26 de outubro, xornada de loita contra as reválidas

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia tras declarar o día 26 de outubro como xornada de loita contra as reválidas apoiando as mobilizacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público Estatal en todo o territorio español, para esixir a súa eliminación inmediata e definitiva, así como a derrogación da LOMCE e a […]

Folga e xornada de loita no ensino público o 26 de outubro

A Federación do Ensino de CCOO de Galicia apoia a folga educativa convocada en todo o estado polos colectivos de estudantes e as súas familias para o vindeiro mércores, día 26 de outubro. O sindicato fai un chamamento ao profesorado para participar nas concentracións que se realizarán pola tarde na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. […]

A asociacion de Teis covoca unha manifestación este martes 25 ás 19h para reivindicar a mellora do autobús ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación tamén solicitou por escrito a través do rexistro xeral do Concello de Vigo, que un representante desta asociación,interveña no pleno municipal deste mes de outubro, para expor a problemática da mellora do transporte en autobús desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. Xa levamos recollidas até o de agora 3200 sinaturas, para reivindicar do […]

Traballadores/as de Ferroatlántica concéntranse na fábrica de Cee contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores e traballadoras de Ferroatlántica concentráronse este venres pasado diante da fábrica que a empresa ten en Brens (Cee) para amosar o total rexeitamento á venda das centrais hidroeléctricas que o Grupo Villar Mir explota na comarca da Costa da Morte. Previamente á protesta, o comité e as centrais sindicais con representación (CIG, UGT e […]

Ambulancias “As Burgas” expón a risco biolóxico o seu persoal

O persoal de ambulancias As Burgas, con sede en Ourense, vén denunciando desde hai meses os numerosos incumprimentos da empresa en materia salarial e numerosos puntos do convenio, sen que polo momento Inspección de Traballo teña actuado. Este venres 21, no marco dunha nova concentración en prol dun convenio digno no sector, alertaron tamén de […]

Delegados/as do Grupo Popular-Pastor demandan un posicionamento dos grupos parlamentarios respecto do ERE

Delegados e delegadas do Grupo Popular-Pastor concentráronse este venres ás portas do Pazo do Hórreo para demandar dos grupos parlamentarios un posicionamento respecto do ERE que suporá a perda de 435 postos de traballo en Galiza e o peche de 42 oficinas. Portavoces parlamentarios/as e deputados/as de todos os grupos, agás do Partido Popular, achegáronse […]

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Pública continuará coa mobilizacións “até derrogar a LOMCE e as reválidas”

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou , en rolda de prensa, un amplo calendario de accións e mobilizacións coas que se dá continuidade a todas as que xa ten desenvolvido desde a aprobación desta Lei. A Plataforma transmitiu ademais a súa “firme vontade de continuar na loita até conseguir derrogar a […]

Esquerda Unida apoia a folga educativa contra as Reválidas e anima á cidadanía a participar este vindeiro 26 de outubro

Esquerda Unida únese ás demandas do conxunto da comunidade educativa e esixe unha serie de demandas. A primeira é a retirada inmediata do decreto de reválidas, imposto polo goberno en funcións do PP en contra das proias Comunidades Autónomas que o terían que aplicar. A segunda, a reversión dos recortes educativos, que supuxeron o deterioro […]

Esquerda Unida participará na mobilización contra os despidos do Banco Pastor-Popular

Eva Solla, membro da dirección de Esquerda Unida e deputada electa de En Marea, xunto con Rubén Pérez, secretario de Organización de Esquerda Unida, participarán mañá xoves 20 ás 18h. na mobilización para expresar o total rexeitamento aos despidos colectivos que pretende levar a cabo Banco Pastor-Popular. De saír adiante, este ERE afectaría a unhas […]

Esquerda Unida esixe deter as negociacións dos tratados TTIP, CETA e TISA

Mañá, 15 de outubro, terán lugar diversas mobilizacións en toda Galicia que teñen o obxectivo de deter as negociacións sobre o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos), CETA (Acordo Económico e Comercial Global con Canadá) e TISA (Acordo sobre o Comercio de Servizos ), tratados comerciais que negocian a Unión Europea e Estados Unidos […]

17ª Marea Branca en defensa de la sanidad pública

El proximo domingo 16 tendrá lugar la 17ª Marea Branca en defensa de la sanidad pública en la Plaza del Obelisco de A Coruña a las 12:30 horas. Pero no es una marea blanca más, es una marea blanca  estatal en la que confluimos todas las mareas blancas de todo el estado español. Durante este […]

150 Mobilizacións contra o TTIP

Galiza, con 8 mobilizacións, súmase este sábado ás máis de 50 que as Marchas da Dignidade convocan no Estado Español contra os tratados de libre comercio. A clase traballadora na Galiza, en España e en toda Europa rebélase contra as imposicións do capital e a ansia depredadora das multinacionais, que nin quere lindes nin ten […]

