Segue o sen vivir de Enfermería, Auxiliares de enfermería e Celadores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, así nolo contan

Por o 27/03/2018 | Sección: Galicia,Sanidad,Santiago
Segue o sen vivir de Enfermería, Auxiliares de enfermería e Celadores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, así nolo contan
Compartir en:

O persoal do Servizo de Urxencias do CHUS (Enfermería, Auxiliares de enfermería e Celadores), concretamente seguimos coas accións de protesta e denuncia pública do que consideramos unha situación de deixamento por parte dos órganos xestores do Complexo, que derivou nunhas condicións de precariedade do Servizo debidas á falta de renovación dos recursos materiais e de actualización no dimensionamento dos cadros de persoal, que non se adecúan á crecente demanda asistencial. Isto dá lugar a un ambiente laboral de presión e inseguridade inasumible para os traballadores, que nos vemos obrigados a soportar unha carga de traballo impropia e excesiva, o que redunda nunha importante merma da calidade asistencial que podemos ofrecer ós usuarios.

Dentro destas accións, fai unhas datas que vimos de manter diversas xuntanzas cos voceiros en materia de Sanidade dos 4 grupos parlamentarios (PP, PSOE, Marea e BNG) que resultaron no plantexamento dunha pregunta en Plenario do pasado día 21 de Marzo ó Conselleiro de Sanidade. En dita cuestión expoñíase claramente o descontento dos profesionais ante a falta de iniciativa por parte da Xerencia para dar solucións ós graves problemas das Urxencias do CHUS, dos que lles vimos dando conta en recentes reunións.

A raíz desta intervención do Conselleiro, e en contra do que agardabamos que fora unha resposta responsable e coherente, na que se sensibilizara coa problemática do noso Servizo e se comprometera alomenos a interesarse pola mesma, o Sr. Almuíña non fixo máis que abundar na actitude que xa estamos a sufrir por parte dos responsables máis directos do Complexo, ousexa
negar públicamente a evidencia dunha preocupante realidade para traballadores e usuarios das Urxencias do CHUS.

A resposta do Conselleiro non fai máis ca aumentar a nosa indignación, xa que no canto de interesarse polos problemas do Servizo e intentar mediar na búsqueda de solucións, ignorou descaradamente as nosas demandas, e tivo a pouca delicadeza de respostar simplemente dando lectura a unha relación de datos estatísticos que pouco ou nada tiñan que ver co que se lle preguntaba, enchendo de forma valdía o tempo que tiña asignado para a súa réplica. En ningún momento aportou opinión propia sobre a situación que se lle plantexou, demostrando un preocupante desinterese polo lamentable esceario no que se encontran as nosas Urxencias.

Desaproveitou o Sr. Almuíña unha boa oportunidade de amosar públicamente a súa sensibilidade cunha prolemática que deriva da inacción por parte da actual e anteriores Xerencias, e que teñen ó noso Servizo nunha situación de abandono reflexada no déficit de recursos, e da que el tamén é parte interesada e responsable como Conselleiro de Sanidade. Mesmo foi convidado para chegarse a falar cos traballadores que alí se encontraban presenciando o Plenario, pero non considerou que o conflito merecese tal concesión. Iso sí, na súa intervención sí que se amosou “orgulloso” do bo facer e da actitude dos profesionais no día a día do Servizo. Louvanza que non podemos devolverlle despois do que consideramos un desplante e evidente falta de preocupación pola nosa precaria situación, reflexados nunha comparecencia que máis que propoñer solucións só amosa a súa intención por tratar de camuflar unha triste realidade de falta de inversión nas Urxencias. Para iso, non dubida o Conselleiro en manipular e inflar os datos referidos ós recursos, recitando cfras que corresponden ós Serizos de Urxencias de adultos e pediatría conxuntamente; cando son éstes independentes o un do outro, con material e persoal propio; e non estando os compañeiros de pediatría dentro das nosas demandas.

Ademáis, no seu afán por avultar os datos sobre os recursos dispoñibles, o cal da mostra de que mesmo a el lle parece claro que son evidentemente insuficientes, volve a non decir toda a verdade cando numera como material propio do Servizo certos aparatos que, si ben hai o compromiso de adquirilos, a día de hoxe aínda seguimos agardando poder contar con eles.

Volve a estar pouco áxil e falto de tacto o Sr Almuíña cando afirma que a nosa dotación de persoal é a adecuada e anima a comparala coa de calquera outro hospital, xa que el coñece perfectamente que Centros cercanos ó noso e con unhas cifras equiparables de asistencias a Urxencias, como son Vigo ou Coruña, están a traballar con cadros de persoal significativamente mellor dotados. Xa que logo nestes Serizos contan con 2-3 profesionais máis por turno dos que dispoñemos en Santiago, tanto nas categorías de Enfermería, Auxiliares de Enfermería como de Celadores; tal e como vimos informando nas últimas datas.

Por todo o exposto, consideramos que dende a Administración se rexeitou unha boa oportunidade de achegarse e mediar na procura de solucións para unha problemática que vimos denunciando dende hai uns meses, e que trala intervención do Conselleiro queda palpable que non é só resultado dunha mala xestión por parte da Xerencia do Complexo, senón que semella reflexar o modus operandi do propio partido de goberno como responsable último da xestión da Sanidade na nosa Comunidade, e que lonxe de interesarse polos problemas das nosas Urxencias adopta a actitude de mirar cara outro lado.

Dende logo os traballadores seguiremos coas accións de demanda de recursos que estimamos xustos e necesarios en prol de conseguir a valoración e respecto para os profesionais e a mellora da calidade asistencial nun Srervizo ó que nós si queremos e nos preocupa.

Esperamos contar tamén coa comprensión e apoio dos cidadáns como parte claramente implicada na mellora da asistencia nas Urxencias. Xa que logo, o Conselleiro de Sanidade ten a errónea impresión de que os usuarios non perciben esta falta de calidade, xactándose na súa intervención de que no último ano só se rexistraron por escrito 175 reclamacións por parte dos pacientes. Evidentemente escápanselle ó Sr Almuíña os conflitos e queixas que a diario temos que soportar os traballadores, que servimos de inxusto parapeto contra as protestas dos usuarios ante os problemas derivados dos déficits que nós mesmos estamos a denunciar; e que, nin son creados por nós nin nas nosas mans está darlle solución