🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Marea de Vigo pide o cumprimento dos acordos contidos na moción contra a proliferación das casas de apostas

Ante a recente apertura dunha casa de apostas en Navia, o Grupo municipal da Marea de Vigo reitera a necesidade e a urxencia do cumprimento dos acordos acadados no Pleno do Concello do mes de febreiro, nos que, a través dunha moción da Marea de Vigo, a Corporación local aprobaba por unanimidade unha serie de […]

Marea vai pedir a ampliación do servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Vigo

MOCIÓN PARA SOLICITAR A AMPLIACIÓN DO SERVIZO DE SALVAMENTO E SOCORRISMO NAS PRAIAS DE VIGO Vigo, que conta con algúns dos areais costeiros máis importantes do Estado Español, ten actualmente nove deles coa distinción de BANDEIRA AZUL, galardón que outorga a Fundación Europea de Educación Ambiental e que obriga subsidiariamente a contar con servizos esenciais […]

Marea de Vigo pide seriedade nas propostas de conexión da nosa cidade coa alta velocidade ferroviaria

Marea de Vigo ve positivo que o Goberno do Estado estea desbotando definitivamente de facto a variante de Cerdedo, feito que tamén queda evidenciado ao estar os promotores da mesma falando xa doutra alternativa. “Isto abre novas posibilidades para buscar unha conexión de alta velocidade sostible en termos medio ambientais, economicamente viable e que evite […]

CCOO reúnese coa Marea de Vigo e preséntalle un informe para a ampliación do Servizo de salvamento, socorrismo e accesibilidade ao baño nas praias viguesas

Este pasado mércores, 10 de abril, o representante dos traballadores e traballadoras de Comisións Obreiras no Servizo de Salvamento e Socorrismo do Concello de Vigo mantivo unha xuntanza con Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo e candidato nas eleccións municipais do mes de maio. O delegado de persoal de CCOO entregoulle […]

Marea alerta do aumento de recortes de emprego contra o persoal das concesionarias municipais

“O Grupo municipal da Marea de Vigo vén denunciando a política de contratación pública do Goberno de Abel Caballero desde o principio da lexislatura, na que se sucederon varios episodios de conflitos laborais derivados da nefasta xestión da contratación pública que se leva a cabo neste concello. Non sendo un problema exclusivo deste servizo, esta […]

Marea de Vigo pide identificar os lugares significativos da Memoria Democrática en Vigo

O voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, Rubén Pérez, pide revisar e anular todas as distincións e títulos honoríficos dados polo Concello de Vigo durante a guerra e a ditadura franquista. Marea de Vigo segue a considerar que tralo bochornoso capítulo de defensa do alcalde á cruz fascista do Castro, mesmo adicando recursos […]

En Marea coordina coa Marea de Vigo a esixencia de fondos do Estado para mellorar a conexión ferroviaria da cidade olívica con  Porto

Tras coñecer que a conexión ferroviaria de mercadorías Vigo-Porto non será incluída na Rede Básica Transeuropea, tanto En Marea no Parlamento como a Marea de Vigo no concello vigués esixiranlle ao Goberno do Estado unha liña de financiamento adiccional para mellorar esta conexión. O voceiro da Marea de Vigo, Rubén Pérez, e o vicevoceiro do […]

Marea de Vigo apoia e proporá ao pintor Diego de Giráldez como Vigués Distinguido

A proposta, avalada e trasladada por multitude de colectivos veciñais e sociais á Corporación, sería, segundo a Marea de Vigo “un merecido recoñecemento a un artista que triunfou a nivel internacional ao longo dos anos e, como moitos outros e outras, non teñen o recoñecemento adecuado na súa cidade”. Creador do movemento artístico “Realismo NAS”, […]

Marea de Vigo denuncia o desmantelamento paulatino da EMAO por parte do Goberno de Abel Caballero

Rubén Pérez: “A Escola Municipal da Artes e Oficios de Vigo é unha singularidade cultural e formativa coa que temos o privilexio de contar na nosa cidade, Escola que, tras máis de cen anos, corre o risco de ir desaparecendo como tal a causa das lesivas políticas deste Goberno local con respecto a todo espazo […]

Rubén Pérez: “O denunciábamos a semana pasada co desactualizado e incumprido Plan de Emerxencias Municipal, o denunciamos en repetidas ocasións en relación ao accidente de ‘O Marisquiño’, e hoxe volvemos a denuncialo en referencia á situación do estadio de Balaídos. O Goberno de Abel Caballero ten importantes eivas con respecto á seguridade”. En decembro do […]

Marea de Vigo urxe a aclarar as deficiencias de funcionamento e de mantemento da nova estación depuradora do Lagares (EDAR)

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, lembra que “dende o mesmo remate das obras e a concesión da estación depuradora a Aqualia, a veciñanza viu alertando dunha serie de feitos moi graves relativos, por exemplo, ao funcionamento de transformadores eléctricos, incendios nas instalación, fortes cheiros de novo a través dos sumidoiros […]

Marga L. Barreiro: “Por todas as mulleres, por todos os dereitos, revolta feminista!”

