O IV Encontro de ContraMINAcción convocará na Galiza movementos contra a minaría destrutiva de toda a Península

A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción1 está a organizar o seu IV Encontro, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 16 e 17 de febreiro. Nesta cuarta edición, baixo o título “Impactos da minaría na Península Ibérica”, o evento transcende as fronteiras de Galiza ao invitar 14 organizacións e plataformas que […]

O SLG apoia a manifestación de SOS Sanidade Pública para reivindicar unha atención primaria digna

O Sindicato Labrego Galego apoia a manifestación convocada por SOS Sanidade Pública deste domingo, 10 de febreiro, en defensa do sistema sanitario público galego e dunha atención primaria digna. Dende que comezaron os recortes no noso sistema sanitario, este non fixo máis que degradarse, ano tras ano: precariedade laboral, problemas de accesibilidade a probas diagnósticas, sobrecarga […]

Cinco grandes adegas acapararon o 43% das axudas á reestruturación do viñedo na Galiza de 2018

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a resolución das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia o pasado 15 de xaneiro. Tras unha primeira análise temos que concluír que, do mesmo xeito que na pasada convocatoria destas subvencións, son as grandes adegas as grandes beneficiadas en detrimento das pequenas e […]

As granxas de Galiza perderon 66 millóns de euros en 2018 por cobrar o leite por baixo da media europea

O diferencial existente entre o prezo medio do leite na Unión Europea e na Galiza supuxo para as nosas granxas unhas perdas de 66 millóns de euros en 2018, o que dá unha media de 5’5 millóns de euros por mes. Isto acontece por termos un dos prezos máis baixos da UE, cunha media de […]

O SLG pide que os plans de mobilidade de terras establezan criterios claros de reparto para beneficiar xente nova e granxas da zona

O Sindicato Labrego Galego vai iniciar unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para pedirlles información sobre os plans piloto de mobilidade de terras que está a desenvolver a Consellaría de Medio Rural en comarcas como Lemos, Ancares, Courel, O Ribeiro ou Verín. Para o Sindicato Labrego Galego, as políticas de mobilidade […]

Oito organizacións sociais galegas rexistran no Parlamento o seu rexeitamento á implantación do “coordinador parental” na Galiza

Na mañá do xoves, un grupo de oito organizacións sociais galegas ofreceron unha rolda de prensa en Compostela para denunciar a manipulación e control que se está a facer da figura do coordinador parental, cuxa función será a de mediar en divorcios de alta conflitividade cando exista negativa por parte dos fillos ou fillas a […]

O SLG denuncia a privatización dos dereitos laborais d@s autónom@s agachada nun novo decretazo do Goberno do Estado

O Sindicato Labrego Galego quere denunciar un novo decretazo do Goberno do Estado co que se afonda aínda máis no proceso de privatización dos dereitos laborais dos traballadores e das traballadoras do Réxime de Autónom@s: a obriga de deixar a Seguridade Social por mutuas privadas dos autónomos e autónomas que cotizaban antes da reforma do 1 […]

O Sindicato Labrego Galego reclama á Xunta a garantía pública de que a gandería sostible quedará exenta da obriga de enterrar os xurros

Comezamos 2019 e os sectores agrogandeiros seguen sen saber que vai ser deles coa obriga de enterrar os xurros cando se aplican para fertilizar a terra. Agora mesmo, na Galiza, non se poden utilizar sistemas de canón, pero permítese empregar os de abano -os máis usados na nosa terra- para esparexer grazas a unha moratoria […]

O SLG denuncia que hai granxas con problemas para cobrar a PAC por culpa dos procesos de concentración parcelaria

O Sindicato Labrego Galego solicitará unha entrevista con responsábeis da Consellaría de Medio Rural para denunciar o impago das axudas da PAC a granxas que están afectadas por procesos de concentración parcelaria. Trátase dun problema xeneralizado en toda Galiza e no que a Consellaría de Medio Rural está a demostrar a máis absoluta desidia, deixando […]

O SLG reclama á Xunta a garantía pública de que a gandería sostible quedará exenta da obriga de enterrar os xurros

A poucos días de que remate o ano 2018, os sectores agrogandeiros seguen sen saber que vai ser deles coa obriga de enterrar os xurros cando se aplican para fertilizar a terra. Agora mesmo, na Galiza, non se poden utilizar sistemas de canón, pero permítese empregar os de abano -os máis usados na nosa terra- […]

O SLG reúnese coa Valedora do Pobo para denunciar a indefensión das granxas galegas diante dos ataques da fauna salvaxe

Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego reuniuse en Compostela hoxe, 3 de outubro, coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, para denunciar a indefensión e desamparo que sofren as nosas granxas polos continuos ataques da fauna salvaxe e polo abandono de funcións da Xunta de Galicia diante desta problemática. As persoas que representaron ao SLG foron […]

Os ataques do xabaril arrasan grandes áreas de praderías e cultivos en Lugo e xa supoñen un dos principais problemas das granxas

O Sindicato Labrego Galego organizou hoxe, 27 de setembro, unha rota polo municipio d’O Corgo para denunciar a desfeita que a poboación descontrolada de xabaril está a facer en praderías e cultivos das que dependen a economía das nosas granxas. Gandeiros de vacún como Manuel Ferreiro, Xosé Luís Fernández, Domingo Rodríguez ou Xosé Antonio López […]

O SLG chama a participar na concentración do domingo en Ordes en defensa de aire, auga e terra limpas

