Xa hai data para a manifestación contra o abandono da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, na maña de onte instalou unha nova mesa de recollida de sinaturas na Travesía de Vigo a altura do Centro Comercial Travesía, na actualidade a  asociación leva recollidas xa 2500 sinaturas, contra o abandono da ETEA e esixindo das administracións Concello de Vigo e Xunta de Galiza, que actúen nestes […]

Os veciños e veciñas de Teis toman a entrada da ETEA fartos de promesas incumpridas

Máis dun centenar de veciños de Teis saíron onte á rúa para denunciar a marxinación que sofren as instalacións da antiga Escola de Transmisións e Electricidade da Armada, ETEA. Durante a concentración, celebrada na entrada principal das instalacións, criticaron que Xunta e Concello desenténdanse das súas respectivas responsabilidades e permitan que a contorna permanezan totalmente […]

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca unha nova concentración para este xoves

Como ven sendo habitual, os últimos xoves de mes, a Rede convoca á concentración que terá lugar o xoves dia 30 de xuño ás 20h na rúa do Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea “MARCO”. A denuncia pública, das 47 mulleres asasinadas e fundamental para a reación da cidadanía sobre as mulleres que están […]

A A.V. de Teis convoca unha concentración na ETEA para mañá mércores 29 Xuño as 20h

A Asociación Veciñal de Teis, logo da decisión do goberno municipal de cubrir a piscina da ETEA, tomou a decisión de convocar unha concentración mañá mércores 29 de xuño ás 20:00 horas, na entrada principal destes terreos. Baixo as reivindicacións, non ao abandono da ETEA, polo mantemento da piscina, pola recuperación de todas as instalacións […]

As escaleiras do MARCO se tinguiron de verde

No día de onte ás 19:30 horas a Plataforma de Afectados pola Hipoteca de Vigo-Tui e Baixo Miño concentráronse diante do museo da arte contemporáneo MARCO, a concentración enmárcase na petición das cinco da PAH aos partidos políticos e formacións politicas, campaña que iniciaron o período electoral pasado, o do 20D, esta acción chamada “Tínguete […]

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas convoca en Vigo unha mobilización para maña domingo 19

A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, formada por máis de 70 colectivos, asociacións, ONGD, formacións políticas e sindicatos, convoca novas mobilizacións en toda Galiza arredor do 20 de xuño, día mundial das persoas refuxiadas, baixo o lema ‘Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras’.Con este motivo este diario de novas chama a saír ás […]

Terapeutas de Vigo realizaran valoracións do estado físico de balde na Porta do Sol para reclamar a mellora dos servizos

Baixo o lema “valora a túa saúde”, a Plataforma de Terapeutas de Vigo instalará o próximo sábado 18 de xuño, na Porta do Sol, unha carpa na que realizarán  valoracións gratuítas para valorar o estado físico da cidadanía. Os exames serán practicados en horario de 10:30h a 20h por profesionais da sanidade pública das disciplinas […]

A carta de Lola onde explica porque pechan os quioscos na cidade

Vou contarvos como é o mundo do quiosco: un mundo cheo de bos momentos pero tamén de momentos de desesperación, cabreo e mesmo cansazo e apatía. É un mundo descoñecido para moitos. Temos a parte de diante na que vives momentos agradables, simpáticos, na que os teus clientes depositan plena confianza na túa persoa. Para alguns e […]

Vigo mostrou a repulsa ante a barbarie de Orlando

Na tarde noite do día de onte, ás 21h concentrábanse os vigueses e as viguesas diante das portas do museo de arte contemporánea MARCO na rúa do Príncipe, a concentración organizada por catro colectivos, os colectivos ALAS Coruña, Ultreia LGTBI, Nós Mesmas e Arelas. A medida que ía chegando a xente as organizadoras con velas […]

A A.V. de Teis recolleu na maña de onte 500 sinaturas da veciñanza

A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña  de recollida de sinaturas, para denunciar o abandono dos terreos da ETEA. Na mesa de recollida de instalada na maña de onte fronte ao mercado recolléronse 500 sinaturas. A campaña arrinca con bo pé, así manfistouse o seu secretario Anxo Iglesias. Na recollida da pasada mañá atopamos o […]

A A.V. de Teis instalara unha mesa de recollida de asinaturas hoxe sábado.

