Seguen facendo presión para o indulto para Carlos e Serafín, non pararán ata conseguilo

A cidadanía de Vigo mais os sindicatos CIG, CC.OO e UGT seguen facendo presión para o indulto para Carlos e Serafín, non pararán ata conseguilo
Publicado por o día 20/01/2017 na sección de CC.OO,CIG,Protestas,Sindicatos,UGT,Vigo

Seguen facendo presión para o indulto para Carlos e Serafín, non pararán ata conseguilo

Os sindicatos volveron á rúa do Príncipe na súa primeira concentración do ano, levan saindo a rúa desde hai tres anos, concentración a que congregou tamén a numerosas persoas as cales levan incesantemente apoiándolles, dita concentración fíxose nas portas do MARCO á hora de todas as anteriores ás 20h, esta foi baixo unha temperatura xelida. Foi no día de onte os sindicatos CIG, CC.OO e UGT seguen facendo presión para o indulto para Carlos e Serafín, non pararan ata conseguilo.

Os sindicalistas vigueses Carlos e Serafín, condenados a unha pena de prisión por participar nun piquete informativo dunha folga de transporte en 2008, continúan esperando polo indulto por parte do Goberno que segue sen pronunciarse tras tres anos de protestas.