A consellaría de Educación non prevé o aumento de persoal de limpeza nos seus centros educativos. Así o denuncia a CIG-Administración Autonómica, que alerta de que as escolas de Infantil, Primaria, institutos de ESO, Bacharelato, educación especial, escolas oficiais de idiomas, conservatorios e Formación Profesional da Xunta de Galiza “van abrir as portas sen a […]
Os sete traballadores/as da recollida de lixo do Concello de Porriño serán subrogados/as finalmente nas mesmas condicións pola empresa que vén de asumir o servizo. De feito, xa comezaron hoxe a traballar, aínda que a alta na Seguridade Social será con efectos retroactivos dende o pasado luns. Segundo explica o responsábel de Organización da CIG-Servizos, […]
O Concello do Porriño comprometeuse hoxe co persoal da recollida de lixo a manter unha xuntanza este mesmo xoves coa empresa Narom, que se vén de facer cargo do servizo, para esixirlle a subrogación de todos/as os traballadores/as. Os responsábeis municipais adoptaron a decisión tras a reunión que mantiveron cos representantes do cadro de persoal, […]
A federación de Servizos da CIG anunciou onte que porá en marcha unha campaña de protestas no caso de que o persoal da recollida do lixo do Concello do Porriño non sexa subrogado pola empresa que se vén de facer cargo do servizo. Dende a central denuncian que a compañía escúsase na inexistencia de contrato […]
O DOG do 17 de agosto vén de recoller a resolución da Consellería de Política Social para a apertura das escolas infantís o 1 de setembro baixo a sombra da Covid-19. Dende o sector de Autonómica da CIG-Administración denuncian que a Xunta acorda a reapertura de servizos e centros de atención á infancia como son as escolas […]
O persoal de salvamento das praias da Coruña vén de acordar a suspensión da convocatoria de folga indefinida que se iniciaría a partir deste martes, día 18 de agosto, tras conseguirse algúns avances coa empresa concesionaria Move Servicios de Ocio y Deporte e coa solicitude de mediación da autoridade laboral. A CIG-Servizos da Coruña avalía con satisfacción que […]
A sección sindical da CIG da consellaría de Política Social vén de denunciar o incumprimento do protocolo de prevención da COVID-19, establecido pola consellaría de Sanidade, para as incorporacións de persoal nos centros de maiores da Coruña. Así o explica a secretaria da sección sindical da CIG, Mar Peteira, quen lembra que nas instrucións da […]
A CIG-Saúde vén de solicitar por escrito, á directora de Recursos Humanos do SERGAS, a inmediata convocatoria da mesa sectorial para negociar un plan de continxencias, ante posibles surtos de COVID, no que se teñan en conta as necesidades de contratación, tomando como referencia as realizadas no período anterior e os novos ratios de persoal […]
O comité de empresa de Alcoa aceptaba esta mañá a proposta de Ministerio e Xunta de Galiza de prorrogar o período de consultas seis semanas para facilitar as negociacións para a venda de Alcoa. Unha decisión que a CIG valora positivamente porque, segundo afirma o secretario xeral, Paulo Carril, “vai no camiño de garantir a […]
A CIG-Ensino vén de denunciar que a Xunta “vende como reforzo fronte á COVID-19 o simple cumprimento de ratios máximas en Infantil e Primaria. Denuncia ademais que a consellaría de Educación non informa de cales son os centros nos que se habilitan aulas, mestura aulas creadas con habilitadas para ofrecer unha cifra maior e pecha […]
Os delegados da CIG no servizo de Bombeiros/as de Vigo presentaron hoxe unha denuncia penal contra o Concello por manter o decreto que os “escraviza”, obrigándoos a traballar nos días de descanso, motivo polo que o colectivo leva case un ano en folga indefinida. A acción xudicial baséase nos presuntos delitos de prevaricación activa, prevaricación […]
Nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada a Galiza, as persoas procedentes de Aragón, Catalunya, Navarra, Euskadi e A Rioxa ademais de numerosos países europeos, americanos e todos os africanos, teñen a obriga de rexistrarse, independentemente de que presenten ou non síntomas compatibles coa COVID-19. Porén, as persoas procedentes da comunidade de […]
