🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

A Xunta financia 86 propostas planificadas e protagonizadas pola mocidade ao abeiro do programa Iniciativa Xove

A Xunta de Galicia financia, ao abeiro do programa Iniciativa Xove, 86 proxectos liderados pola xuventude e nos cales as persoas novas son as protagonistas, a través da participación activa na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución das axudas que contan cun orzamento […]

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reforzará o persoal dos centros educativos con 543 docentes de apoio (221 para Primaria e 322 para ESO) contratados a media xornada para o desenvolvemento da iniciativa de Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación dirixidas a centros públicos de primaria e secundaria (ARCO), que contará cun orzamento […]

A Xunta lanza unha convocatoria extraordinaria de 300.000 euros para mellorar a oferta de bibliotecas e axencias de lectura

A Xunta de Galicia vén de abrir unha convocatoria extraordinaria das axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e mellorar as coleccións bibliográficas e axencias públicas de lectura integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia por 300.000 euros. Súmase á convocada a principios de ano, xa resolta, da que se beneficiaron 186 concellos […]

A Xunta de Galicia concede axudas por máis de 145.000 euros para fomentar a realización de actividades de voluntariado en entidades de acción voluntaria de carácter privado. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a relación completa coas 114 entidades beneficiadas desta convocatoria de achegas económicas. Con esta orde, a Xunta financia as actuacións de sensibilización […]

O alumnado contará cun Plan de reforzo para recuperar as aprendizaxes non adquiridas no curso 2019/20

O alumnado galego contará con plans de reforzo e recuperación, elaborados polos equipos docentes, coa finalidade de que recupere as aprendizaxes imprescindibles non adquiridas no curso anterior. Así se establece nas instrucións que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar para o desenvolvemento do curso 2020/2021, tendo en conta a situación […]

Preto de 4.500 galegos participarán desde setembro en ‘Elixe Galicia’, o programa da Xunta de impulso ao turismo interno

Preto de 4.500 galegos participarán desde setembro na primeira edición do programa da Xunta para o fomento do turismo interno Elixe Galicia. A iniciativa, que foi lanzada a principios de ano e tivo que modificar o seu calendario coa declaración do estado de alarma, vén de publicar a listaxe dos beneficiarios desta convocatoria, un total […]

Educación destina 40.000 euros ás axudas complementarias do programa Erasmus+ para o alumnado de ensinanzas artísticas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional destina un total de 40.000 euros ás axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+ para o alumnado que cursou ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia e que participou neste programa de mobilidade no curso 2019/2020. O Diario […]

A Xunta amplía o orzamento destinado a financiar programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se amplía en algo máis de 24.000 euros o orzamento da convocatoria de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para que desenvolvan programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, co obxectivo de atender a todas as solicitudes presentadas. Trátase […]

A Xunta aproba o regulamento e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que aproba o Regulamento e o Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego, ademais de nomear un Consello Regulador provisorio. Así, o Regulamento establece que as características que debe ter o pan para poder acollerse a esta IXP de […]

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, vén de publicar no portal educativo a relación de centros participantes no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE). Un total de 32 centros de ensino participarán o vindeiro curso nesta iniciativa, a través da que o alumnado de centros públicos integrados, institutos […]

A Xunta de Galicia vén de resolver a concesión de axudas para obras de mellora e adquisición de equipamento en centros de menores xestionados por entidades de iniciativa social. O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe publica a listaxe de centros e entidades beneficiados destas achegas económicas, que ascenden a un montante global de 625.000 euros. […]

A Xunta convoca a primeira edición da Bandeira Verde de Galicia, á que os concellos poderán presentarse ata o 21 de setembro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se regulan as bases para a concesión da Bandeira Verde de Galicia, un novo distintivo de boas prácticas co que a Xunta quere recoñecer e premiar a aqueles concellos que destaquen polo seu traballo a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente. Poderán […]

Mañá abre o prazo de solicitude do Bono Concilia para axudar ás familias a pagar unha praza nunha escola infantil da súa elección

A Xunta de Galicia abre mañá, e ata o 27 de agosto, o prazo de solicitude do Bono Concilia, unha prestación de entre 45 e 250 euros mensuais para axudar as familias a pagar unha praza para os seus fillos na escola infantil da súa elección, naqueles casos nos que non obtivesen praza nun centro […]

A Xunta facilita a tramitación das reclamacións dos gastos de hipoteca vinculados a cláusulas declaradas abusivas

