🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Un curso axudará ao profesorado a coñecer as claves da propiedade intelectual na Universidade

Para o persoal docente e investigador, que xera, publica e divulga moitos dos resultados do seu traballo, é de especial relevancia coñecer os problemas, os retos e tamén as solucións sobre a propiedade intelectual que afectan ao seu día a día. Para resolver as dúbidas que nesta materia se poidan formular os membros do profesorado, […]

A aplicación de novos modelos de ventilación permitiría unha forte redución da demanda enerxética dos quirófanos

A aplicación de novos modelos de ventilación permitiría a día de hoxe unha redución importante da demanda enerxética dos quirófanos sen comprometer a súa seguridade ambiental. Esta é a principal conclusión da investigación levada a cabo polo enxeñeiro José Luis López González na súa tese de doutoramento, unha análise en profundidade sobre a eficiencia enerxética […]

Deseñan un novo modelo matemático fraccionario para estimar a propagación da covid-19 tendo en conta as súas mutacións

Investigadores das universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Aveiro veñen de deseñar un novo modelo matemático fraccionario compartimental para estimar a propagación da covid-19. O modelo foi aplicado con éxito na análise da evolución da pandemia para os casos de Galicia, España, Portugal e Europa e os resultados obtidos, comentan os responsables do traballo, […]

Coa aprobación por asentimento hoxe en Consello de Goberno da normativa de uso e funcionamento e da política de privacidade, a Universidade de Vigo súmase ás institucións de educación superior que contan cunha comunidade alumni. A Comunidade Alumni-UVigo é novo servizo que ten como obxectivo principal “xerar un novo espazo de comunicación que permita non só manter […]

A súa fascinación por Álvaro Cunqueiro chegoulle a Rexina Vega, escritora e profesora do Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo, na adolescencia, cando estudaba o bacharelato e, dende entón, dedicou boa parte da súa carreira como investigadora a afondar na obra deste autor. Todo este labor converteuna nunha reputada especialista na vida e […]

Os lectores galegos xa poden descifrar adiviñas medievais anglosaxoas na súa propia lingua

Os enigmas anglosaxóns escritos na Idade Media teñen influído en numerosas obras da literatura universal, polo que aínda é factible atopar as súas pegadas en crebacabezas, xogos de palabras, incógnitas infantís e ata historias contemporáneas de detectives. O único exemplar que conserva este tipo de textos en inglés antigo é o Exeter Book, un manuscrito […]

O proxecto Inmena desenvolve un sistema automatizado de inspección e monitorización ambiental de edificios

Tras tres anos de traballo, o proxecto Inmena presentou este xoves os resultados da investigación na procura da optimización da xestión enerxética de edificios. Esta iniciativa, inserida na convocatoria Conecta Peme da Xunta de Galicia, une empresas (DiagnóstiQA, coordinadora, Insega e Proyestegal) e persoal investigador, representado polos Grupos de Tecnoloxía Enerxética (GTE) e o Grupo de Xeotecnoloxías […]

O proxecto MarENet lanza un programa de emprendemento para fomentar ideas de negocio innovadoras no sector da Economía Azul

O proxecto europeo MarENet – Atlantic Maritime Ecosystem Network- coordinado polo Campus do Mar está a poñer en marcha un programa de emprendemento para impulsar propostas de negocio innovadoras relacionadas coa economía azul. Esta iniciativa está aberta para recibir propostas de Irlanda, Francia e España, os tres países socios do proxecto, ata o 28 de […]

O Consello de Goberno recoñece a excelencia de 49 estudantes de grao

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou por asentimento na súa primeira sesión do ano 2021 a proposta de premios extraordinarios de grao do curso 19/20, outorgados a 49 estudantes dos tres campus, que recibirán a insignia da institución académica viguesa. Non obstante, a suspensión, por mor da covid, do acto de celebración de San […]

Unha tese desenvolve software para mellorar procesos de análise de datos de secuenciación masiva de ADN e ARN

A expansión das tecnoloxías de secuenciación masiva ou de nova xeración (Next Generation Sequencing ou NGS) de ADN e ARN leva consigo un grande esforzo bioinformático para deseñar, desenvolver e/ou adaptar algoritmos que analicen os datos xerados coa maior precisión e eficiencia posibles. Co obxectivo de contribuír ao avance neste eido, o bioinformático Osvaldo Graña […]