Ante un contexto onde o avance da ultradereita trae consigo un retroceso que pretende volver a poñer ás mulleres nos roles de xénero máis patriarcais, as mulleres seguimos o camiño emancipador da loita feminista iniciado hai máis dun século. Nesta ocasión, ao igual que aconteceu no pasado ano, o movemento feminista ten convocada unha xornada […]

Marea de Vigo esixe ao Goberno local a actualización do Plan de Emerxencias Municipal

Dos máis de vinte riscos contemplados no PEMU, asociados tanto con fenómenos naturais coma cos efectos de accións humanas, hai dous casos nos que o propio Plan especifica a necesidade da elaboración dun Plan Especial debido ao alto nivel de risco, coma é o caso do risco de incendios forestais, mais, a día de hoxe, […]

Marea de Vigo urxe ao Concello mudar a desertización de programas de ocio xuvenil alternativo en Vigo como política máis eficaz de evitar o fenómeno do ‘botellón’ de fin de semana

Varios locais da cidade están cancelando a súa programación de música en directo ao ser apercibidos pola policía local dende a entrada en vigor da Lei de Espectáculos de Galicia, ao non ter adaptado, por parte do Goberno local, a regulación municipal ao novo escenario legal. “A entrada en vigor da nova Lei pode ser […]

Marea de Vigo denuncia a utilización electoralista da execución orzamentaria por parte do Goberno de Abel Caballero

Na rolda de prensa ofrecida no día de hoxe, Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, trasladou a crítica da Marea de Vigo con respecto á liña do Goberno de Abel Caballero en materia de facenda e investimento e a súa utilización electoralista, apenas executando un 30% en toda a lexislatura. “Toda […]

Marea de Vigo carga contra as salas de apostas e os salóns de xogo

O grupo municipal Marea de Vigo presentará unha moción para o seu debate no próximo pleno, na que insta a pedir ás administracións central, autonómica e local medidas para protexer aos menores antes a proliferación de salas de apostas e salóns de xogo, e para limitar a súa instalación en espazos próximos a centros educativos, […]

Marea de Vigo ante a venda de patrimonio municipal para tapar a débeda do Mar de Vigo

Rubén Pérez: “Os máis de catro millóns de euros que se ingresaron por esta venta de bens que formaban parte do inventario municipal tiñan que adicarse prioritariamente á creación dun parque municipal de vivenda de emerxencia e non a tapar a vergoña que supón a débeda do Auditorio Mar de Vigo, tal e como figura […]

Marea de Vigo cualifica de absoluto cinismo a actitude do alcalde anunciando proxectos con Vodafone

Para a Marea de Vigo, a actitude de Abel Caballero “é indecente e absolutamente incoherente” cando, sendo coñecedor do ERE que Vodafone pretende aplicar no conxunto do Estado, no que deixaría na rúa a un total de 1200 persoas, 32 en Vigo, priorice reunirse coa empresa que coa representación sindical, para, posteriormente, anunciar un fito […]

Marea de Vigo afirma que o motivo para non poder ampliar a PSA é unicamente a incapacidade do Goberno local para redactar un PXOM en catro anos

Marea de Vigo lembra a posibilidade que houbo no seu día para alterar o contorno interior do polígono de Balaídos ara dar máis edificabilidade á fábrica, prioridade naquela altura, mais ampliar o polígono sen PXOM (sexa novo ou mediante modificación puntual do actual do 93) era tan imposible e ilegal daquela como agora. “De novo […]

Rubén Pérez: “As maiorías absolutas constrúense sobre redes clientelares con empresas concesionarias”

Na rolda de prensa ofrecida onte, Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, fixo unha valoración da sentenza coñecida no día de onte mediante a cal un funcionario e un delegado dunha empresa concesionaria foron condenados a cinco e un ano de prisión respectivamente. “Hai que se retrotraer ás primeiras decisións que […]

Marea de Vigo pídelle ao alcalde do PSOE que deixe o sainete e comece a ver pola cidade e polas persoas, e non polos intereses das grandes concesionarias que sustentan o seu Goberno.

