O grupo municipal da Marea de Vigo, como xa ten expresado, non considera unha boa nova a recente elección do delegado para o ente público, especialmente no tocante a falla de talante democrático, xa que, para a Marea de Vigo, “o Pleno da Zona Franca corre o perigo de converterse definitivamente nunha ‘sucursal’ do goberno […]
O grupo municipal da Marea de Vigo levará ao vindeiro Pleno, que se celebrará este mércores 18 de xullo, a moción que xa fora rexistrada no pasado mes, cando estallaba o conflito pola recollida dos sacos de roupa sucia no Hospital Álvaro Cunqueiro. Nestas últimas semanas, o persoal TCAE (Auxiliares de Enfermería) ten levado a […]
O grupo municipal da Marea de Vigo, excluído do Consorcio de Zona Franca por parte do goberno local do PSOE, considera que “o traballo de viveiro de empresas e inversións sostibles non pode alterarse polas posibles ‘ocorrencias’ para o uso dos recursos por parte do alcalde sen que estas teñan ningunha vinculación real ao obxectivo […]
O grupo municipal da Marea de Vigo, á vista das analíticas tomadas polo persoal técnico da Xunta e polo Laboratorio Municipal onde aparecían uns niveis de ferro moi por enriba dos índices recomendados para o consumo, acudía no mes de maio á Fiscalía ao considerar a posibilidade de existir un delito contra a saúde pública […]
Desde o grupo municipal da Marea de Vigo, lémbrase ao goberno local que “xa deportistas con participación en mundiais como Nediam Vargas, do Celta, solicitaron o traslado de Vigo a Guadalajara ante as limitacións das pistas para a realización adecuada dos exercicios. O estado das instalacións, tanto as interiores coma no exterior, xunto á propia […]
Para o grupo municipal da Marea de Vigo, tal e como expresou na rolda de prensa que tivo lugar no día de hoxe, “a convocatoria de folga anunciada nos pasados días por parte da representación das traballadoras e dos traballadores da concesionaria FCC é absolutamente lexítima, proporcionada e perfectamente argumentada, e a veciñanza debe saber […]
O grupo municipal da Marea de Vigo ofreceu hoxe unha rolda de prensa ante as recentes declaracións do alcalde de Vigo sobre a situación do Auditorio Mar de Vigo. Na mesma, o voceiro do grupo municipal, Rubén Pérez, cualificaba a situación do Auditorio como unha “consecuencia do continuísmo levado a cabo polo alcalde do PSOE […]
A AP-9 é a única vía que non paga o 95% do IBI grazas ás bonificacións previstas nunha lei aprobada en 1972, en pleno franquismo, en materiade construción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión. Trala última prórroga feita na época do goberno de Aznar, a concesiónestendíase ata o máximo permitido, 75 anos, consagrando deste xeito o que hoxe é […]
Marea de Vigo considera que as reivindicacións da parroquia de Coruxo sobre coberturas pediátrica na parroquia son “absolutamente lexítimas” e son análogas á situación de moitos centros de saúde da cidade sen cobertura suficiente de servizos pediátricos como Navia, a zona sanitaria de Pintor Colmeiro, etc… Marea de Vigo lembra que a Asociación Galega de […]
percorrido do expediente onde se habilitaban os accesos aos cans ás praias de Foz e Calzoa, e os últimos acontecementos e queixas da veciñanza de Coruxo só reflicten a necesidade da aplicación de políticas activas dende a Concellería de Medio Ambiente. “Nos dous anos nos que estivo este asunto parado, poderíanse ter feito as campañas divulgativas e informativas necesarias, […]
O pasado 25 de agosto saíu a exposición pública o proxecto de reapertura da explotación da mina para a extracción de cobre nos concellos de Touro e O Pino, presentado pola empresa Cobre San Rafael S.L. Este novo proxecto pretende seguir explotando os mesmos xacementos abandonados do ano 1986no que ademais existe a intencionalidade de ampliación puidendo chegar aos […]
Nos pasados días anunciábase a sinatura do novo contrato para a Xestión do Estacionamento Regulado (XER) con Dornier, empresa que veu xestionando este servizo dende fai máis de 10 anos, e empresa sobre a que o grupo municipal da Marea de Vigo xa alertou en varias ocasións, comezando polo momento no que a representación sindical […]
O grupo municipal da Marea de Vigo, ao igual que se ten feito noutros concellos pertencentes a Área Sanitaria de Vigo, rexistrou esta mañá unha moción para a defensa da Sanidade Publica e contra o modelo privatizador da Sanidade nesta ocasión expresado a través do conflito que está vivindo o persoal TCAE. O texto da […]
Marea de Vigo considera que é preciso artellar xa unha comisión de traballo na que participen todos os grupos municipais da corporación, posto que, e tras informar do asunto na xuntanza da Xerencia de Urbanismo que tivo lugar no día de hoxe, xa está remitida ao Diario Oficial da Unión Europea o anuncio de licitación […]
