Nos pasados días, o Goberno municipal publicou unha “convocatoria cultural online” chamada “ConfinArte” na que promove que as creadoras e creadores locais envíen as súas propostas artísticas en formato vídeo. Na propia convocatoria, especificábase que tiña que ser feito por un ou unha artista profesional, xunto a unha serie de requisitos en nada relacionados coas […]
Rubén Pérez trasladou hoxe na Xerencia de Urbanismo a “profunda inquedanza e discrepancia” ao escoitar que se pretende que, toda vez que foi remitido o borrador do PXOM e o documento incial estratéxico á Xunta, se continúe co proceso administrativo con normalidade. Marea de Vigo lembra que de ser así, en tan só un mes […]
O voceiro de Marea de Vigo, Rubén Pérez, afirma que urxe “modificar a Guía de Interpretación da Regra de Gasto para que os gastos extraordinarios e reforzos na contratación derivados desta crise, en Servizos sociais e promoción social, atención ás persoas, limpeza, desinfección, seguridade cidadá, así coma materiais de seguridade ( EPI) de empregados municipais […]
Ante o anuncio do Goberno local sobre as decisións adoptadas cara a intensificación da limpeza e desinfección nas dependencias municipais, colexios e transporte público, o Grupo municipal da Marea de Vigo pídelle ao Goberno local que amplie estas medidas ás dependencias e aos cadros de persoal das concesionarias municipais, tendo moitas delas persoal en contacto […]
Marea de Vigo afirma que a figura anunciada polo alcalde do “modificado” para a ampliación da obra do túnel “so pode ser admitida en supostos excepcionais como contratos menores, negociados sen publicidade e modificacións contractuais, pero nunca nunha obra nova, que tería que ter licitación separado polo seu elevado importe” Rubén Pérez lembra ademais que […]
No día de hoxe, o Grupo municipal da Marea de Vigo, solicitou vía rexistro a resolución do contrato coa concesionaria de vixilancia de seguridade na rede museística de Vigo, tras ter coñecemento de todos os atropelos levados a cabo pola empresa concesionaria, a UTE Sistemas de Seguridade A-1 SL – Servicios de Seguridade Integral e […]
Marea de Vigo segue a considerar que o proceso de substitución da antiga tarxeta verde de transporte urbano de Vigo pola chamada Pass Vigo serviu para poñer luz sobre unha realidade que vive o transporte público urbano na nosa cidade:a evidente capacidade que ten a actual concesionaria Vitrasa e seu o grupo matriz Avanza de […]
“Mentres a convocatoria dos FONDOS DUSI non estea resolta polo órgano que tramita (que non é a UE senón o Ministerio de Facenda), o proxecto pode ser perfectamente repensado, – explica Pérez – e os fondos adaptados, xa que a solicitude realizada polo Concello para asignar estes fondos simplemente di que como obxectivo principal se […]
Para o Grupo municipal da Marea de Vigo, a obtención da tarxeta sempre ten que ser universal como nas grandes cidades do estado, e posteriormente aplicar bonificacións a colectivos vulnerables en canto a recursos económicos ou situación sociocomunitaria. “En vez disto – matiza o voceiro – nun alarde de personalismo delirante, Caballero artellou un sistema […]
O fallo, coñecido o pasado venres, súmase ás varias sentenzas en contra coas que xa conta o Goberno local, “sentenzas de suma importancia en canto á violación de dereitos laborais – matiza Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal – Algo que se espera inconcibible dun Goberno que di defender os dereitos das e dos traballadores, […]
Para a Marea de Vigo, isto só é consecuencia das “políticas curtopracistas, caprichosas, electoralistas e improvisadas do Goberno de Abel Caballero no seu afán inaugurador, deixando, tras a pompa e o anuncio, obras con avarías constantes, ascensores que levan máis dun mes sen funcionar ou elementos ornamentais descoidados” explica Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal. […]
Para a Marea de Vigo, “é inescusable a toma de medidas para paliar unha situación de cronificación dos desafiuzamentos na cidade, con máis de 600 casos ao ano e un aumento anual dun 40% nos casos”. Se ben é certo que as competencias en materia de vivenda son maioritariamente asumidas polas administracións autonómicas, o certo […]
