Plan Forestal de Galicia: a Consellaría de Medio Rural comeza a casa polo tellado…

O pasado luns, 18 de decembro, celebrouse unha nova xuntanza do Consello Forestal de Galicia na que a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández Couto, presentaron a revisión do Plan Forestal de Galicia (PFG). Mentres a nosa equipa técnica está a estudar o documento, dende o […]

A Plataforma STOP Velutina leva a loita contra a avespa asiática até o Parlamento de Galicia

O camiño elixido é a inciativa parlamentaria xa que Plataforma pretende crear un debate no Parlamento de Galicia acerca desta grave situación e, do mesmo xeito, que a cámara lexislativa inste á Xunta a poñer en marcha medidas efectivas para frear a expansión do insecto a través da súa función interpeladora. O obxectivo é a realización dun repaso […]

O Sindicato Labrego da Mariña reclama a recuperación da formación agroecolóxica na Escola Pedro Murias de Ribadeo

Na xuntanza conviñemos que a Escola é un recurso de enorme valor para a comarca, que se ben ten orixe nunha doazón desinteresada de hai un século, foi obxecto de importantes investimentos públicos, tanto económicos como de xestión polos seus responsables, para transformala nas últimas décadas no único centro público que conta cunha granxa certificada […]

Xosé María Vilaverde: “Cando fun á oficina agraria dicir o que quería facer, dixéronme que era imposible”

A Quinta da Vacaloura é unha granxa ecolóxica da parroquia de Naraío (San Sadurniño) onde Xosé María Vilaverde, paseniño, vai construíndo, xunto coa súa familia, un medio de vida que non ten moito que ver coa súa formación académica-Ciencias Políticas, Xestión de Cooperación Internacional e ONGs- pero si coa súa conciencia e compromiso co entorno, […]

Medio Ambiente deixa sen efecto as axudas para prever ataques da fauna salvaxe ao impoñer prazos inasumibles

O problema xorde co prazo para xustificar estas axudas, que remata o 11 de decembro. Iso quere dicir que, se tiveches a sorte de recibir a resolución o 30 de novembro, quedarache menos dunha semana para poder atopar, mercar, pagar, identificar e certificar o gasto subvencionado, xa que teremos polo medio dúas fins de semana […]

As axudas pola seca constatan o desprezo da Xunta polo rural e condenan miles de granxas a unha ruína segura

Compareceron diante dos medios de comunicación a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane; Bernardo Estévez, viticultor que ten unha pequena adega no Ribeiro e responsábel do Sector do Viño na organización agraria; e Samuel Formoso, gandeiro da parroquia de Gomareite (Vilar de Barrio) que cría vacas de carne co selo de Tenreira Galega Suprema. […]

O Foro do SLG remata co compromiso de tecer redes e traballar nas institucións para reforzar a agroecoloxía

Así, a primeira actividade do día consistiu na realización dun obradoiro práctico de formación de prezos de produtos agrarios, coordinado pola doutora en Economía da Universidade do País Vasco, Mirene Begiristain. Neste obradoiro, xurdiron moitas vías posibles para a formación de prezos, xa que depende de factores como o propio produto, o público ao que queiras chegar […]

O SLG pide a exención de impostos para os cambios de titularidade entre familiares sen ánimo de lucro

Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada por María Ferreiro e Xosé Ramón Cendán -membro e asesor da Executiva do SLG, respectivamente- mantiveron hoxe, 26 de outubro na Coruña, un encontro co director da Área de Agricultura da Delegación do Goberno, José Álvarez Robledo, para tratar a problemática dos impostos que se lles están a […]

O SLG presenta o II Foro Labrego de Agroecoloxía para tentar mellorar a comercialización de alimentos ecolóxicos

O Sindicato Labrego Galego presentou o 25 de outubro, a que será a segunda edición do Foro Labrego de Agroecoloxía, que se celebrará na Illa de San Simón (Redondela) ao longo de toda esta fin de semana baixo o título “Camiñando xuntas pola soberanía alimentaria”. Desta maneira, o SLG dá continuidade a un evento que naceu […]

Sarria acollerá o Festival Son Labreg@, un evento lúdico, reivindicativo e para a reflexión centrado no medio rural

O 2 de setembro, o Sindicato Labrego Galego, coa colaboración das asociacións O Buril e Os Gorriós, organiza o Festival Son Labrego en Sarria, onde se combinarán espazos de debate ao redor de cuestións relacionadas co medio rural; con eventos máis lúdicos como as actuacións musicais de Desviaos, Maskarpone, Xenderal ou O Leo i Arremecághona. […]

O SLG e a Rede Galega de Sementes opóñense ao imposto da industria á agricultura pola reutilización de grans

Resulta inaceptable que o Ministerio de Agricultura e dous sindicatos do agro acepten que un grupo de empresas privadas cobren por un ben común que é patrimonio da humanidade, como as sementes, que foron melloradas durante séculos, xeración tras xeración, polas familias labregas. Así, as empresas sementeiras van cobrar por un patrimonio da humanidade, cando debería […]

Denuncian diante da Dirección Xeral de Comercio e Consumo a venda de leite a 25 céntimos por Vegalsa-Eroski

O Sindicato Labrego Galego rexistrou, o 1 de agosto, un escrito de denuncia diante da Dirección Xeral de Comercio e Consumo -Consellaría de Industria- para darlle a coñecer a vulneración de numerosas leis que realizou o grupo Vegalsa-Eroski ao poñer á venda leite da marca Deleitar a 25 céntimos o litro, no pasado mes de […]

Cinco organizacións abandonan o Consello Forestal pola imposibilidade de participar no plan de loita contra os lumes

Amigos da Terra, Asociación Frouma, Federación Ecoloxista Galega (FEG), Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) abandonaron o Consello Forestal Galego, deste 26 de xuño, para denunciar as prácticas de entorpecemento á participación dos colectivos neste órgano no que se debaten as políticas forestais da Xunta e que hoxe debía […]

Os atrancos para votar por correo nas eleccións a consellos reguladores compromete o dereito ao voto

O voto por correo existe para facilitar o exercicio deste dereito a persoas que, por un motivo ou outro, non poden exercelo en circunstancias normais. No caso das eleccións aos consellos reguladores, que se celebrarán o vindeiro 9 de xullo, o voto por correo é tan complicado, cando non máis, como o voto en urna, […]