O grupo municipal da Marea de Vigo pedirá no Pleno a modificación da ordenanza de terrazas, modificación na que se pedirá que, segundo Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal, “de non contestarse a petición de licenza, o silencio administrativo deberá entenderse como positivo, como xa se fai nas licenzas urbanísticas que foron presentadas antes da […]
Na rolda de prensa ofrecida no día de hoxe, o grupo municipal da Marea de Vigo valorou os pasos dados ata o de agora cara a redacción do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal. Neste sentido, o concelleiro Xosé Lois Jácome, incidiu en que “plantexar os mesmos criterios que se aplicaron para a redacción do […]
O grupo municipal da Marea de Vigo considera este tipo de feitos, a través de cambios no Catastro, como “absolutamente denunciables”, facendo que, “por arte de maxia”, muíños, camiños de servidume, minas de auga e outros elementos catalogados acaben inscritos en fincas privadas e pedirá que o próximo PXOM retorne ao público estes elementos e […]
Tras dous anos de aparente inactividade con respecto á redacción do novo PXOM, no Consello da Xerencia de Urbanismo que tivo lugar no día de hoxe o Goberno Local presentou a súa proposta para a Memoria xustificativa da contratación do servizo de actualización da Cartografía Municipal do Concello de Vigo e redacción da revisión do […]
A Xunta Electoral de Galicia vén de trasladar tanto á Mesa do Parlamento como aos promotores da PNL que pedía levar a cabo as actuacións necesarias para desenvolvemento do proxecto de Porto Cabral, a declaración de incumprimento do requisito das sinaturas necesarias para a tramitación da mesma, xa que, e segundo a Xunta electoral, non contiña fedatario que autenticase as sinaturas, o que supón unha vulneración da lexislación […]
Este conflito, cuxas consecuencias estanse vivindo nos últimos días, podería terse evitado, cando, xa hai máis dun ano, a representación do persoal de limpeza alertaba da situación e trataba de solucionar coa empresa de limpeza, a concesionaria e co propio SERGAS o que hoxe xa se converteu nun problema sanitario ao contar agora cunha resolución do AGA. ”Houbo marxe […]
Para o grupo municipal da Marea de Vigo, os últimos acontecementos xudiciais arredor da cuestión do empadroamento para a obtención da PassVigo, “lévannos ao punto de inicio, cando existía unha tarxeta verde que se entregaba de xeito indiscriminado e sufragándose exclusivamente polo Concello de Vigo, coa nula colaboración económica por parte da Xunta.” Marea de Vigo segue a considerar polo tanto que a única solución vén, ou ben […]
O grupo municipal da Marea de Vigo lembra que en 2013 Abel Caballero propuxo máis de 500 prazas para vehículos en superficie, e moitas delas “reservadas para residentes” en zonas clasificadas no PAU como zonas verdes. Ruben Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo, sinala que “o problema da progresión dos aparcadoiros tamén é froito da definición dos aproveitamentos […]
O grupo municipal da Marea de Vigo levará ao vindeiro Pleno Municipal deste mércores unha moción na que se instará ao goberno da Xunta, que actualmente está tramitando o desenvolvemento da Lei 10/2013 de Inclusión Social de Galicia, á asunción e incorporación dunha serie de medidas sobre este proxecto de lei, lei que regulará a […]
Tras a anulación do PXOM 2008, e co obxectivo de trasladar á veciñanza as propostas da Marea de Vigo en canto ao modelo de cidade, o grupo municipal da Marea de Vigo leva xa máis de dous anos percorrendo as parroquias e barrios de Vigo para realizar actos informativos ante a opacidade e escurantismo do goberno local no proceso […]
Marea de Vigo denuncia que despois de anos de promesas incumpridas coa comunidade educativa do CEIP ALTAMAR, encaixado nun lateral do Pavillón do Carme, sen posibilidade de ter unha zona aberta de xogos ou deportiva e con problemas serios de accesibilidade, non pode ser que nais, país e docentes coñezan pola prensa que a “fabulosa […]
Marea de Vigo lembra que o composto químico empregado como insecticida e fabricado pola empresa Zeltia en cantidades inxentes é especialmente tóxico, canceríxeno e daniño tanto para o medio ambiente como para o ser humano. A propia UE limitara ao máximo en 2004 o seu uso e produción, dando de prazo ata 2007 para eliminar a súa utilización. A súa presenza nas […]
O grupo municipal lembra que no mandato de Caballero incorporáronse decisivas modificacións ao billete de transbordo e fíxose unha aposta importante por modificar o contrato, mesmo o concelleiro Xulio Calviño sinalaba que ao Concello “non lle tremería o pulso se tiña que modificar o concurso” para o que mesmo se programou un informe para avaliar […]
