A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa asociacion ‘Si, hai saída’ de loita contra a violencia de xénero

Publicado por o día 11/07/2017 na sección de Xunta de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade reúnese coa asociacion ‘Si, hai saída’ de loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse esta mañá coa presidenta da asociación de loita contra a violencia de xénero ‘Si, hai saída’, Marta Rodríguez Engroba.

López Abella valorou o traballo de asociacións como esta, que busca facer visible en todos os ámbitos da sociedade a terrible lacra que supón a violencia de xénero. Neste sentido, considerou que as administracións deben poñer en valor o papel que desenvolven estas organizacións, xa que coas súas actuacións dan resposta ás demandas de moitas mulleres, traballan a prol da igualdade e loitan contra a violencia de xénero.