🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A marea de Vigo mostra o seu apoio a Carlos Santiago e ao Goberno de Compostela Aberta

O ano pasado foron a por Xosé Manuel Sande, Concelleiro de Cultura no goberno da Marea Atlántica na Coruña. O motivo da denuncia: un cartel promocional do Entroido no que aparecía unha persoa disfrazada de Papa cunha copa de viño na man, o que, segundo o Arcebispado compostelán, “fire os sentimentos dos crentes.” A denuncia, […]

Marea de Vigo pídelle ao goberno municipal que deixe de “marear a perdiz” con Toralla e reclame xa todos viais da illa como públicos como di a lei de Costas e a de Solo

Marea de Vigo cualifica como incrible que se resucitea polémica de Toralla sen que o Concello teña feito nada nestes anos para impedir o sistemático incumprimento da lei de costas que esixe non 3 senón 5 metros de paso público no perímetro de costa pero tamén o carácter público de calquera vial interior da illa. Para o grupo […]

O grupo municipal da Marea de Vigo rexistra unha moción en apoio ás reivindicacións do persoal de xustiza, hoxe no seu noveno día de folga

Para a Marea de Vigo, a situación denunciada polas oito centrais sindicais que convocan a folga, vén dada exclusivamente pola ausencia de resposta por parte do goberno autonómico ás demandas que, dende hai anos, veñen denunciando os cadros de persoal dos xulgados galegos a través das súas representacións sindicais. Esta falta de resposta, segundo denuncia […]

MdV cualifica como “atentado cultural” o cambio de modelo do M.A.R.C.O. ao producir o seu inevitable desmantelamento

O grupo municipal da Marea de Vigo vén de ofrecer hoxe unha rolda de prensa sobre a situación do museo M.A.R.C.O. tras a recente dimisión da que era a xefa de exposicións, Agar Ledo, e do rexeitamento dun colectivo de artistas á participación nun evento promovido polo goberno local. A este respecto, Xosé Lois Jácome, […]

Marea de Vigo considera incompatible a defensa dun espazo metropolitano coas políticas localistas de Abel Caballero

Co gallo da polémica pola gratuidade do futuro aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro, o grupo municipal da Marea de Vigo quere lembrar que xa van tres exercicios orzamentarios adicando 500.000 euros en cada un para a construción do aparcadoiro do HOAC. O proxecto iniciouse no ano 2015, cando o grupo socialista rexeitaba unha moción que […]

Marea de Vigo denuncia a xestión do goberno municipal sobre a concesión de recadación executiva, e responsabiliza ao mesmo das consecuencias da precarización do servizo

Esta é a enésima vez que a administración local lle da as costas ao cadro de persoal dunha concesionaria pública, nesta ocasión trátase do contrato de Recadación Executiva, recentemente adxudicada á mesma empresa que tiña o servizo ata agora, concesionaria que, facendo uso das ferramentas proporcionadas ás empresas pola última reforma laboral, se ten descolgado do […]

Marea de Vigo apoia a folga feminista do 8 de marzo e fai un chamamento á mobilización

Marga L. Barreiro: “Os efectos da desigualdade entre mulleres e homes tradúcense na súa máxima expresión nos máis de 1000 feminicidios nos últimos 14 anos no estado español, e no eido laboral, nunha precariedade que xera unha fenda salarial de máis do 20%” O Grupo Municipal da Marea de Vigo, ao igual que se fixo […]

Marea de Vigo propón trasladar o arquivo municipal ao edificio que no seu día foi proxectado como museo da fotografía

Despois de moitos anos pechado e sen visos de artellarse un uso como contedor museístico, Marea de Vigo considera que o espazo na rúa Eduardo Chao pode resultar o idóneo paratrasladar o que a día de hoxe está nun constante deterioro xunto a un aparcadoiro na planta -2 do edificio do Concello, onde miles de documentos se atopan en risco de desaparecer ao non existiriniciativas públicas máis aló […]

Marea de Vigo cualifica como “Exercicio de irresponsablidade” o non ter levado a cabo xa un dispositivo de frío na nosa cidade para as persoas en situación de rúa e pide a súa activación inmediata

Marga L. Barreiro, concelleira da Marea de Vigo lembra que “xa antes do verán a Marea de Vigoalertaba de que era preciso afrontar esta realidade dende os Servizos Sociais do Concello,mais nada se fixo e o problema aínda agravouse tanto polo peche das alternativas ao albergue municipal como pola vaga de frío que estamos a vivir nestes días”. A realidade é que na […]