Aínda que a Universidade de Vigo tiña previsto manter a celebración do seu patrón, San Tomé de Aquino, para este xoves 28 de xaneiro e facelo de xeito virtual, finalmente, decidiuse suspender o acto. Esta decisión vén derivada das novas medidas decretadas onte luns pola Xunta de Galicia e o agravamento da situación sanitaria. Deste xeito, o […]

Investigadores do CIM-UVigo e do IEO publican o catálogo de cefalópodos que habitan a costa noroccidental africana

Despois de varios anos dedicados ao estudo taxonómico e ao exame exhaustivo da bibliografía existente, un equipo de investigadoras e investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, CIM-UVigo, e do Instituto Español de Oceanografía, acaba de publicar un artigo no que se dá a coñecer unha listaxe actualizada de 138 especies de cefalópodos para […]

Nova edición dos cursos e_Destrezas para mellorar as competencias dixitais da comunidade universitaria

As chamadas competencias transversais ou habilidades multidisciplinares son cada vez máis imprescindibles como complemento á formación académica para desenvolver unha vida profesional exitosa. Para ofrecerlle á comunidade universitaria a oportunidade de mellorar os seus coñecementos complementarios, a Universidade de Vigo puxo en marcha en 2019 o programa e_Destrezas, unha iniciativa que busca mellorar as competencias dixitais non […]

A Universidade celebrará de xeito virtual a festividade do seu patrón, San Tomé

A pandemia do coronavirus obriga a cambiar as tradicións. A Universidade de Vigo celebrará este ano o seu patrón, San Tomé de Aquino, de xeito virtual. A cita será este xoves día 28 ás 12.00 horas nunha ceremonia que estará presidida polo reitor, Manuel Reigosa, e que poderá seguirse en directo a través da canle […]

A UVigo achégase ao ensino secundario divulgando o coñecemento desenvolvido polos seus grupos de investigación

Saúde e os seus coidados no camiño miñoto ribeiro; Máis aló do prato. Analizando a dieta alimentaria na miña contorna; En galego 24/7. Da minorización ao neofalantismo e Procesos de separación son os títulos das primeiras catro guías prácticas publicadas pola Área de Normalización Lingüística da UVigo, ao abeiro da iniciativa En Galego! Investigación e divulgación científica, e coa colaboración da Unidade de […]

O segundo cuadrimestre comezará na UVigo o 8 de febreiro con docencia virtual

O inicio do segundo cuadrimestre nas tres universidades galegas adíase ata o 8 de febreiro, en lugar de arrancar como estaba previsto o día 1, e farao en modo totalmente virtual. Deste xeito, a docencia será en liña para todas as titulacións, como mínimo, ata o día 17 de febreiro, segundo confirmou este mediodía o […]

As convocatorias propias da UVigo xa inclúen unha acción positiva para paliar os paróns na carreira do PDI derivados da fenda de coidados

En abril de 2019 a Universidade de Vigo convertíase na primeira institución académica española, e unha das poucas de Europa, en aprobar unha acción positiva, dentro das convocatorias propias de produción científica en investigación, docencia e transferencia, que aborda a denominada “fenda de coidados” por razón de maternidade, conciliación e/ou violencia de xénero, que afecta […]

Un estudo saca á luz a biodiversidade oculta nas covas viguesas do Folón

Na parroquia viguesa de Coruxo atópase o conxunto de cavidades do Folón, unha das covas graníticas coñecidas máis grandes do mundo, con máis de 900 metros de galerías que constitúen un ecosistema único que alberga unha ampla diversidade de especies. Así o comprobaron o catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero e o egresado […]

A substitución do vehículo privado por transporte público é a medida máis eficiente e efectiva na estratexia de descarbonización

A substitución do vehículo privado por transporte público é a medida máis eficiente e efectiva na estratexia de descarbonización da economía española no horizonte 2030. Así se determina no último informe do centro de investigación Economics for Energy, presentado este xoves nun evento en liña polos seus directores, o docente da Escuela Técnica Superior de Ingeniería […]

