🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público mobilizarase contra a LOMCE, as reválidas e os recortes

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrarase o mércores 14, diante da Consellaría de Educación contra a aplicación das reválidas e para denunciar a falta de profesorado, de prazas e de recursos no ensino público. Así o adiantou o colectivo nunha rolda de prensa na que tamén fixo un repaso das necesidades do […]

Máis de 4000 docentes que teñen que iniciar o curso o vindeiro día 15 atópanse a esta altura sen nomear

A CIG-Ensino vén denunciar que máis de 4000 profesores e profesoras que teñen que iniciar o curso o próximo día 15 están a esta altura sen nomear. Para a CIG-Ensino é “unha auténtica tomadura de pelo” que a Consellaría de Educación agarde até o último día,  un venres, a última hora -cando o profesorado xa […]

Convocan novos paros e unha folga para reclamar uns convenios xustos nos centros de chamadas

A CIG vén de anunciar unha nova convocatoria de paros e folga no sector dos centros de chamadas ante a situación de bloqueo na negociación do convenio estatal. Tratase da primeira ocasión na que as protestas, que se desenvolverán os días 22 e 29 de setembro e o 6 de outubro, non se convocan unicamente […]

A CIG-Saúde pon en marcha unha campaña pola “recuperación dos dereitos roubados”

A CIG-Saúde vén de pór en marcha unha campaña en demanda de que as traballadoras e traballadores da sanidade pública galega recuperen os seus dereitos “roubados”. Subliña que o novo goberno galego que saia das eleccións do 25 de setembro debe afrontar os problemas da Sanidade Pública e das/os traballadoras/es do SERGAS con transparencia na […]

A falta de limpeza no Álvaro Cunqueiro provoca unha epidemia bacteriolóxica que pon en risco a saúde de persoal e pacientes

Responsábeis comarcais dos sindicatos CIG, CGT e CCOO compareceron hoxe en Vigo para alertar sobre a existencia dunha epidemia da bacteria Klebsiella no hospital Álvaro Cunqueiro provocada pola falta de limpeza no centro médico. As centrais denuncian que máis 100 persoas atópanse ailladas a causa dun brote que pon en grave risco a saúde de traballadores/as, usuarios/as […]

O Concello buscará “o acordo continuo cos sindicatos” na elaboración do novo PXOM

Abel Caballero reuniuse este xoves con representantes dos sindicatos UXT, CCOO e CIG para abordar as consecuencias da anulación do PXOM e compartir con eles os pasos dados polo goberno de Vigo para resolver este problema, comprometéndose a mantelos informados de todos os avances. O alcalde mantivo un encontro este xoves con representantes dos sindicatos […]

A crise económica disparou o desemprego, a precariedade laboral, a emigración e o avellentamento da poboación en Ourense

A Unión Comarcal da CIG de Ourense presentou esta mañá diante dos medios de comunicación un informe elaborado polo Gabinete Técnico Confederal no que se analiza a situación socioeconómica da provincia. Entre as principais conclusións do traballo tírase que a crise económica provocou un notábel incremento do desemprego, da precariedade, da emigración e do avellentamento […]

O persoal de ambulancias da área sanitaria de Compostela consegue a equiparación de xornada e salarios en todas as empresas

A convocatoria de concentración do sector de ambulancias diante do hospital clínico, prevista para este mércores, transformouse nunha asemblea de traballadores/as para ratificar o preacordo ao que se chegaba onte. Un preacordo no que se acada o obxectivo fundamental das mobilizacións que viñan desenvolvéndose desde hai un ano: que todos os traballadores e traballadoras, de […]

A CIG amosa a súa solidariedade co pobo do Sáhara Occidental diante das provocacións de Marrocos

O goberno de Rabat violou o acordo de cese do enfrontamento de 1991 ao despregar tropas en territorio saharauí liberado. Cumpridos xa 40 anos da invasión do Sáhara Occidental por Marrocos, e sen levarse a cabo todas as resolucións tomadas ao respecto polas institucións internacionais, coa ONU á cabeza, Marrocos segue na súa dinámica invasora […]

A CIG-Ensino anuncia un curso “conflitivo” e “problemático” contra a imposición das reválidas na ESO e no Bacharelato

“Centraremos todas as nosas forzas en conseguir que non se realicen as reválidas de bacharelato e ESO”. Con esta contundencia se manifestaba esta mañá, en rolda de prensa, o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, que non dubidou en cualificar de “letais” para o alumnado esta probas selectivas e “segregadoras”. Probas para as que a […]

O sector de ambulancias da área sanitaria de Compostela mobilizarase durante a campaña se non se unifican as condicións laborais

A primeira mobilización está prevista para o vindeiro mércores, día 7 de setembro, ás 11:00 horas, na entrada do Hospital Clínico. Todos os delegados/as da CIG de todas as empresas de ambulancias que operan na área sanitaria de Santiago compareceron este xoves en rolda de prensa para anunciar o inicio dunha serie de mobilizacións –que […]

Máis de 94 de cada 100 contratos rexistrados en Galiza durante o mes de agosto foron temporais

A situación do mercado laboral galego continúa a estar marcada por unha fonda precariedade na contratación, tal e como amosan os datos do paro rexistrado que se veñen de coñecer. Durante o mes de agosto subscribíronse un total de 87.509 contratos no noso país, dos que o 94,3% foron baixo algunha modalidade de carácter temporal. […]

