O voceiro municipal lembra que “en 2019, un ano nefasto xa para o comercio local, os gastos foron moi por enriba do orzamentado”. “Nestes momentos, e tras a crise da COVID19, parte deste gasto tiña que estar adicándose xa a axudas e liñas de avais a centos de negocios que están coa soga ao pescozo […]
O que temos en Vigo é un goberno local que insiste en branquexar a infame Cruz do Castro que hoxe por hoxe segue pesando enriba da memoria de miles de vigueses e viguesas, ao mesmo tempo que se opón expresamente a colocar unha placa explicativa do que foi o Museo MARCO. O que temos en […]
O Grupo municipal da Marea de Vigo trasladou onte á Consellería de Medio Ambiente unha batería de propostas que considera “deben estar cubertas no futuro PXOM”. “Este é o momento no que hai que incorporar as propostas que viñemos trasladando nos últimos anos sobre o urbanismo que consideramos para a cidade de Vigo” afirmou hoxe […]
No primeiro acordo da moción rexistrada pola Marea de Vigo pídese que o Concello de Vigo “esixa a celebración dun referendo no que a cidadanía decida sobre a continuidade da monarquía como depositaria da Xefatura do Estado”. “Coa fuxida do rei emérito Juan Carlos I, no medio dun proceso xudicial aberto tras facerense públicas as […]
Marea de Vigo pide ao alcalde que non subscriba o préstamo de fondos co Ministerio de Facenda xa que “este sería incluso contraproducente para as nosas arcas municipais” e ínstao a “empregar a posibilidade das modificacións orzamentarias de urxencia pola situación da COVID, tal e como reflicte o artigo 9 do Real Decreto que recolle […]
O aprazamento a hoxe da xunta de goberno extraordinaria da FEMP para presentar o Acordo entre o goberno e a FEMP para que os concellos poidan financiar recursos como mobilidade sostible, axenda urbana, políticas de coidados e apoio á cultura con cargo aos remanentes e superavit permitiu que se movera a posición do Ministerio de […]
Marea de Vigo coñeceu hoxe, a través do vicepresidente da FEMP, Pedro del Cura, o aprazamento da Xunta de Goberno Extraordinaria da FEMP prevista para o día de hoxe, “tras o claro posicionamento do conxunto das forzas políticas sobre a necesidade de retirar a proposta de acordo entre a FEMP e o Ministerio de Facenda”. […]
Marea de Vigo denuncia a imposición dun protocolo sen negociación algunha coa comunidade educativa, “protocolo que implicaría grandes cambios nas aulas, no transporte, nas actividades extraescolares e en servizos esenciais como o Plan Madruga e os comedores escolares” sinala Oriana Méndez. Tras meses de demandas por parte da comunidade educativa á Consellería de Educación para […]
Dende o grupo municipal da Marea de Vigo, tras celebrar unha xuntanza coas representantes sindicais da CIG no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e tras escoitar tamén ás traballadoras organizadas na Plataforma SAF Galiza, “consideramos fundamental elevar ao Pleno do Concello de Vigo as demandas dun colectivo tan invisibilizado como esencial, precisamente agora que […]
O acordo entre o Goberno e a FEMP para supostamente liberar aos concellos da Lei Montoro no marco da reconstrución económica tras a COVID19, “non vai permitir que Vigo poida mobilizar os seus recursos e utilizar o superávit para a reconstrución económica da cidade” sinalou Rubén Pérez na rolda de prensa ofrecida esta mañá. Para […]
Como xa están facendo cada vez máis institucións do Estado para preservar o seu compromiso de exemplaridade -tal é o caso dos concellos do Barcelona ou Getxo, co apoio dos representantes do Partido Socialista-, o Concello de Vigo ten que retirar o busto do rei emérito da recepción do Concello e sustituír o topónimo Praza […]
Marea de Vigo, tal e como fixo na anterior lexislatura, volve a denunciar a situación na que se está deixando á Escola Municipal de Artes e Oficios, situación, segundo o Grupo municipal, que “non supón novidade algunha, xa que o desmantelamento da escola vén de varios anos atras, coincidindo co Goberno de Abel Caballero” “É […]