No pasado mes de setembro, Marea de Vigo trasladou ao grupo confederal da Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), a través da eurodeputada Sira Rego, preguntas para a Comisión Europea e escritos á Comisión de Peticións cuestionando o uso dos fondos DUSI sobre a xustificación da financiación con fondos europeos dos proxectos coma o túnel da Porta […]
Marea de Vigo valorou hoxe como “moi positiva para a cidade a investidura do presidente do Goberno co apoio de numerosas formacións políticas, especialmente o grupo confederal de Unidas Podemos no que participa o espazo galego Galicia en Común”. E é positivo porque “por primeira vez na historia recente do estado español se está a […]
Marea de Vigo valorou hoxe como a “única posibilidade legal” o anuncio do concello de non permitir para Porto Cabral a mesma saída que se lle deu aos ámbitos urbanísticos onde van a ubicarse centros comerciais como Recaré no entorno da Avenida de Madrid e Cruceiro en Alcabre, empregando a inclusión dos mesmos no Instrumento […]
Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, denuncia que coa actuación de incluír no IOP o ámbito Cruceiro en Alcabre o pasado mes de xullo e a intención de facer o mesmo co ámbito comercial de Recaré o vindeiro martes no Consello da Xerencia de Urbanismo o Goberno local “entrega a cidade ás grandes superficies […]
As cobizadas entradas para ver a preestrea de Frozen 2, que se proxectará por primeira vez en España esta tarde nos cinemas da Praza Elíptica no marco do programa de Nadal, repartíronse onte por sorteo, pero hoxe apareceron polo menos seis pases máis rexeitados polos concelleiros de Marea de Vigo e BNG. Rubén Pérez, anunciou […]
Nas emendas Marea solicita que a Xunta asuma o 50% do importe do proxecto de aulas internacionais, máis de 2 millóns de euros en total, que desenvolve o Concello non polos motivos de “charlatanería de feira” expresados polo alcalde de Vigo senón porque as competencias en materia de becas son do Estado ou da Xunta […]
A moción da Marea de Vigo destaca a función do sector industrial ligado á construción naval coma un dos motores económicos da cidade dende hai máis de cen anos, “especialmente a partir do século XIX – sinala Rubén Pérez – coa transformación dos estaleiros de ribeira, especializados na construción de embarcacións de madeira, en estaleiros […]
Marea de Vigo considera fundamentadas e perfectamente explicadas no escrito que fundamenta o RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN que probocou (como soe ser habitual) a paralización preventiva do proceso de adxudicación e polo tanto esixirá mañá na mesa de contratación na que se da conta do mesmo “que se expliquen e contesten as fundamentacións e non se pretenda argumentar […]
Marea de Vigo recibiu xa o expediente que modifica a ordenanza de aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local, na que equipara, por sentencia xudicial, a eliminar o parágrafo que establece diferencias na tributación para as empresas telefónicas soamente cando son titulares das redes. Con todo, a Ordenanza Reguladora da instalación de terrazas […]
“O carril bici está decidido sen un criterio técnico e improvisando as medidas recomendadas pola DGT para este tipo de viais, mais a carencia dun informe de seguridade adaptado á realidade do proxecto e das rúas polas que transita, supón un serio risco para as persoas usuarias, viandantes e condutoras/es de transporte público colectivo e […]
Marea de Vigo xa alertara fai anos que o abandono de PEMEX da inversión en Barreras confirmaría as sospeitas da intención real da compra do estaleiro; Hoxe, por desgraza, confírmase. O Grupo municipal espera que o actual Goberno non opine como o do PP en 2013, que consideraba que Barreras tiña que someterse ás “solucións […]
Marea de Vigo considera que foi reiterada a advertencia ao goberno local por parte dos grupos da oposición da ilegalidade do decreto que obrigaba a realizar reforzos a pesar de que os bombeiros en asemblea en outubro do ano pasado decidiran non realizar máis reforzos para denunciar a situación de falla de efectivos na plantilla. Lonxe […]