🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Iníciase o peche indefinido no Concello de Cee contra a venda das centrais

Nun salón de plenos ateigado, o Comité de Ferroatlántica e representantes sindicais anunciaban o inicio dun peche indefinido no Concello de Cee. Unha acción que estará acompañada de concentracións diarias entre as 18:30 e as 19:30 horas e coa que se pretende por unha banda esixir ao Presidente da Xunta que reciba á representación social […]

“Agardamos a nulidade dos despedimentos en Transegre”

O xuízo polos dous despedimentos de candidatos da CIG nas eleccións sindicais en Transegre, efectuados nun contexto “gravísimo” de total vulneración dos dereitos máis básicos, vén de quedar hoxe visto para sentenza. Durante o mesmo, ducias de delegados/as arrouparon os despedidos cunha concentración diante da sede dos xulgados do social de Pontevedra. Unha semana despois […]

Catro organizacións convocan manifestación contra Gas Natural Fenosa en Vigo

As organizacions abaixo firmantes  manifestamos a nosa repulsa pola morte dunha Muller de 81 anos en Réus e denunciamos á vez que propoñemos  unha concentración Sabado 21 as 12 diante das oficinas de Gas Natural FENOSA .(López Mora 80,Vigo ) Comunicado : Rosa, unha muller de 81 anos, morreu en Reus por causa dun incendio […]

18ª Marea Branca en Pontevedra, Compostela e A Coruña

Este fin de semana haberá unha nova marea branca en Galicia en defensa da nosa sanidade pública e contra a privatización que está a sufrir, co peche dos nosos hospitais e a derivacion das pacientes cara á sanidade privada. Nesta ocasión haberá mares en Pontevedra, Santiago de Compostela e A Coruña: Pontevedra: Dia 19 ás […]

Xubilados e pensionistas da CIG chaman á mobilización en defensa das pensións

O Colectivo de Xubilados/as e Pensionistas da CIG iniciou este xoves, con concentracións nas sete cidades e en Verín, unha campaña para sensibilizar á poboación, nomeadamente aos xubilados/as e pensionistas, sobre a necesidade de mobilizarse en defensa do sistema público de pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas […]

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público entrega preto de 14.000 sinaturas contra as reválidas e a LOMCE

Cunha concentración simbólica diante da consellaría de Educación a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público reiteraba, esta mañá, a súa rotunda oposición ás reválidas e á LOMCE. Demandas que respaldou coa posterior entrega dun total de 13.526 sinaturas recollidas nas últimas semanas que constatan o enorme rexeitamento que suscita esta lei no conxunto da […]

O persoal da industria do aluminio reclama solucións á Xunta

O Comité da fábrica de Alcoa en San Cibrao acaba de remitir un escrito ao Presidente da Xunta de Galiza solicitándolle unha xuntanza para tratar as incertezas e amezas que pesan sobre o sector do aluminio e trasladar a preocupación dos traballadores/as ante as intencións da multinacional de pór á venda as plantas galegas. O […]

Esquerda Unida apoia a folga educativa do 24 de novembro e inicia unha campaña contra as Reválidas e pola derrogación da LOMCE

A área de Educación de Esquerda Unida apoia a folga educativa convocada para o vindeiro 24 de novembro para o alumnado de Educación Secundaria e as familias de alumnado en Educación Primaria e Infantil, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE, así como a todas as mobilizacións que se producirán ao longo da xornada. Doutra […]

Traballadores/as de Ferroatlántica iniciarán un peche no Concello de Cee contra a venda das centrais

Logo da multitudinaria concentración do pasado sábado en Cee, o Comité de Ferroatlántica xa acordou novas mobilizacións para esixir a intervención inmediata da Xunta e a paralización da venda das centrais hidroeléctricas. A partir do vindeiro luns dará comezo un peche no Concello de Cee e haberá concentracións diarias diante da casa consistorial de 18:30h […]

Non, segue sendo non! A loita contra os ataques de Extel non rematou

A Sección Sindical da CIG en Extel entende que hai que seguir na loita “ante os constantes ataques da empresa aos postos de traballo nesta plataforma”. Neste senso, aclaran que a central vai impugnar o ERE, porque en ningún caso a voluntariedade das baixas valida a falta de causas e ante o temor de que […]

A CIG de Vigo convoca o 30-N contra a precariedade e o desemprego

A CIG da comarca de Vigo chama a saír ás rúas da cidade o vindeiro 30 de novembro para dar resposta á crecente precariedade laboral, empobrecemento e desemprego que amezan o futuro da clase traballadora. A protesta forma parte da mesma campaña que deu lugar a unha multitudinaria manifestación o pasado 20 de setembro, e […]

A Xunta incumpre o compromiso coa diversidade funcional de Ourense

A Plataforma pro-CAPD, que procura a creación dun centro de atención a persoas con diversidade funcional baixo xestión pública, vén de rexeitar o proxecto da Xunta por contravir as necesidades e demandas do colectivo. Advirten de que os planos da Consellaría de Política Social pretenden construir un centro ocupacional que non é o axeitado para […]

O persoal de Atento responde cunha xornada de paros á imposición dos cambios laborais