O Grupo municipal da Marea de Vigo cualifica o “modelo de cidade de Abel Caballero”, como “unha cidade sen investimento social, con índices de pobreza galopantes, e cun abandono das parroquias”. Para a Marea de Vigo, este feito “é sistematicamente borrado a través das inxentes cantidades de diñeiro público usado polo alcalde para crear campañas […]

Marea de Vigo pide unha planificación integral de mobilidade no Concello de Vigo

Na rolda de prensa ofrecida no día de hoxe, o Grupo Municipal da marea de Vigo abordou a problemática do estacionamento na nosa cidade, tal e como está denunciando nos pasados días a veciñanza do Casco Vello. O concelleiro Xosé Lois Jácome cualificou esta situación como “unha dificultade que non só afecta á zona do […]

Marea de Vigo afirma que a protección do sector industrial na nosa cidade debe estar centrado no emprego

Marea de Vigo apoia ás traballadoras e traballadores de Vulcano e das empresas auxiliares do naval, que están sufrindo as consecuencias dos impagos do estaleiro, e participará mañá na mobilización convocada polos sindicatos. “Isto ademais non só está afectando ás auxiliares viguesas, senón que existen ducias de empresas na contorna da nosa cidade que se […]

Marea de Vigo cualifica como temerarias as declaracións do alcalde do PSOE, Abel Caballero, con respecto á redacción dos pregos do novo contrato de promoción turística

Á vista das recentes declaracións do alcalde con respecto ao que se supón será o novo contrato para promoción turística, actualmente en mans da empresa Ryanair, Marea de Vigo reafírmase na súa postura en relación a esta clase de investimento en gastos impropios da administración local. “Durante os tres anos de vixencia do actual contrato, […]

Marea de Vigo alerta da perda de democracia do Concello cun Pleno cada vez con menos debate político e cuxo alcalde se ausenta de xeito reiterado e sen xustificar

Na rolda de prensa ofrecida hoxe, o Grupo municipal da Marea de Vigo centrou a valoración do Pleno do día de onte na postura da Marea de Vigo con respecto á moción do PSOE sobre a Biblioteca do Estado. En alusión á moción,o voceiro do Grupo Municipal sinalou que “non tiña razón de ser unha […]

Marea de Vigo ante a proliferación de casinos e casas de apostas na nosa cidade

“O feito de que o casino proposto estea dentro do ámbito do Plan especial de ordenación do Porto de Vigo (PEOPV) esixe cando menos cautela – afirma X.L. Jácome – tense que aclarar cal é o impacto da anulación definitiva da Delimitación de Espazos e usos Portuarios do Porto de Vigo no PEOPV xa que […]

Marea de Vigo ante o primeiro documento do novo PXOM entregado polo Goberno

Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo ofreceu hoxe unha rolda de prensa na que trasladou unha valoración sobre o primeiro documento do PXOM entregado polo Goberno local. O documento, segundo explicou Rubén Pérez, “volve a consolidar o modelo de cidade que leva anos secuestrando o urbanismo vigués, e segue sen ter […]

Marea de Vigo pide un estudo do alumeado público tras o aumento de atropelos nalgúns barrios da cidade por falta de luz

O Grupo municipal da Marea de Vigo, a raíz das denuncias feitas por asociacións de veciñas/os a causa do aumento dos atropelos nalgúns barrios da cidade, solicitou nesta semana á concellería de Seguridade e Mobilidade os datos dos atropelos en Vigo, xa que, “hai zonas con iluminación deficiente, que está xerando graves problemas de seguridade” […]

Marea de Vigo levará ao vindeiro Pleno unha moción para a mellora das infraestruturas no barrio de Pereiró

No pasado mes de outubro, o Grupo municipal da Marea de Vigo reuníase coa asociación, que lle daba traslado das denuncias que levaban feito durante máis de cinco anos, dada a lamentable situación na que, a todas luces, atópanse varias infraestruturas do barrio. “Tras ter solicitado, tanto na Xunta coma no Concello de Vigo, a […]

Marea de Vigo pide unha actuación preventiva do concello ante a chegada das VTC á cidade de Vigo

No vindeiro Pleno, que terá lugar o vindeiro mércores, Marea de Vigo solicitará ao Goberno municipal a inclusión da asociación Élite Taxi como membro de pleno dereito no Consello Sectorial de Transporte do Concello de Vigo, en base ao propio Regulamento de Participación Cidadá do Concello, que indica que para a configuración dos Consellos sectoriais […]

Marea de Vigo denuncia que o alcalde do PSOE minte sobre o proxecto orzamentario do Estado en canto aos investimentos para Vigo