A Asociación Veciñal de Teis, dentro da campaña para denunciar o abandono dos terreos da ETEA, instalara unha mesa de recollida de sinaturas, hoxe sábado 11 de xuño desde ás 11:00 horas até a 13:00 horas, diante do Mercado de Teis. O pasado sábado na asemblea celebrada na ETEA, acordamos iniciar unha campaña de recollida de […]

Os profesionais e as profesionais do CHUVI volven convocar unha nova marcha para o día 22

Na sexta xornada do peche no Meixoeiro, os convocantes desta protesta celebraron unha asemblea na que se acordou convocar unha nova manifestación en defensa do hospital, o próximo día 22. Ademais, SOS Meixoeiro e a Xunta de Persoal emitiron un comunicado para responder ao do xerente da área sanitaria, Félix Rubial, no que defendía o […]

Dúas mareas de centenares de persoas camiñaron en protesta cara ENCE ELNOSA

Baixo o lema “Móvete pola ría“, a protesta partiu en dous puntos, unha columna desde a alameda de Marín e a outra columna desde a alameda de Pontevedra, ambas columnas partiron simultaneamente para confluír ante as portas da fábrica, en Lourizán. A anécdota do inicio na capital foi protagonizada por un mozo holandés, que realizou […]

A veciñanza do barrio de Teis empeza unha campaña de denuncia sobre o abandono da ETEA

A asociación de veciños de Teis inicia unha campaña de recollida de asinaturas para denunciar o abandono e o deixamento que está a ter a antiga e vella Escola de Transmisións e Electrónica dá Armada, ETEA, así o acordaron na asemblea realizada este pasado sábado ás 18h. O inicio da recollida de firmas empezara na […]

A Xunta de Persoal e SOS Meixoeiro seguen adiante no seu peche no Meixoeiro

O mércores pasado os profesionais e as profesionais do Meixoeiro  despois da concentración e manifestación, encerrábanse no hall de entrada do complexo hospitalario, o peche é permanecer indefinidamente ata que o Conselleiro de Sanidade, Vázquez Almunia se sente a fixar un novo plan funcional para o complexo. Os traballadores e traballadoras nestas últimas horas recibiron […]

Protesta no Meixoeiro, manifestación e un peche indefinido

A plataforma SOS Meixoeiro, Xunta de Persoal e SOS Sanidade concentráronse na tarde de onte na entrada do hospital Meixoeiro nunha nova protesta no centro,  logo da concentración organizaron unha manifestación percorrendo a contorna do complexo hospitalario en contra do que consideran o seu «desmantelamento». A concentración empezou ás 18h onde asistiron centenares de persoas, […]

Mobilizacións para reclamar o mantemento do emprego en Telefónica

A sección sindical da CIG na Telefónica vén desenvolvendo unha intensa actividade sindical dentro da empresa Telefónica de España, S.A.U., “Operadora Dominante” en Galiza e no Estado español -hoxe denominada “Operador con Poder Significativo no Mercado”. Agora inicia unha campaña de mobilizacións para reclamar o mantemento do emprego. O novo modelo de relación laboral é […]

O Hospital Meixoeiro escenario dunha nova protesta

A xunta de persoal e SOS Hospital Meixoeiro convocan para este mércores día 1 de xuño unha nova concentración na entrada do centro, a concentración empezará ás 18h. Non é a primeira protesta que ten este hospital de Vigo neste ano, xa son numerosas protestas realizadas, desde sentadas na entrada ata unha aperta ao hospital, […]

Fisioterapeutas galegos en pé de loita en Silleda

O grupo de fisioterapeutas galegos concentráronse este domingo en Silleda concentráronse ao rededor da 13:30h baixo un ceo nubrado para protestar pola nula incorporación de prazas da súa categoría na oferta pública de emprego que o Sergas convocou para este ano 2016. A concentración tivo lugar da entrada do Recinto Feiral de Silleda, onde este fin […]

Os fisioterapeutas galegos concéntranse mañá en Silleda pola falta de prazas do Sergas

O recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda) acollerá ata o domingo oposicións de acceso á Xunta. Case 14.000 persoas están convocadas, un total de 12.699 aspiran a diversas categorías do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e 1.147 para o corpo administrativo da Administración Xeral, por promoción interna. Unha convocatoria que aproveita o Colexio Oficial […]

A Plataforma Ence fóra volve a convocar unha nova mobilización.

A Ría de Pontevedra atravesa unha situación preocupante polo grado de contaminación das augas, que non cumpren os obxetivos de calidade establecidos na lexislación para augas de cultivos mariños e para augas de baño poñendo en perigo a actividade dos sectores que teñen nestas actividades o seu medio de vida. E son moitas as fontes […]

1 38 39 40