As traballadoras e traballadores de Atento na Coruña están secundando paros de dúas horas por quenda laboral en resposta á imposición por parte da empresa dunha modificación substancial da condicións de traballo para o persoal de atención ao 1004. Os paros realízanse de 00:00 a 02:00 horas, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 […]

A comarca de Fisterra mobilízase contra a venda das centrais hidroeléctricas

Traballadores/as, familiares, representantes políticos e veciños e veciñas da comarca de Fisterra manifestaron na tarde do sábado o seu rexeitamento unánime á venda das centrais hidroeléctricas e á segregación de actividades produtivas que pretende levar adiante Ferroatlántica, conscientes de que esta operación “será a ruína da comarca”. “Ao Grupo Villar Mir pouco lle importan os […]

Mobilizacións o 17 de novembro “ante a ameaza constante ás nosas pensións”

O Colectivo de Xubiladas/os e Pensionistas da CIG vai iniciar unha campaña para “propiciar a mobilización e a participación activa” deste colectivo na defensa do sistema público de pensións, do poder adquisitivo das mesmas e polo dereito a que as pensións mínimas sexan iguais ao SMI. Con tal motivo, o 17 de novembro teñen convocadas […]

“Clece despide e o Sergas consinte”

As traballadoras e traballadores da limpeza do HULA están desenvolvendo esta semana concentracións para reclamar a readmisión inmediata dunha compañeira á que Clece (empresa concesionaria do servizo) despediu “por non cumprir os obxectivos”, debido a que estivo de baixa laboral por unha enfermidade crónica. As concentracións están desenvolvéndose pola mañá e pola tarde na entrada […]

A Plataforma Galega en defensa do Ensino Público convoca mobilizacións para o 16 e o 24 de novembro

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) anunciou este martes, en rolda de prensa, a convocatoria de mobilizacións para o día 16 de novembro –cunha concentración, ás 11:15 horas, diante da consellaría de Educación coa posterior entrega no rexistro das sinaturas recollidas contra as reválidas- e para o día 24 de novembro – […]

A Plataforma Feminista Galega concentrouse onte en Vigo contra as violencias machistas

A plataforma feminista galega concéntrouse onte, luns 7 de novembro diante do museo de arte contemporánea MARCO na cidade de Vigo, cumprindo un ano da Marcha contra as violencias machistas de Madrid, na que participaron cun bloco galego, e que reuniu a centos de miles de persoas, tamén en México e Perú. Desde entón, as […]

A Federación de Industria de CCOO pide a constitución dunha mesa de traballo en Frigolouro

A Federación de Industria de CCOO pide a constitución «urxente» dunha mesa de traballo en Frigolouro, a planta que o Grupo Coren posúe no concello pontevedrés do Porriño. Tras o comunicado emitido pola empresa o pasado día 2, no que deixaba no aire a continuidade da factoría pola «alta conflitividade» laboral, Comisións púxose en contacto […]

A CIG non asina o acordo do ERE do Popular-Pastor porque supón perder uns 400 empregos na Galiza

A Sección Sindical da CIG nos bancos Pastor e Popular non asinou o acordo para o expediente de regulación polas graves repercusións que ten para Galiza: perderanse uns 400 postos de traballo, pecharán un total de 42 oficinas e outras 25 sufrirán un peche parcial. Unhas cifras que a central nacionalista considera intolerábeis e que […]

Que repercusións ten para a comarca de Fisterra a segregación de actividades de Ferroatlántica?

O Comité de Ferroatlántica iniciou este domingo unha campaña informativa coa que se pretende pór de manifesto a negativa repercusión que a venda das centrais hidroeléctricas ten para a comarca. A primeira acción desta campaña consistiu nun reparto de follas informativas no mercado municipal de Cee. A representación social lembra que a segregación de actividades […]

Teis convoca unha manifestación este martes as 19h para reivindicar a mellora do autobús ao Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, logo do éxito das mobilizacións do pasado 27 de setembro, do 11 e 25 de outubro, a asociación convoca unha nova manifestación este martes 8 de novembro ás 19:00 horas, desde o mercado de Teis. Abel Caballero,  impediu que un representante desta asociación intervirá no pleno que se celebra esta mañá, para expor a […]

As 107 baixas voluntarias comunicadas por Extel confirman que o ERE non ten causa

Este venres, Extel comunicou ao Comité que vai proceder ao despedimento de 239 traballadoras e traballadores en todo o Estado, das/os que 107 pertencen á plataforma da Coruña. En calquera caso, estamos ante unha intolerábel destrución de postos de traballo, cunha voluntariedade acompañada en moitos casos de coaccións por parte da dirección da empresa. O […]

Primeiro xesto da Xunta: o conselleiro de Industria asiste á reunión co Comité de Ferroatlántica

O Comité de Empresa valora como un primeiro xesto positivo que, na reunión prevista para a tarde deste xoves co Director Xeral de Enerxía e Minas, comparecera tamén o Conselleiro de Industria, Francisco Conde. Non obstante entenden que o responsábel autonómico “non se expresou coa contundencia esperada polos traballadores e traballadoras, dada a gravidade da […]