Marea de Vigo rexistrará moción para que Audasa pague o IBI da AP9

O Grupo Municipal da Marea de Vigo ofreceu hoxe unha rolda de prensa xunto ao deputado de En Marea no Parlamento galego Marcos Cal, para denunciar o que está acontecendo co pago do IBI da AP9. En Marea presentou unha iniciativa que foi apoiada pola unanimidade do Parlamento e está sendo rexistrada en forma de […]

Marea de Vigo considera que as “cada día máis precarias” condicións laborais na factoría do grupo PSA en Vigo, onde se externalizan procesos e postos de traballo coa escusa de “creación de centro especial de emprego”, están sendo un experimento laboral para condicionar convenios e negociacións en diversas plantas, expresado sen pudor, neste caso, ante o comité de empresa […]

Denuncian aterramentos ilegais no monte de Cabral de novo a pese a ter paralizada a obra por parte do concello

Rubén Pérez: “A Xerencia de Urbanismo advertiu en xullo de 2017 que se suspenderan as actividades nestas parcelas situadas na zona do Gorxal, baixo o delito de ‘desobediencia’ pero as actividades de aterramento continúan con total impunidade como amosan as fotos tomadas nesta semana e que foron entregadas na Xerencia de Urbanismo”. Marea de Vigo […]

Charla sobre a nova Lei de Benestar Animal este martes

A entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal de Galicia e o seu descoñecemento entre a cidadanía levou a conformar unha xira de charlas informativas á Asociación Animalista Libera e á Fundación Franz Weber, que durante esta semana visitarán diferentes municipios, como Pontevedra e Vigo, para tratar de concentrar os puntos novos e […]

O grupo municipal da Marea de Vigo ante as declaración do alcalde que, lonxe de responder ou aclarar o procedemento aplicado pola concesionaria Aqualia na rede de suministro da zona de Canido, elude dar explicacións ao que está a acontecer expresándose en termos carentes do contido político que se lle presupón a un alcalde, quere […]

Marea de Vigo denuncia o desmantelamento da E-TRAD e da escola municipal de danza a base de subidas dun 300% nas mensualidades

O Grupo Municipal da Marea de Vigo xa no ano 2016 emendou na proposta de ordenanzas fiscais para o 2017 a que consideraba unha subida brutal dos prezos para a escola de danza, onde pedía manter o sistema de pago anual así como un aumento da subvención municipal para o mantemento das mesmas. “Este servizo […]

Rubén Pérez: “O modelo de expansión da burbulla inmobiliaria baixo o que se redactou o PXOM do 2008 xa non vale para Vigo”

Tras a aprobación dos pregos técnico e administrativo para a contratación da redacción do novo Plan, Marea de Vigo considera que é o momento de artellar as medidas participativas precisas cara a construción dun novo Plan adaptado á realidade da cidade. Para a Marea de Vigo, segundo o expresado hoxe en rolda de prensa, “xa non falamos de revisións […]

A Marea de Vigo levará ao vindeiro pleno unha moción pola retirada do proxecto de modificación da lei 8/2008 de saúde de Galica e en apoio á mobilización convocada por SOS SANIDADE PUBLICA para o 4F

Marga L. Barreiro: “A aplicación de políticas favorecendo o interese privado en detrimento do público é unha das causas polas que se producen os recortes que estamos sufrindo nos últimos anos na sanidade pública. Este tipo de políticas, que ademais non contan coa participación social, son as que, nesta ocasión, o Partido Popular plasma neste […]

MdV pide a convocatoria urxente do consello escolar municipal de Vigo onde os axentes sociais, docentes e usuarios/as poidan valorar colectivamente o borrador de zonificación escolar da área educativa de Vigo

Marga L. Barreiro: “Para a elaboración da proposta, recentemente remitida por parte da Xunta, non se contou cos sectores implicados neste proceso para debater dun xeito sosegado un proxecto que hai 20 anos que non se renova. Tanto os axentes sociais, docentes e representantes das familias deberían ter o documento con máis antelación, polo que debería adiarse […]

MdV inste na permanencia do museo M.A.R.C.O. como o espazo para o que foi concibido e non para as improvisacións do goberno local do momento

Para Marea de Vigo, que o VERBUM quede sen contido, que o Museo da Fotografía quede baleiro, ou unha previsible defunción da Pinacoteca do Casco Vello, son síntomas dunha nula política museística impropia dunha gran cidade. Con anuncios como o do traslado da colección Colmeiro feito nos pasados días por parte do Goberno Municipal, estase […]

MdV lémbralle a Caballero que non existe “agravio Norte-Sur”, senón unha cuestión de modelo político do PP e que faga fronte común con Compostela e Coruña reclamando investimentos ante o abandono da Xunta e goberno central