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na Estrada nun encontro informativo sobre a devolución dos gastos hipotecarios organizado pola Federación Galega Euroconsumo, unha xuntanza na que se avaliou a sentenza ditada o pasado 16 de xullo polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) no relativo aos gastos de hipoteca […]

A Amtega presenta o 30 de xullo o programa formativo aceleratech para facilitar a inmersión tecnolóxica das pemes

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presenta o vindeiro 30 de xullo o programa formativo “AceleraTech, impulsando a transición dixital”, que se comezará en outubro. AceleraTech dirixido tanto ás pemes galegas como ao seu persoal directivo para que as tecnoloxías disruptivas máis relevantes e os beneficios e condicionantes necesarios para integralas na […]

A Xunta pon a disposición da cidadanía información detallada e un modelo de reclamación dos gastos de hipoteca vinculados a cláusulas declaradas abusivas

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, mantivo esta mañá unha reunión informativa por videoconferencia con representantes do Consello Galego de Consumidores e Usuarios co obxectivo de avaliar a sentenza ditada o pasado 16 de xullo polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) no relativo aos gastos de hipoteca vinculados a cláusulas […]

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Mar pola que se establece a veda para a pesca do choco na ría de Arousa, que empezará o 1 de agosto e se prolongará ata o 31 de outubro, ambos días incluídos. A Xunta establece este ano por segunda vez esta medida nesta ría […]

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de publicar hoxe a resolución coa listaxe das 11 asociacións profesionais e empresariais ás que se concederon axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, que se corresponden coa convocatoria deste ano 2020. No seguinte enlace ao DOG poden consultarse as subvencións concedidas a […]

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se somete ao procedemento de información pública e audiencia o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de conservación do espazo natural de interese local (ENIL) Complexo Duna e Areal do Vao-Baluarte, no Concello de Vigo. Deste xeito, o documento encara a recta […]

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, xunto cos conselleiros de Cultura de Andalucía, Estremadura e Castela e León presentaron este martes en Mérida o proxecto conxunto El Camino de la Plata, promovido por estas catro comunidades co obxectivo de impulsar a Vía da Prata, destacando a súa riqueza patrimonial e cultural e o […]

A Xunta impulsa a posta en marcha do proxecto ‘Cara a unha escena plural’ para reforzar o sector da danza en Galicia

A Xunta de Galicia apoia economicamente a posta en marcha do proxecto Cara a unha escena plural, que nace co obxectivo de procurar unha presenza regular e estable da danza e das artes do movemento na oferta cultural galega, ademais de favorecer a sensibilización do público diante destas propostas. Así mesmo, búscase ampliar a visibilidade […]

Educación concede o Selo Biblioteca Escolar Solidaria ao CEIP Seis do Nadal de Vigo, un recoñecemento do seu traballo a prol da igualdade e a inclusión

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de conceder a 10 centros educativos o Selo Biblioteca Escolar Solidaria, mentres que outros 10 foron seleccionados en relación coa iniciativa Voluntariado de Lectura-A, tal e como publica Portal Educativo. Ambas accións -que a Consellería pon en marcha en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado- están […]

A escolas infantís de 0 a 3 anos da rede autonómica A Galiña Azul abrirán o vindeiro curso escolar 2020/2021 con 8.200 nenas e nenos con praza, o que supón o 76% das 10.800 solicitudes presentadas con toda a documentación requirida e 300 admitidos menos que no presente curso. A listaxe definitiva pódese consultar nas […]

A Xunta lembra que ata o vindeiro 30 de xullo se poden solicitar os préstamos a interese cero habilitados pola Consellería do Medio Rural para anticipar a uns 27.000 agricultores e gandeiros galegos ata 210 millóns de euros da PAC. Tras o acordo entre o Goberno galego e varias entidades financeiras, os produtores poderán ingresar […]

Medio Ambiente actualiza a base topográfica de Galicia ao incorporar a totalidade da rede hidrográfica e revisar máis de 1,5 millóns de edificacións

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio, vén de actualizar a Base Topográfica de Galicia 10k, ao incorporar e ampliar a información dispoñible. A actualización desta base de datos permitiu incorporar a totalidade da rede hidrográfica e a revisión e mellorar posicional de máis de 1,5 […]

A Xunta sinala a transformación dixital e as medidas de prevención fronte á covid-19 como claves para a reactivación do comercio

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, sinalou hoxe nun webinario sobre o novo comercio impulsado polo centro ourensán La Molinera que a aposta pola transformación dixital e a implantación de medidas de prevención fronte á covid-19 son claves para a reactivación do comercio de proximidade, combinando as vendas físicas coas vendas en […]