O Sindicato Labrego Galego apoia a concentración que se levará a cabo este domingo, 30 de setembro, en Ordes baixo o lema “Aire, auga e terra limpos” e convocada por Non aos parques eólicos na comarca de Ordes, Asociación A Picota (Trazo), Comisión de Seguimento da Minaría e Defensa do Rural (Mesía) e Asociación de Afectad@s polo […]

A mocidade do Sindicato Labrego Galego leva a Chantada o Festival Son Labreg@ baixo o lema “Construíndo soberanía alimentaria e cultural”

O Sindicato Labrego Galego presentou, en Chantada, a que será a segunda edición do Festival Son Labreg@, que desta vez elixiu como escenario o entorno do Cinema Palleiriso, en Garabelos (parroquia de Mariz), apoiados por Anxo Moure e a Asociación Cultural Papaventos de Educación Ambiental. Trátase dunha iniciativa dos mozos e mozas do SLG que […]

O SLG denuncia o desabastecemento de varios comedores escolares en Lugo xestionados pola empresa Gescor

O Sindicato Labrego Galego denuncia os problemas que está a haber coa empresa Gescor na xestión de varios comedores escolares de ámbito rural na provincia de Lugo. En concreto, no IES Basanta Silva, de Vilalba, onte o servizo de cociña tivo que improvisar o xantar (as traballadoras foron mercar alimentos para cociñar) e, hoxe mesmo, […]

O Sindicato Labrego Galego alega contra o parque eólico de Ordes por usurpar máis de 6.000 hectáreas ás granxas da bisbarra

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar, diante do Ministerio de Agricultura, un extenso documento de alegacións contra o parque eólico de Pobra, que afecta 6.670 hectáreas dos termos municipais de Mesía, fundamentalmente e, en menor medida, de Oza-Cesuras e Abegondo. Este parque está a ser promovido pola empresa Green Capital Power, cunha participación maioritaria no seu capital social dun fondo de […]

contraMINAcción leva a súa campaña contra a mina de Touro e O Pino a cidades como Vigo, Ourense e Bos Aires

A plataforma contraMINAcción, Rede contra a Minaría Destrutiva de Galiza que agrupa 24 colectivos e plataformas, entre os que se inclúe o Sindicato Labrego Galego, está a desenvolver un intenso traballo dende hai anos para informar á cidadanía do enorme impacto social e medioambiental que ten a minaría destrutiva en diversas localidades galegas. Nese traballo […]

Crónica da viaxe da mocidade do Sindicato Labrego Galego a Euskadi para visitar proxectos agroecolóxicos

Do 5 ao 8 de marzo, un grupo de 16 mozos e mozas do Sindicato Labrego Galego percorreron Euskal Herria para coñecer de preto varios proxectos agroecolóxicos. A iniciativa estivo organizada conxuntamente con EHNE Bizkaia, VSF Justicia Social, e contou co financiamento da Consellaría de Medio Rural e do FEADER no marco PDR 2014-2020. Foron […]

Un cento de familias gandeiras de Agolada asinan para pedir un prazo extraordinario nas bonificacións do IBI

Preto de un cento de familias gandeiras de Agolada, asesoradas polo Sindicato Labrego Galego, veñen de rexistrar hoxe, 18 de maio, un escrito no concello coas súas sinaturas no que se pide a apertura dun prazo extraordinario para poder solicitar as bonificacións no IBI correspondentes ao exercio do 2018 para as construcións das explotacións agrarias […]

Laura Lorenzo (Daterra Viticultores): “O Val do Bibei é unha das zonas con maior potencial vinícola de Galiza”

Aínda que naceu en Allariz, Laura Lorenzo veu a Manzaneda e ao Val do Bibei en 2004 e xa non volveu marchar. Dende que comezou a formarse como técnica en vitivinicultura hai case vinte anos, até agora, Laura atesourou experiencia, coñecementos e paisaxes que se plasman á perfección na rica diversidade de viños que elabora: […]

A Dirección de Vacún de Carne do SLG prepara unha campaña para traballar na dignificación do sector

O pasado 19 de abril, o grupo de traballo da Dirección da Carne mantiña unha xuntanza en Compostela na que un dos principais temas trabados foi o deseño dunha campaña para poñer este sector no centro da axenda do Sindicato Labrego Galego. Os eixes fundamentais desta campaña serán tres: Mostrar á cidadanía a importancia socioeconómica […]

O Sindicato Labrego Galego pide cambiar a ordenanza para bonificar o IBI en Agolada e a publicación dunha nova adaptada á realidade

O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa indignación pola maneira de proceder do Concello de Agolada na concesión de bonificacións do 95% no IBI para aqueles inmobles rústicos “indispensables para o desenvolvemento das explotacións agrícolas, gandeiras, ou forestais”. Máis alá das deficiencias manifestas no proceso de publicidade da convocatoria ou da insuficiencia das dúas […]

SLG, ORGACCMM, FEG, Amigos da Terra e Frouma piden a Mesa dos Lumes para traballar nun Pladiga de consenso

O 26 de xuño de 2017, Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonamos o Consello Forestal Galego como protesta para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta. […]

22 de abril: Manifestación en Compostela en defensa do monte veciñal e un plan forestal para un medio rural vivo

O 22 de abril haberá unha manifestación en Compostela convocada pola Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e apoiada, ademais de polo Sindicato Labrego Galego, por Fruga, CIG, Atrifoga, Asociación pola Defensa da Ría e Adega. O motivo da manifestación é a defensa do monte veciñal e en man común (MVMC) diante da revisión […]