O concelleiro do Grupo municipal da Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome, provisto de diferentes imaxes de hemeroteca e un vídeo con declaracións aos medios por parte do alcalde do PSOE, Abel Caballero, denunciou hoxe en rolda de prensa o engano que, segundo a Marea de Vigo, supuxeron todos os acordos acadados polo alcalde coas/os […]

O Grupo municipal da Marea de Vigo saca o seu cuarto número de “Lúa”

Marea de Vigo sostén que a calidade democrática dun goberno municipal debe ser medida polo nivel de participación da súa veciñanza, polo que, segundo explica no número de “Lúa”, propuxo tamén para os orzamentos do 2019, a aplicación de ferramentas de participación para parte dos investimentos do concello, tal e como ademais recomenda a FEMP […]

Marea de Vigo considera absolutamente ridículos os investimentos que consigna o proxecto orzamentario á cidade de Vigo

Rubén Pérez: “Semella que as viaxes e recados de Abel Caballero en Madrid non impiden que de novo Vigo quede relegada nos Orzamentos Xerais do estado. Mesmo actuacións que demagoxicamente levan protagonizando o debate político como o AVE Ourense-Vigo por Cerdedo apenas consignan 500.000 euros dun total de máis de 1000 millóns de custo total […]

Marea de Vigo afirma que o Concello e a Autoridade Portuaria deben asumir as responsabilidades polo accidente de “O Marisquiño”

Tras a negativa, por parte do Goberno do PSOE de Abel Caballero, a toda investigación sobre o acontecido en “O Marisquiño” máis aló dun Pleno extraordinario cuxa duración foi de apenas media hora, o Parlamento galego aprobou, coa abstención do PSOE, a apertura dunha Comisión de Investigación sobre o accidente, na que mañá foi citado […]

Marea de Vigo solicitará a ampliación da declaración de Espazo Natural de Interese a toda a desembocadura do Lagares

O Grupo municipal da Marea de Vigo lembra que dende que se iniciara en 2008 por parte do Concello de Vigo a solicitude para declarar ENIL (Espazo Natural de Interese Municipal) a toda esta zona, se teñen tomado decisións que alteraron substancialmente o propio espazo, ademais de que se levaron a cabo cambios nas leis […]

Marea de Vigo alerta da escaseza de persoal no servizo de mantemento e conservación de mobiliario urbano.

Soamente hai 4 persoas (4 de persoal operario máis un encargado) para os 135 parques infantís, 45 áreas biosaudables, dúas áreas ximnásticas e os máis de 2000 bancos que figuraban no prego técnico no momento da licitación. A isto agora súmanse novos parques infantís como os da rúa Aragón, Redomeira, Teixugueiras, Pizarro, Independencia, Venezuela, etc…. […]

Marea de Vigo pide á veciñanza viguesa que realice as súas compras nos barrios, no comercio de proximidade, que é o que xera emprego, fixa poboación nos barrios e comporta vida ás rúas.

O Grupo municipal da Marea de Vigo xa ten datos que amosan unha ocupación hoteleira discreta en comparación con cidades como Compostela ou mesmo A Coruña, “fronte aos datos falsos e interesados emitidos pola federación provincial de hoteleiros, nos que o que si que queda patente é a consolidación do modelo de contratación precario na […]

Marea de Vigo pide ao celta e ao concello que se remitan ao convenio asinado polas dúas entidades para resolver a situación do Estadio.

O grupo municipal da Marea de Vigo vén de recibir hoxe un informe técnico sobre o estado das gradas de Marcador e Gol, tras a solicitude feita o pasado 17 de decembro a raíz das declaracións do alcalde con respecto á seguridade das gradas. O informe recibido, segundo o grupo municipal “semella estar feito de […]

Marea de Vigo levará ao vindeiro Pleno unha moción pedindo a incorporación do persoal asociado ao aparcadoiro da Praza de Portugal ao contrato actual

A recente apertura do aparcadoiro da Praza de Portugal sen respectar o listado de persoal que figura mesmo no actual expediente de contratación, por parte ademais da mesma empresa adxudicataria da XER, cuxo persoal leva nunha folga dende hai máis de 100 días, motivou a presentación desta moción por parte do Grupo municipal da Marea […]

Marea de Vigo pide o peche preventivo da grada de Marcador ata que non existan garantías de total seguridade para as persoas

Na rolda de prensa ofrecida hoxe, Rubén Pérez e Xosé Lois Jácome abordaron a cuestión da situación do Estadio de Balaídos, tras as denuncias realizadas nos pasados días por parte de aficionadas e aficionados que acudiron ao recinto. “Cada vez que hai unha nova sobre unha infraestrutura nesta cidade, como pode ser unha desgraza coma […]