A Xunta lembra que ata o vindeiro día 20 de setembro permanecerá aberto o prazo para solicitar as axudas destinadas ao subministro de froita fresca, castañas e leite aos centros escolares galegos durante o curso 2020-2021. Poderán acceder a estas achegas tanto os propios centros escolares como as persoas físicas ou xurídicas que se dediquen […]

A Xunta de Galicia vén de abrir unha nova convocatoria de axudas que ten como obxectivo favorecer a contratación de persoas técnicas especialistas en organismos intermedios para que proporcionen asesoramento ás pemes galegas en materias relacionadas coas novas necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico xerado pola covid-19. O Goberno galego destinará un total de 8M€ a […]

Medio Ambiente renova por 430.000 euros o contrato para o mantemento das 14 estacións da rede de calidade do aire de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de asinar a prórroga do contrato para o servizo de mantemento das 14 estacións titularidade da Xunta da Rede de Control do Aire de Galicia, polo que durante os vindeiros 24 meses a empresa Envira Sostenible SA encargarase das actuacións de mantemento e conservación destes dispositivos. […]

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a resolución do 6 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2020/21, e se […]

Educación convoca os premios de excelencia académica ao alumnado de grao das universidades galegas

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de convocar no Diario Oficial de Galicia os premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivo as mellores cualificacións no curso 2018/19 no Sistema Universitario de Galicia (SUG) en cada un dos cursos de grao, agás o último. O orzamento total da convocatoria ascende […]

A Xunta apoia 192 proxectos de biomasa que mobilizarán 2M€ e permitirán un aforro anual de 200.000 euros na factura enerxética das familias do rural galego

A Xunta apoiará un total de 192 proxectos de biomasa en zonas rurais de Galicia que permitirán promover instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen a biomasa como combustible. O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución destas axudas ás que se destinan 0,95M€ e que mobilizarán 2M€, contribuíndo así á dinamización económica […]

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas destinadas ás entidades locais galegas para a promoción da igualdade, que con esta ampliación de 215.051 euros acadan un investimento total de 6,6 millóns de euros. Cómpre lembrar que esta liña de axudas xa contemplaba que o orzamento inicial […]

Preto de 2,2 millóns de galegos están chamados mañá a votar nunhas 4.000 mesas repartidas por 2.400 colexios electorais

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou hoxe o centro de prensa dende onde mañá se difundirán os resultados das Eleccións ao Parlamento de Galicia, nas que están chamados a votar 2.234.152 galegos, nas 3.952 mesas distribuídas polos 2.395 colexios electorais. Alfonso Rueda estivo acompañado do director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, que […]

A Xunta publica unha nova convocatoria para conceder 6 prazas de colaboradores -3 homes e 3 mulleres- no centro galego de tecnificación deportiva

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, e se procede […]

O DOG publica hoxe o decreto de aprobación do Regulamento da Lei de protección da paisaxe, que entrará en vigor o 28 de xullo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto polo que se aproba o Regulamento da Lei de protección da paisaxe de Galicia, que entrará en vigor aos 20 días desde a súa publicación, é dicir, o vindeiro 28 de xullo. Así, Galicia consolídase como unha comunidade pioneira nesta materia, xa que se converte na única rexión […]

Galicia rexistra un total de 258 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 258, deles 40 son da área da Coruña, 117 da de Lugo, 5 da de Ourense, 2 da de Pontevedra, 77 da área de Vigo, 13 da de Santiago, […]

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Mobilidade que establece que a partir de mañá, día 1 de xullo, deberán repoñerse o 100% os servizos de autobús de competencia autonómica que se realicen dentro dunha mesma provincia. No caso dos servizos que operen entre provincias, a oferta de expedicións […]

A Xunta amplía as axudas ao talento audiovisual un 14% ata os 178.000 euros para chegar a 19 proxectos beneficiarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución pola que a Xunta modifica a convocatoria de subvencións ao talento audiovisual galego para ampliar ata 178.000 euros a súa dotación económica e ata 19 o número de proxectos beneficiarios. Trátase dun incremento do 14% respecto da contía inicialmente convocada, co que se materializa unha das medidas de […]

A Xunta dá a coñecer a listaxe provisional de admitidos nas escolas infantís públicas autonómicas para o novo curso 2020/2021

A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe a listaxe provisional de admitidos nas escolas infantís públicas de titularidade autonómica para o vindeiro curso 2020/2021 que ascende a 7893 nenas e nenos, o que supón o 73,4% das solicitudes presentadas. A relación completa pódese consultar na páxina web da Consellería de Política Social. De cara ao […]