As melloras non son só importantes para Vigo senón para todos os concellos limítrofes polo que Vigo ten que acordar traballo de reivindicación colectivo con todos os concellos con independencia da cor política. Para o Grupo Municipal da Marea de Vigo, é evidente que o Goberno Central esquece a Vigo por exemplo na conversión en […]

Marea de Vigo considera que ademais de actualizar a cartografía de Vigo e adaptar o planeamento á nova Lei do Solo e o seu Regulamento (vixente dende 2016) cómpre habilitar mecanismos participativos e informativos para emendar o escurantismo existente en todo o que rodea ao PXOM dende que en 2015 fora anulado o que estaba […]

Mañá a Marea de Vigo defendera unha moción contra o proxecto de Porto Cabral

A Marea de Vigo vai defender unha moción contra o proxecto de “Liñeiriños” mais coñecido como “Porto Cabral”, dende os anos 90, sucesivas decisións ligadas ao proceso de redacción do planeamento urbanístico fixeron dos terreos forestais da parroquia de Cabral encadrados no ámbito coñecido como Liñeiriños unha “peza” apetecible para intereses inmobiliarios e especulativos. A […]

MdV cualifica como estratexia política por un modelo educativo contrario á educación pública o borrador da zonificación escolar da área de Vigo proposto pola Xunta

Marea de Vigo subscribe as opinións da comunidade educativa viguesa que se ten expresado xa nos pasados días, como é o caso da comunidade educativa do IES de Teis, centro que perderá a viabilidade como centro de ESO e Bacharelato segundo o borrador de Zonificación, perda inxustificada xa que nin é acorde con parte do […]

“Cando se da un proceso como o que estamos a ver no día de hoxe, a resposta das administracións públicas non pode limitarse a unha pelexa entre administracións. Non existen políticas de vivenda desde a institución municipal para axudar as persoas que están en risco de exclusión social. O Concello non leva a cabo ningunha política neste […]

Posición de Marea de Vigo ante a proposta de disolución da mancomunidade da área intermunicipal

Rubén Pérez e Marga L. Barreiro, representantes da Marea de Vigo no Pleno da MAIV, afirman que “non ten sentido adiantar o debate da desaparición ou non da entidade antes da creación efectiva da Área Metropolitana, xa que non existe un espazo de traballo conxunto dos concellos pertencentes a este órgano e esta podería xogar un […]

Marea denuncia que Vigo segue a estar na cola dos municipios do Estado en gasto social por habitante

O estudo, realizado cos datos publicados polo Ministerio de Facenda e administracións locais no portal da oficina virtual para a coordinación financeira coas entidades locais relativos aos 384 municipios con máis de 20.000 habitantes, amosa as cifras reais sobre gasto social, onde, sen lugar a dúbidas, o municipio de Vigo destaca polo escaseza neste eido. […]

Marea rexistra moción da Plataforma SOS Sanidade Pública para solicitar retirada do anteproxecto de sáude

A moción solicita a retirada do anteproxecto así como a apertura dun proceso de negociación participativa para, entre outros obxectivos, negociar a recuperación das Xerencias de Atención Primaria coa autonomía e capacidade resolutiva necesaria para promover e previr a saúde da poboación dende os servizos de saúde máis próximos á mesma. Marga L. Barreiro, concelleira […]

Marea de Vigo celebra debate de proposición no de lei relativa á modificación de criterios sobre a regra de gasto

Ante a incapacidade e a parálise da FEMP que preside Abel Caballero cara a procura de respostas ás medidas contidas na regra de gasto de Cristóbal Montoro, o acontecido no día de hoxe pode supoñer unha vía de solución. A pesar dos múltiples anuncios levados a cabo por parte do presidente da FEMP, Abel Caballero, […]

Marea de Vigo leva moción para solicitar adhesión de Vigo á “Rede de cidades libre de tráfico de mulleres, nenas e nenos destinados á prostitución”

Marga L. Barreiro, concelleira do Grupo Municipal da Marea de Vigo, quen defenderá a moción o vindeiro mércores, explica que “Entendemos a prostitución e a a explotación sexual das mulleres unha clara expresión de subordinación e dominación, e polo tanto, de violencia machista. Estas mulleres son persoas desposuídas da súa humanidade e cosificadas como mercancía. Aproveitadas polos traficantes para o […]

Marea de Vigo pide reorganizar e aclarar situación dos museos co medio millón destinado ao Auditorio Mar de Vigo

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal da Marea de Vigo, sinala que “o convenio subscrito coa UTE do Mar de Vigo, que obrigaba a traspasarlle a outra empresa (neste caso organizadora dos eventos culturais no espazo chamada “Ideas de Éxito”) era absolutamente ilegal e arbitrario e, en fase de liquidación da UTE, sería un acto de clara prevaricación administrativa continuar […]