Manifestacion hoxe martes ás 19:00 horas, desde o mercado de Teis, para exisir un autobús para o Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, convoca  manifestación hoxe martes 11 de outubro ás 19:00 horas desde o mercado de Teis, para esixir unha liña de autobús desde Teis ao novo hospital Alvaro Cunqueiro. A Asociación, xa leva recollidas até o de agora máis de 2000 sinaturas, para reivindicar do Concello de Vigo, un autobús directo desde […]

Seguimento masivo da xornada de folga convocada pola CIG nos centros de chamadas por uns convenios xustos

A terceira xornada de folga de 24 horas convocada pola CIG nos centros de chamadas para reclamar uns convenios colectivos xustos no sector volveu ter un seguimento masivo. Coincidindo coa mobilización -a primeira que se desenvolveu tamén no resto do Estado- celebrouse unha concorrida manifestación en Vigo e concentracións en Ourense e Lugo. No caso […]

Ducias de persoas amosan a súa solidariedade coas mulleres da flotilla Rumbo a Gaza

Ducias de persoas participaron na tarde do mércores nas diversas concentracións en apoio á flotilla “Mulleres Rumbo a Gaza”, así como para amosar o rexeitamento ao asalto ao barco Zaytouna por parte de Israel en augas internacionais e a retención das 13 mulleres que nel viaxan. Unha vez máis o goberno israelí actúa contra toda […]

Traballadoras/es de Extel mobilízanse masivamente en rexeitamento ao ERE

A xornada de paros laborais enmárcase no calendario de accións xa convocadas en todo o sector polo bloqueo na negociación do convenio. Ao berro de “Este ERE ímolo parar”, as traballadoras e traballadores de Extel mobilizáronse este xoves contra o expediente de extinción que a empresa pretende aplicar e que afectará a 205 persoas na […]

O barrio de Teis bótase á rúa para pedir un autobús urbano para ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro

No día de onte a iso das sete da tarde os veciños do Barrio Teis camiñaban ata a praza de abastos do mesmo barrio, alí fóronse concentrando para partir cara á rotonda de Guixar. A marcha foi secundada por ao redor de 500 veciños e veciñas convocados pola asociación veciñal do mesmo barrio. O motivo desta […]

A asociación convoca mañá 27 ás 7 da tarde, unha concentración para demandar un autobús desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, logo da asemblea celebrada fai quince días coa veciñanza, acordaron convocar unha concentración mañá 27 de setembro ás 7:00 da tarde diante do mercado de Teis, para revindicar do Concello de Vigo, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro Desde a apertura do novo hospital Álvaro Cunqueiro, disto […]

Concentración en Nigrán: “CONTRA a CRIMINALIZACIÓN da POBREZA”

A ODS-Coia e o G.A.S. convocamos o mércores 28 de setembro unha concentración baixo o lema: Contra a criminalización da pobreza. Será en Nigrán, diante do concello na praza da Constitución a partir das 11:00. Imos até este municipio para amosar o noso apoio a unha compañeira, perceptora de RISGA, que denunciou o trato recibido […]

Traballadores/as das ambulancias secundan unha xornada de folga en demanda dun convenio digno

Traballadores e traballadoras das ambulancias de toda Galiza están a secundar a xornada de folga convocada para este venres en rexeitamento ao bloqueo patronal na negociación do convenio colectivo do transporte sanitario. Coincidindo co paro, o persoal realizou concentracións e accións reivindicativas en diversos puntos do país para dar maior visibilidade as súas demandas. A […]

Galiza, á cabeza das mobilizacións polo convenio estatal do sector dos Centros de Chamadas

O noso país foi hoxe o epicentro das mobilizacións convocadas a nivel estatal para reclamar un convenio colectivo xusto para o sector dos Centros de Chamadas. Os cadros de persoal das distintas empresas que operan en Galiza secundaron de xeito masivo os paros de dúas horas por quenda convocados pola CIG, protestas que desta volta […]

Vigo acolle unha manifestación para esixir un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais

As rúas de Vigo acollerán hoxe martes unha manifestación convocada pola Unión Comarcal da CIG no marco da campaña que vén de iniciar a central para reclamar “emprego digno na nosa terra” e demandar un cambio radical nas políticas económicas, laborais e sociais ante a grave crise que padece a bisbarra. A marcha arrincará da […]

O Comité de Defensa do Monte Galego de Ourense convoca unha nova manifestación co lema ‘Lumes, nunca máis’

O Comité de Defensa do Monte Galego de Ourense (CDMG) convoca unha nova manifestación baixo o lema ‘Lumes, nunca máis. O noso monte importa’ este mércores 21. A marcha reivindicativa arrincará do pavillón dos Remedios ás 20.00 horas e rematará na Praza Maior. Dende o Comité, do que fai parte a CIG, explican que ao […]

Uns 300 empregados de Seaga protestaron en Santiago contra a precariedade e a política de prevención e extinción de lumes

Arredor de 300 traballadores/as da empresa pública Seaga mobilizáronse o pasado mediodía de onte en Santiago de Compostela para denunciar as condicións de “absoluta precariedade” na que se atopan e a “nefasta política” en materia de prevención e extinción de lumes da Xunta de Galiza. Os empregados/as da empresa pública percorreron as rúas da cidade en […]