O seguimento da folga nos centros sanitarios na quenda de tarde é do 2,11% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

Publicado por o día 03/11/2017 na sección de Sanidad

O seguimento da folga nos centros sanitarios na quenda de tarde é do 2,11% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos

A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde informan que a folga convocada pola organización sindical CIG para o día de hoxe foi secundada nos centros asistenciais do Servizo Galego de Saúde na quenda de tarde por un 2,11% do total dos convocados.

Por Estruturas Organizativas de Xestión Integrada, o seguimento na quenda de tarde foi do 2,56% na Coruña, do 3,92% na de Ferrol, do 2,05% na de Santiago, do 1,43% na de Pontevedra, do 2,98% na de Vigo, do 0,46% na de Lugo, e do 0,62% na de Ourense. Nas entidades adscritas (axencias, fundacións e empresa pública) o seguimento foi do 5,51%.

A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada foi do 100%.