai seguir incidindo nas “políticas de exterminio que expulsan á xente do medio rural”, segundo avanzou o voceiro Antón Sánchez este martes. “Feijóo rise da xente deste país cando fala da lexislatura do rural ou dos impostos cero. A […]

O Grupo Común da Esquerda denuncia que a CRTVG presenta uns Orzamentos cheos de anomalías

O Grupo Común da Esquerda denunciou este luns na comparecencia do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que a Corporación presenta uns Orzamentos cheos de anomalías. A deputada Ánxeles Cuña sinalou os incumprimentos en diferentes apartados, comezando pola propia Lei de Medios Públicos, que “cumpre nove anos o día nove, e é unha das máis incumpridas”. […]

O Grupo Común da Esquerda presenta un documento de balance da década perdida de Feijóo

Esta mañá o Grupo Común da Esquerda presentou en rolda de prensa un documento de balance da década de Goberno Feijóo. “É momento de facer balance, porque chega á súa fin esta lexislatura e porque vai ser a última de Feijóo como presidente”, expuxo Manuel Lago. “Son dez anos que nos deixan un país máis […]

O Grupo Común da Esquerda asina con UNICEF o Pacto Galego pola Infancia

A tarde de onte, a voceira do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, asinou xunto a Myriam Garabito, presidenta do Comité Galego de UNICEF, o Pacto Galego pola Infancia. A deputada manifestou a UNICEF o pleno compromiso do Grupo cos dereitos dos nenos e nenas, como un “eixo de actuación política fundamental”. “Algunhas das medidas […]

Eva Solla: “escoitar o discurso do PP sobre os Orzamentos é como vivir o Día da Marmota”

Eva Solla interveu esta tarde na comparecencia do conselleiro de Sanidade sobre os Orzamentos, ao que lle reprochou que “todos os anos di o mesmo, que presentan os Orzamentos de maior gasto social da Historia de Galicia”. “Eu síntome como se vivise o Día da Marmota, e aínda por riba ese discurso que repiten en […]

Ánxeles Cuña: “Os Orzamentos de Cultura da Xunta son unha falacia: só medran para turismo e o Xacobeo”

Esta mañá Ánxeles Cuña interveu na comparecencia do conselleiro de Cultura sobre os Orzamentos para 2020, na que afirmou que o discurso do Partido Popular sobre o crecemento das partidas destinadas á Cultura era “unha falacia” porque os únicos aspectos que realmente medran son o turismo e o Xacobeo. “No resto de cuestións, nin de lonxe […]

Manuel Lago: “estes son os orzamentos da resignación”

Manuel Lago interveu en rolda de prensa esta mañá ao remate da Xunta de Voceiros, na cal se programaron os debates sobre os Orzamentos para 2020. “Estes son uns malos orzamentos: os orzamentos da resignación, da falta de ideas, da falta de iniciativas e da falta de propostas para enfrontarnos aos problemas que hoxe ten […]