O emprego precario e estacional, no sector Servizos, paliou temporalmente a gravísima situación do mercado laboral en Galiza, onde se rexistraron, segundo o SEPE, un total de 175.311 persoas desempregadas no mes de xullo. Aínda que hai 9.343 paradas e parados menos que no mes anterior, o incremento do número de persoas desempregadas foi de […]
A CIG adianta que, no consello de administración da Autoridade Portuaria de Vigo que se vai celebrar este vindeiro 31 de xullo e no que se tratara a extinción da concesión administrativa de Factorías Vulcano, o representante da central sindical votará en contra deste punto. A CIG non entende a urxencia de incluír este punto […]
A Enquisa de Poboación Activa do segundo trimestre contabiliza 32.600 persoas ocupadas menos con respecto ao período anterior cando ao mesmo tempo recolle que o número de persoas paradas descendeu en 14.000. Esta disparidade revela até que punto hai que tomar con cautela os datos deste trimestre, tendo en conta que engloba o período máis […]
A CIG compareceu este luns en rolda de prensa para rexeitar a proposta para Thenaisie Provoté formulada pola Consellaría de Industria que consistiría en manter á fronte da dirección ao grupo Scandia, mais inxectando cartos públicos a un proxecto que xa se demostrou fallido. Este novo xiro no conflito dáse pola actitude obstaculizadora da Xunta […]
Á espera de coñecer en detalle o contido do ditame do Consello do Estado, a CIG-Industria segue a reclamar do Goberno español que poña fin a súa ofensiva xudicial para extinguir a concesión de Vulcano, porque suporía inviabilizar a posta en marcha de calquera novo proxecto industrial para retomar a actividade no estaleiro. A CIG […]
A CIG-Autonómica solicitoulle á Consellería de Facenda e á Consellaría de Medio Rural que adopte medidas sancionadoras contra a empresa PLYSA por incumprimento do prego de condicións da contrata, xa que tivo inoperativo durante dúas semanas un dos dous avións contraincendios destinados na base de Doade (Sober). Así mesmo, o sector da CIG-Administración pide que […]
A CIG realizou unha concentración esta mañá ás portas dos xulgado do Social de Vigo para denunciar a represión sindical que está a sufrir a delegada sindical da CIG en GKN Automotive. Esta traballadora gañoulle un xuízo á empresa no que se recoñeceu a cesión ilegal por parte da contrata na que traballaba (Servicios Profesionales […]
A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o Hospital queda sen especialistas en uroloxía durante a segunda quincena de xullo e a segunda quincena de agosto, o que na práctica supón a paralización e suspensión de todas as consultas, revisións e operacións cirúrxicas. “Así o reflicte unha circular emitida pola dirección do Hospital da Mariña, onde […]
Esta mañá, delegados da CIG en GKN (que se dedica á fabricación de compoñentes do automóbil) presentaron denuncia ante a autoridade laboral pola aplicación do ERTE na empresa, cando se están a realizar horas extraordinarias en forma de prolongación de xornada ou se está a despedir o persoal eventual, incumprindo así os acordos sobre contratación […]
A Federación de Banca da CIG desenvolveu unha xornada de mobilizacións este xoves en demanda dun convenio colectivo de Aforro digno e para rexeitar os recortes que pretende impor a patronal das antigas caixas (agrupadas na CECA), que afectan principalmente ás condicións laborais e salariais das traballadoras. A central sindical advirte que a patronal tamén […]
A CIG-Saúde rexeita totalmente a decisión da Xerencia da área sanitaria de Vigo de pechar unha planta de pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro, anunciada dous días despois das eleccións autonómicas, sen comunicación previa á representación sindical, e logo de ter declarado a dirección publicamente que este verán non se ían pechar plantas como en anos […]
A CIG concentrouse este mércores nas sete cidades galegas en rexeitamento ao segundo acordo asinado polo Goberno español, a patronal, CCOO e UGT para a prórroga dos ERTE, mentres seguen plenamente vixentes as reformas laborais, das pensións e da negociación colectiva ou os recortes nas prestacións por desemprego e os servizos públicos. Por iso, a […]