A CIG reclama a reformulación “radical” dos servizos de extinción de lumes forestais e a recuperación do medio rural para evitar incendios

Alerta da “máis que evidente desorganización actual do dispositivo” e denuncia a “estratexia de confusión” practicada pola Xunta do PP para eludir responsabilidades Representantes de Seaga, SPDCIF, brigadas dos Concellos e bombeiros compareceron este xoves en rolda de prensa en Santiago xunto ao secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, e o secretario xeral da CIG, […]

Redúcese o persoal sanitario e o horario de atención no aeroporto de Santiago

O servizo sanitario do aeroporto de Santiago reduciuse desde hai un ano de 6 Técnicos de Medicina Aeroportuaria (TMA-enfermeiros/as) a 5 e pasou de garantir unha cobertura de 24 horas a tan só 18. Así o denuncia a CIG Aena que alerta das consecuencias que isto pode ter para pasaxeiros/as, usuarios/as e clientes de Lavacolla. […]

Varias unidades de extinción de lumes traballan sen motobombas polos fallos detectados nos vehículos

O sector da Autonómica da CIG-Administración vén de denunciar que varias unidades dos servizos de extinción de incendios teñen que facer o seu traballo sen poder contar con motobomba debido aos fallos detectados na última remesa entregada á Xunta de Galiza. Alertan da mingua do dispositivo en época de máximo risco e máxima carga de […]

O País está farto de arder ano tras ano

Semella recorrente. Poderíamos transcribir comunicados de ano en ano. Mais a realidade é que Galiza volve arder sen tregua e sen que podamos relacionar incendios con condicións metereolóxicas. O certo é que tempada a tempada padecemos miles de lumes que arrasan miles de hectáreas, que destrúen o noso patrimonio, que hipotecan o futuro do noso monte e do noso […]

Os contratos temporais no sector servizos maquillan os datos do paro no mes de xullo

Xullo rematou cun total de 157.459 parados/as rexistrados/as nas oficinas do Servizo Público de Emprego (SEPE) en Galiza, o que supón unha baixada de 11.863 persoas (5,7%) con respecto ao mes anterior, grazas á contratación temporal ligada ao sector servizos. Con todo, máis da metade dos desempregados/as do noso país non percibe ningunha prestación económica. […]

O mercado laboral galego continúa a destruír emprego e no segundo trimestre deste ano contabiliza 5500 activos/as menos que en 2015

O mercado laboral galego non dá síntomas de recuperación e continúa a destruír emprego, tal e como amosan os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do segundo trimestre de 2016. O noso país contabiliza un total de 5500 activos/as menos con respecto ao mesmo período do ano anterior, ao tempo que rexistra un incremento […]

A CIG convoca folga no sector dos centros de chamadas ante a pretensión da patronal de impoñer un “convenio lixo”

A CIG-Centros de Chamadas vén de anunciar a convocatoria dunha nova xornada de folga ante a pretensión da patronal de impoñer un “convenio colectivo lixo” a nivel estatal para un sector que emprega a unhas 8000 persoas no noso país. Con este paro, que se desenvolverá o vindeiro día 11 e que incluirá concentracións na […]

Denuncian que o cambio de concesión na cociña do Chuvi responde a intereses electoralistas do PP

A CIG-Servizos denuncia que o cambio que se vén de pruducir na empresa concesionaria do servizo de cociña do Chuvi (Hospitais Álvaro Cunqueiro, Meixoeiro e Nicolás Peña) responde a intereses electoralistas do Partido Popular. A central sostén que os problemas coa comida son resultado da mala xestión e reclama un cambio no sistema de refrixeración, […]

CIG-SAÚDE denunciaba hai 10 días que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro estaba sendo enviado a POVISA para a súa esterilización

Os problemas co material e a súa esterilización son constantes desde a posta en marcha do Novo Hospital e da reestruturación da actividade cirúrxica. O feito de que aínda hoxe esteamos poñendo en marcha a nova central de esterilización e tomando medidas “temporais” para solucionar os problemas, 6 meses despois, indica a incapacidade da Xerencia […]

CIG-SAÚDE denuncia que o material cirúrxico do H. Álvaro Cunqueiro está sendo enviado a POVISA para a súa esterilización

A CIG-Saúde di que “é lamentable que tendo unha central de esterilización pública, acreditada e con profesionais competentes, nos vexamos, desde que se iniciou o traslado ao Novo hospital, con continuos problemas co material, que ocasionan reiteradas suspensións de intervencións cirúrxicas”. A falta absoluta de previsión da Xerencia da EOXI de Vigo ocasionou que a […]

Acción Feminista de Anova en solidariedade coa compañeira Laura Bugalho

Con motivo do xuízo contra a activista LGTBI e sindicalista da CIG Laura Bugalho, que terá lugar o vindeiro 7 de xuño en Compostela, dende Acción Feminista de Anova queremos sumarnos os diferentes colectivos feministas que están a promover diversas campañas en solidariedade. Laura Bugalho conta cunha longa e recoñecida traxectoria dedicada principalmente ao apoio […]

CIG-Saúde considera un “despropósito” a integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI

CIG-Saúde considera que a pretensión da consellaría de Sanidade de proceder á integración funcional da resonancia de Galaria no servizo de radioloxía do CHUVI é “un despropósito”. Entende ademais que deste xeito, Sanidade “reiventa as súas fórmulas de xestión” co obxectivo de “manter estes chiringuitos” e “aos seus acólitos con contratos de alta dirección”· María […]