Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, preguntou esta mañá na Comisión de Sanidade o motivo polo que o Goberno “decidiu premiar a xestión de Félix Rubial” por unha toda unha xestión ineficiente “dunha área sanitaria que está á cabeza en canto a privatizacións, precariedade e listas de […]
Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de defender no Pleno unha proposición non de lei para instar á Xunta de Galicia a dotar ao Sergas con recursos económicos suficientes para poder negociar un Plan de Estabilidade do Emprego do persoal sanitario que cumpra coas ratios axeitadas […]
O Grupo Común da Esquerda reclamou esta mañá, na pregunta do seu voceiro Antón Sánchez ao presidente da Xunta, que o goberno galego garanta o dereito a unha vivenda digna para toda a cidadanía. “Sen vivenda de protección, sen mobilizar vivenda baleira para o aluguer social, sen un parque público de alugueiro social significativo, favorecendo a […]
A deputada do Grupo Común da Esquerda Ánxeles Cuña reclamou esta mañá no Parlamento que se siga “un modelo de turismo sostible e desestacionalizado” de cara ao Xacobeo 2020. Cuña criticou que o Goberno galego priorice a mercantilización do Camiño de Santiago e insistiu en que o Plan Estratéxico para o Xacobeo se basee na […]
O novo deputado do Grupo Común da Esquerda, Xan Xove, tomou posesión da súa acta no Parlamento de Galicia co obxectivo de que “acabe a infame época de Feijóo” á fronte da Xunta de Galicia. Desta maneira, declarou que “comezo a miña andaina como deputado con toda a ilusión para a aportar o meu gran […]
A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada do Grupo Común da Esquerda, Eva Solla; a deputada de En Común, Yolanda Díaz, o secretario xeral de CCOO de Galicia, Ramón Sarmiento e o secretario xeral de CCOO de Sanidade, Antonio Cabrera, mantiveron esta mañá unha xuntanza co persoal técnico de enfermería (TCAE) cos que falaron […]
O Grupo Común da Esquerda denunciou este luns que “a verdadeira trama dos lumes en Galicia é a complicidade de Feijóo co lobby empresarial que dicta a política forestal” tras a vaga de incendios que se estendeu en numerosos puntos de Galicia nos últimos días e, segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, […]
O Grupo Común da Esquerda criticou este venres que o PP está facendo un uso partidario das institucións no nomeamento do novo presidente do Consello Económico e Social (CES). Na comparecencia parlamentaria da persoa elixida para este cargo, Agustín Hernández, o deputado Manuel Lago cualificou de “escándalo democrático que Feijóo utilice os órganos consultivos e […]
O Grupo Común da Esquerda defendeu este xoves unha iniciativa, rexeitada pola maioría absoluta do PP, na que esixiu á Xunta de Galicia actuacións ante os efectos negativos dos pisos turísticos nos prezos da vivenda, especialmente no aluguer. A parlamentaria Luca Chao sinalou que “a proliferación descontrolada deste tipo de aloxamentos pon en risco o […]
Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e vicepresidenta do Parlamento de Galicia, lembrou esta mañá na Comisión de Sanidade a situación de precariedade e temporalidade que sofre o persoal dos servizos sanitarios polas duras políticas de recortes impostas polo PP, así como pola súa teima en amortizar prazas e non convocar as necesarias […]
O Grupo Común da Esquerda reclamou este mércores, a través dunha PNL rexeitada polo PP, que a Xunta cubra as prazas vacantes e dote de estabilidade o persoal de enfermaría do Sergas ante a situación de precariedade laboral na que se atopa este colectivo. A deputada Eva Solla, impulsora da iniciativa, denunciou que tras dez […]
Esta mañá presentouse no Parlamento o novo nome e estrutura organizativa do Grupo Común da Esquerda, o grupo parlamentario que dará continuidade á tradición da unidade popular, que ata agora se denominaba Grupo Parlamentario En Marea. Manuel Lago explicou que “a existencia dun partido político que ten o mesmo nome obrigou a mudar o nome […]