A UVigo destina 90.000€ a paliar os efectos económicos da pandemia nas familias

O estourido da pandemia da covid-19 na pasada primavera xerou un impacto repentino non só na saúde, senón tamén na economía de moitas familias afectadas por ERTEs, despedimentos, peches de negocios ou redución de ingresos. Para que esta situación non afecte negativamente ao rendemento académico do alumnado, a Universidade de Vigo puxo en marcha unha serie […]

O alumnado de Enxeñaría Industrial une os seus coñecementos na loita contra a covid-19

O Congreso de Traballos Colaborativos converteuse nos últimos anos nunha cita tradicional para o alumnado das diferentes especialidades da Escola de Enxeñaría Industrial na que amosar os resultados dos seus proxectos conxuntos. Pero este curso, a pandemia da covid-19 tamén afectou a esta iniciativa que acada a súa décimo quinta edición. Con todo, os docentes […]

Investigadores vigueses fornecen de materiais didácticos en cinco linguas mozambicanas e en portugués ao profesorado do país africano

Pendente unicamente da presentación dos resultados en Mozambique, o proxecto Edubilmo, Formación teórica e metodolóxica, elaboración, aplicación e validación de materiais educativos no Programa de Educação Bilingue de Mozambique, chegou ao seu fin. Transcorrido máis dun ano desde que arrancou esta iniciativa, na que participan docentes e investigadores do grupo GRADES da UVigo, xunto a colegas […]

150 investigadores de toda Europa participan nun congreso sobre Cristalografía e Crecemento Cristalino

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o ano 2014 como Ano Internacional da Cristalografía, a ciencia que estuda os cristais, como recoñecemento ao papel transcendental que ten esta disciplina na comprensión da Natureza e os procesos que nela teñen lugar. E é que, como explica o catedrático da Universidade de Vigo Ezequiel Manuel Vázquez, […]

A Universidade de Vigo recibirá da Xunta 3,16 millóns de euros adicionais para innovación e dixitalización

A Universidade de Vigo recibirá da Xunta de Galicia 3,16 millóns de euros adicionais que se incorporan aos orzamentos de 2021 e que suporán un importante impulso á innovación e dixitalización tanto das súas infraestruturas como dos seus servizos de cara aos vindeiros anos. O anuncio produciuse tras unha xuntanza mantida este martes entre os […]

156 novos postos de lectura no centro de Vigo para o alumnado da Universidade a partir da vindeira semana

12 horas ao día e cinco días á semana permanecerán abertas as salas de lectura que a vindeira semana abrirán as súas portas no inmoble do número 6 da rúa López Mora, propiedade de Zona Franca, que antes albergaba o centro de informática de Abanca. En dous andares do edificio a Universidade de Vigo acondicionou varios […]

O SPRL publica a ‘Guía de actuación para realizar os exames presencias na UVigo’

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo fixo pública hoxe a Guía de actuación para realizar os exames presenciais, seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidad, e que se aplicará ao alumnado e ao profesorado durante as probas de avaliación presenciais, cando non se poidan utilizar métodos ou sistemas alternativos. O documento […]

Investigadores galegos recomendan a agrupación en clústeres dos bancos marisqueiros das Rías Altas

A revista internacional Sedimentology, líder no seu campo, acaba de publicar os resultados dunha investigación na que un equipo de investigadores galegos consegue, a través do emprego dunha nova metodoloxía de análise estatística, agrupar os bancos marisqueiros en clústeres seguindo a composición, derivada da súa imprenta xeolóxica, e a textura do sedimento, directamente relacionados coa súa contorna […]

Polas súas aulas pasaron xa máis de 20.000 alumnas e alumnos, moitos deles e delas convertéronse co tempo en destacados profesionais do tecido empresarial e industrial galego e outros tantos ocuparon e ocupan postos de moi diversa responsabilidade en empresas e institucións no ámbito local, autonómico e nacional. A outrora Escola Pericial de Comercio, agora […]

Coa posta en marcha do Plan Galicia 5G, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a comunidade autónoma estase a consolidar como unha rexión punteira no despregue deste novo estándar de telefonía móbil. Neste proceso, a Universidade de Vigo e en concreto a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo […]