Sobre o resto das partidas, Marea de Vigo ten xa manifestado que “o que importa é o que se executa” e hai partidas que aparecen neste exercicio e xa estiveron noutros sen chegar a ser executados. Marea de Vigo preparará en colaboración co grupo de En Marea no Congreso emendas parciais á proposta orzamentaria que […]
Co nomeamento de Charo, Marea de Vigo quixo poñer en valor o traballo de ducias de persoas que, ao longo dos anos, de xeito anónimo e voluntario tiveron un impacto real sobre a vida de centos de persoas en situación de vulnerabilidade. Marga L. Barreiro: “Tamén queremos poñer o foco sobre unha realidade que, aínda […]
“A recente modificación da tarxeta de transporte urbano con custe á empresa concesionaria só pode responder a un interese empresarial da mesma, e isto soamente pode ir en dúas direccións, ou á ampliación da concesión que remata no 2019 ou á xustificación do custo en futuras amortizacións de inversións, condicionando así calquera cambio concesional” explica […]
O grupo municipal da Marea de Vigo insiste e que non se podía seguir esquivando a realidade que obrigaba a realizar un novo PXOM xa que, entre outras cousas, coa nova lei do solo e un regulamento da mesma que “modificaba substancialmente o modelo de redacción do planeamento municipal.” A ordenación provisional, a lei de […]
Marea de Vigo considera que a Xunta non está sendo responsable con respecto aos anuncios alarmistas que se están a facer nestes días sobre a calidade da auga, “se realmente a situación é tal e como se está expresando por parte das persoas representantes da Xunta, deberían tomarse as medidas correspondentes, e, de ser necesario, […]
O grupo municipal da Marea de Vigo considera que este inmoble e os terreos próximos deberían ser destinados no sistema xeral como zona verde “Alcabre-Samil, espazos que deben formar parte do futuro marco de rexeneración ambiental e paisaxística na zona e que tería que ser determinado pormenorizadamente no Plan Especial de Rexeneración Ambiental e Acondicionamento do […]
Na rolda de prensa que tivo lugar no día de hoxe, Xosé Lois Jácome e Rubén Pérez lembraban que no ano 2012, Abel Caballero aseguraba que “non se prorrogaría a concesión a Vitrasa mentres el fose o alcalde”, mais, co remate da concesión no 2019, a inexistencia dos pregos para o novo contrato, a inversión que está realizando a concesionaria […]
O grupo municipal da Marea de Vigo reúnese coa AVV Novo Vigo para coñecer tamén as opinións da veciñanza sobre os proxectos de ampliación de parque infantil, pista deportiva, área de descanso e o proxecto da creación da pista de parkour, propostas feitas polo concello sen consulta previa no barrio. Do mesmo xeito, abordará cuestións como as alternativas de aparcamento gratuíto necesarias para acometer unha ampliación poboacional tan […]
O concurso de ideas para a rehabilitación da Panificadora daba para a Biblioteca do Estado a maior parte da edificabilidade. Este espazo, tal e como denunciaba Marea de Vigo, non era suficiente, mais agora, co acordo entre a Xunta e o Goberno Central, ese lugar queda xa sen uso. A situación actual, segundo Marea de […]
Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, “o nivel de irresponsabilidade política que se esta dando arredor do Vindel por parte das administracións é análogo a falla de respecto que se lle ten á Universidade de Vigo, auténtica promotora dos traballos vinculados co Vindel, e a convocatoria deste pleno extraordinario así o demostra” explica […]
Para a Marea de Vigo, o que se está negociando non deixa de ser unha mera declaración de intencións, a pesar de existir un tímido avance sobre o que se ten reivindicado dende moitas forzas políticas municipalistas do país: o desbloqueo da autonomía económica dos concellos. Ese criterio de só poder financiar co superávit o que […]
O Grupo Municipal da Marea de Vigo, ofreceu hoxe unha rolda de prensa xunto á deputada de En Marea no Parlamento galego Paula Quinteiro, para facer un chamamento á folga feminista do 8 de marzo e presentar a moción que o grupo municipal da Marea de Vigo defenderá no Pleno de mañá. “Este ano queremos incidir dun xeito especial para […]
Para a Marea de Vigo, esta desaparición de prazas de estacionamento regulado non se fai en aras de converter en gratuítos eses espazos, senón que, ao contrario, ao desaparecer fisicamente as prazas, fórzase á utilización de aparcadoiros subterráneos privados. Segundo a Marea de Vigo, “existen certos puntos da cidade onde incluso semella non estar clara […]