Seguen sen concretar os prazos para a aprobación definitiva e execución do plan de acción contra o ruido en Teis

O ministerio de fomento, segue sen concretar prazos para a aprobación definitiva e execución do plan acción contra o ruido
Publicado por o día 26/12/2018 na sección de A.V. Teis,Galicia,Social,Vigo

Seguen sen concretar os prazos para a aprobación definitiva e execución do plan de acción contra o ruido en Teis

O pasado 29 de novembro, as asociaciones veciñales de Teis e Chapela dirixiuse por escrito, a Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento, solicitando información sobre o estado de tramitación do Plan de Acción contra o Ruído 2ª fase, que afecta a autoestrada AP9.

Este Plan de Acción contra o Ruído, someteuse a información pública o 26 de novembro de 2016, BOE número 286, logo de dous anos  aínda non se reponderon as alegacións e non se procedeu  a aprobación definitiva  do mesmo.

A pasada semana a Secretaría de Infraestruturas,Transporte e Vivenda,  responde a esta última carta. Nesta carta sinala unha vez mais, que se está realizando o informe de alegacións e  logo que debe procederse a súa aprobación e execución. Achego escrito.

O Ministerio de Fomento, non concretar prazos para aprobación nin para a  execución do Plan.

Desde as asociaciones sinalan e lembran que este Plan, catalogo a zona de Teis, como de alto conflito polo elevado número de persoas explotas a niveles  de ruído por enriba do tolerable.

O plan recolle como posíbeis actuacións a instalación de pantallas acústicas, pavimentos fonoabsorbentes, redución dos límites de velocidade, etc.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideran escandaloso  que cada vez que preguntamos pola tramitación deste Plan, a resposta sexa a sempre a mesma a elaboración de informes. Despois de dous anos seguimos sen prazos  para a aprobación e execución do Plan, subliñan.

No caso da autoestrada AP9, é unha vergoña que desde Rande até o centro da cidade de Vigo, non exista nin un só metro de pantalla acústica ou barreiras contra o ruído, para reducir o impacto medio ambiental desta infraestrutura en Teis e Chapela. Temos que ir até  o norte de Portugal para comprobar como en todas as autovías (A3, A27 ou A28) que no entorno de núcleos de vivendas existente pantallas ou barreiras contra o ruído.