“En España, as políticas de protección do solo céntranse principalmente na loita contra a desertificación e a contaminación, e más recentemente está sobre a mesa a proposición de Ley de suelos de alto valor agrológico y otros suelos de interés agrario (122/000321), pero xa é hora de que as políticas de conservación teñan en consideración […]

A pasarela que une o edificio principal da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación coa ampliación do centro luce xa un novo aspecto. O alumno de doutoramento da Facultade de Belas Artes Iñaki Pérez Folgado é o autor da instalación artística coa que gañou o concurso impulsado pola escola viguesa en colaboración co Doutoramento en Creación e […]

O vindeiro 1 de febreiro bota a andar o segundo cuadrimestre, unha vez rematen os exames, e con el unha nova convocatoria de cursos do Centro de Linguas. Para esta segunda parte do curso académico ofértase docencia de alemán, chinés, español para estranxeiros, inglés e portugués. Ademais, ao longo desta semana, antes de arranquen os cursos […]

“Rally post-covid”. Así describen a nova edición do curso introdutivo á bolsa os seus organizadores, José Luis Sáez Ocejo e Trinidad González-Portela, profesores do Departamento de Economía Financeira e Contabilidade e de Organización de Empresas e Márketing. Convocado anualmente pola Universidade de Vigo co obxectivo de complementar a formación do alumnado nunha materia cambiante, este […]

Para as persoas con algún tipo de limitación auditiva os medios audiovisuais poden supor unha barreira infranqueable e precisan do apoio da interpretación simultánea que converta a voz nun texto lexible para eles. Ese proceso de subtitulación, tanto de español-español como de inglés-español, é no que se centra o curso de especialista en interpretación simultánea de […]

CharlieSays botou a andar cando a tía de Juan Abia lle propuxo a este estudante de cuarto curso do Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática da Universidade de Vigo que desenvolvese para o seu Traballo de Fin de Grao (TFG) un sistema que permitise a comunicación con Carlos, o seu fillo e curmán de […]

O alumnado galegofalante toma a palabra no almanaque da Área de Normalización Lingüística

Coincidindo co inicio do ano, a Área de Normalización Lingüística, ANL, acaba de difundir o seu almanaque, que en cada edición se ocupa dunha temática relacionada co galego. Co fin de expoñer as vivencias dos galegofalantes no eido universitario, neste novo documento toman a palabra os estudantes e cada un dos doce meses de 2021 está […]

A Universidade estrea o pavillón universitario como sede para a realización de exames

As estritas medidas de seguridade fronte á covid-19 fan necesario este ano incrementar os lugares dispoñibles para a realización de exames e, neste contexto, a Universidade de Vigo empregou este luns por primeira vez na súa historia as instalacións do pavillón de deportes do campus de Vigo para facer estas probas, unha medida que chega […]

Un consorcio europeo impulsa o proxecto IM-SAFE para actualizar o estándar de control e seguridade das infraestruturas de transporte

O viaduto Polcevera, tamén coñecido como ponte Morandi, en Xénova, viuse abaixo en agosto de 2018 levándose con el a vida de preto de medio cento de persoas. O seu derrubamento causou un fondo impacto en Italia tanto pola cantidade de vítimas como porque non se tiña detectado ningún tipo de problema técnico que fixera […]

Ademais de acadar todos os obxectivos previstos, o proxecto de investigación ILSA (Interlingual Live Subtitling for Access), liderado polo grupo de investigación GALMA, da Universidade de Vigo, acaba de chegar ao seu fin acadando, grazas á pandemia, máis relevancia da inicialmente prevista. “O que intentabamos aquí era contribuír ao desenvolvemento dunha nova profesión e dun […]

A UVigo pon a disposición dos seus centros 150 prazas para a realización de exames no edificio de Zona Franca en López Mora

Aquelas escolas e facultades do campus de Vigo que por mor da covid precisen máis espazo do que actualmente teñen para a realización de exames, poderán dispor nas próxima semanas de entre 140 e 150 prazas no edificio da rúa López Mora que albergaba o centro de informática de Caixanova e que agora é propiedade […]

1 2 3 17