Seguen á baixa os casos activos da COVID en Galicia e a área de Vigo e a que máis baixa

A cifra de hospitalizados baixa levemente tanto en UCI (-3) como en planta (-2)
Publicado por o día 04/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Seguen á baixa os casos activos da COVID en Galicia e a área de Vigo e a que máis baixa

Os casos activos volven baixar: hai 7.136, 283 menos ca onte. Redúcense en todas as áreas sanitarias, con especial forza na de Vigo. O número de contaxios notificados por PCR polo Sergas é de 290, sesenta menos respecto aos novos contaxios de onte.

Frea a baixada de hospitalizados

Logo de varias xornadas con datos positivos relativos á presión hospitalaria, o decrecemento de hospitalizados desacelérase hoxe. O número de persoas ingresadas en planta é de 347 (-2) e en UCI de 62 (-3).

A cifra que segue incrementándose diariamente é a de vítimas. A pandemia custoulle a vida no país a 1.236, logo de que o Sergas notificase onte o deceso de oito persoas.

Baixan as PCR e aumenta a positividade

Outro día máis volven caer as probas PCR. O Sergas informa na súa web de 5.118 probas, 1.127 menos ca onte.  Está moi por debaixo da media desta última semana -5.964,57-, que xa era baixa respecto á de semanas anteriores -6.699,43 e 7.313,71-.

Delas, deron positivo 290, o que deixa unha taxa de positividade lixeiramente máis elevada ca onte -5,67%, 0,7 máis ca onte-. Está algo por riba da media desta última semana -5,12%-, que se foi estabilizando ao longo dos últimos días arredor do 5% recomendado pola OMS.

Por áreas sanitarias

• Vigo: 1.869 (-108)
• A Coruña1.472 (-53)
• Pontevedra: 1.065 (-41)
• Lugo: 858 (-27)
• Santiago: 821 (-4)
• Ourense: 436 (-14)
• Ferrol: 615 (-36)