“A xuntanza de mañá co equipo redactor chega tarde, xa que tanto o borrador do PXOM como o Documento Inicial Estratéxico están asinados dende novembro do ano pasado” apunta Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. Do mesmo xeito, Pérez lembra que o grupo municipal de Marea de Vigo “leva meses reclamando que os traballos do […]
Na moción que Marea de Vigo leva ao pleno do Mércores 1 de xullo se denuncia que “a nivel local as reunións entre representantes do sector, varios escritos e mocións da oposición a este Pleno, amplos consensos políticos nesta corporación, horas e páxinas nos medios locais anunciando grandes actuacións, etc… durante 3 meses fixeron albergar […]
Marea de Vigo lémbralle ao alcalde que “leva varios anos consignando no orzamento un millón de euros para parques infantís e bioasaudables” e que “no 2019, unha vez aprobada a partida, retiroulle 809.000 deixando 190.000 euros para a mesma e executando finalmente 0 euros dos mesmos”. “Non existe obrigación de vixiantes nos parques” como dixo […]
Marea de Vigo insta ao Goberno local a levar a cabo unha regulación como a cita previa para evitar o acontecido hoxe, de xeito que garanta a privacidade das persoas solicitantes. Tendo 3 meses de trámite e recomendando precisamente tanto o Goberno como a Seguridade Social, tramitadores finais e pagadores, a xestión telemática, O Grupo […]
Marea de Vigo afirma que López Veiga mentíu ao anunciar que acataría a sentenza e considera que esta alegación amosa que os intereses privados de empresarios loxísticos, mesmo que operan en maior medida no Porto de Leixões, non poden estar por enriba da continuidade da actividade de construción naval nos terrenos de Vulcano. Rubén Pérez, […]
O lento proceso de decandecia e a falla de investimento no VIGOZOO, segundo a Marea de Vigo, “impiden a recorversión do obsoleto modelo de zoo do século pasado que aínda rixe no modelo de centro de conservación e santuario de especies que ten que ser no futuro ” e considera que os modelos privatizadores de […]
A crise derivada da COVID19 amosou de xeito descarnado o que en Galicia levaban anos denunciando traballadoras e asociacións de familiares sobre as residencias de maiores e, en xeral, sobre a atención a dependentes. “O Partido Popular, dende a Xunta de Galicia, impuxo un modelo privatizador da atención a maiores que prioriza o negocio sobre […]
Marea de Vigo quere lembrar que existía unha comisión de bombeiros para avaliar compras na que, de xeito voluntario, participaban varios bombeiros para testar e emitir valoración sobre os materiais Ante os sucesivos desplantes e o “ninguneo” dimitiron e agora non existe ente no servizo que avalíe e controle as compras de materiais para o […]
En setembro do 2019 aprobouse no Pleno do Concello unha moción presentada pola Marea de Vigo na que se incluía a Declaración de Emerxencia Climática xunto á implantación dunha serie de medidas orientadas ao desenvolvemento dunha cidade máis sostible. “ Seis meses despois de ser aprobada esta Declaración, e tendo en conta as novas realidades […]
O Grupo municipal da Marea de Vigo valora positivamente que se levasen a cabo peonalizacións de numerosas rúas, e insta ao Goberno local a darlle continuidade. Non obstante, tendo en conta a situación actual, cómpre insistir en que “polo feito de estar peonalizados eses espazos, non deben converterse en lugares de aglomeración”, segundo matiza Oriana […]
Marea de Vigo pon coma exemplo VITRASA, empresa que xa recibe do concello anulamente 1.300.000 euros polos billetes de transferencia e os billetes ao CUVI, e 11.300.000 en concepto de bono buses, tarxeta verde e políticas de transporte, alén do aproximadamente millón de euros da subvención estatal ao transporte público das cidades de máis de […]
Marea de Vigo xa advertira de xeito reiterativo no Pleno do pasado mércores que moitas empresas concesionarias con suspensión da súa actividade por mor da crise do covid-19, e polo tanto suxeitas a indemnización por parte do Concello para o pago de nóminas e mesmo alugures, seguros, etc.. ( tal e como figura no decreto […]