Marea de Vigo esixe medidas reais e non propagandísticas ao Concello e máis Aqualia ante a grave seca

Rubén Pérez, voceiro do Grupo Municipal, considera que “a utilización partidaria e electoralista por parte do alcalde de Vigo dos recursos económicos devengados da ampliación en 5 anos da concesión da auga e o saneamento en Vigo é un factor que explica a grave situación de seca tamén na nosa cidade. De ser empregados os mesmos recursos en […]

Marea de Vigo rexistra moción pedido adhesión de Vigo á iniciativa “En negro contra a violencia machista”

Marga L. Barreiro: “A violencia machista é a expresión máis extrema das desigualdades sociais que viven as mulleres. Un tipo de violencia que sofren as mulleres polo feito mesmo de selo, unha desigualdade silenciada, agochada e en moitos casos normalizada; mais tamén é unha realidade que se atopa nas nosas vidas de xeito transversal, dende as condutas machistas […]

Emenda á totalidade do Grupo Municipal da Marea de Vigo aos Orzamentos 2018

Noticias Vigo en exclusiva os adianta unha copia da emenda á totalidade aos Orzamentos 2018 que ven de presentar fai escasos minutos, o Grupo Municipal da Marea de Vigo.

Marea pídelle a Caballero que sexa coherente coas demandas a Montoro e se posicione en contra das accións levadas a cabo no Concello de Madrid

Nos pasados días quedou amosado que os Concellos que deciden empregar os recursos do superávit, enfrontándose ao teito de gasto imposto polos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública do conxunto de Comunidades Autónomas e de Entidades locais acaban sendo intervidos polo Ministerio de Facenda como vén de acontecer ao Concello de Madrid. Mais tamén […]

Marea de Vigo non acudirá a convocatoria do Consello Social, cualificando a mesma de carente de participación

O Grupo Municipal da Marea de Vigo afirma, un ano máis, a evidente falla de vontade política en canto á participación nos orzamentos municipais por parte da veciñanza e mesmo o tecido asociativo, amosada nesta ocasión na manobra de convocatoria do Consello Social da cidade. Un Consello Social convocado o pasado xoves sen apenas máis […]

Marea de Vigo denuncia que Caballero convoca o Consello Social “con todo feito” nos Orzamentos de 2018

O Grupo Municipal da Marea de Vigo alerta que hai partidas de inversións xa presentes noutros exercicios, amosando por unha banda unha falta de vontade do Goberno Municipal á hora de executar o que dun xeito normalmente “pomposo” anuncia, e por outra, que está preso da necesidade de dar superávit para empregar os recursos do […]

Marea de Vigo e grupos de traballo reúnense con En Marea para analizar orzamentos da Xunta

Para Marea de Vigo, non é lóxico que as provincias con maior poboación teñan un menor aumento en gasto por habitante. No caso da provincia de Pontevedra, e en concreto, o que afecta ao municipio de Vigo, este feito é grave xa que non se están tendo en conta as necesidades educativas nin sanitarias. No concreto […]

Rubén Pérez: “Temos que facer esforzos por un consumo sostible pero cobrarlle 500 litros ao día á cidadanía como consumo mínimo mentres se pide que aforre auga é un insulto”

Para a Marea de Vigo, non é de recibo que un alcalde, ante un grave problema de seca, se dedique a facer publicidade do que a empresa concesionaria tiña facer por obriga e está a facer coma se dun favor se tratase. Foron moitas as denuncias feitas pola veciñanza (como por exemplo a da rúa Serafín Avendaño) por avarías […]

Marea de Vigo levará ao pleno unha moción para anulación da lei de fomento de iniciativas empresariais (lei de depredación)

O pasado martes 17 de outubro era aprobada no Parlamento galego a Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais, procedemento levado a cabo a través da vía da urxencia para, e segundo explica Marga L. Barreiro, “para esquivar o período de consultas públicas previo, posicionándose ademais en contra de medidas que supuxesen unhaplanificación e dinamización económica do tecido empresarial e […]

Marea de Vigo reitera que deben ser comuneiros e técnicos os que organicen traballos de reforestación dos montes

Marea de Vigo pide que a práctica totalidade das persoas que se contraten no plan de emprego para o 2018 se deriven ás comunidades de montes e actividades relacionadas coa rexeneración dos montes afectados polos lumes. Ante a sobrecarga de información que estase recibindo nestes días a través das redes sociais, teléfonos, etc., o Grupo Municipal […]