“Seguimos no localismo que está a matar ao noso país; temos tres aeroportos que os tres xuntos apenas fan un”

Publicado por o día 31/05/2018 na sección de Compromiso por Galicia,Política

“Seguimos no localismo que está a matar ao noso país; temos tres aeroportos que os tres xuntos apenas fan un”

Xoán Antonio Cortés, secretario local dos galeguistas en Vigo, falou nestes termos sobre o recentemente convocado “comite de rutas” onde seguen a desputarse entre as tres cidades os destinos aeroportuarios. Neste tema anota que non podemos permitirnos estar a subvencionar tres aeroportos para un total de tránsito de pasaxeiros que non chega nen aos 5 millóns en total, cando por exemplo o de Porto move sobre 7 millóns no ano.
Desde Compromiso por Galicia apostan por invertir nunha rede de cercanias que optimize as conexións entre vilas e cidades e “transfers” directos a Lavacolla desde as grandes areas urbanas galegas, que están situadas a menos de 100 km, isto cambiaria o mapa aeroportuario galego e con el a conectividade do noso país co resto do mundo.
PARA OS GALEGUISTAS A CHEGADA DO AVE MARCARÁ UN ANTES E UN DESPOIS PARA O SISTEMA DE TRES AEROPORTOS EN GALICIA.
Nesta reestructuración do sistema de conexións de Galicia co mundo, a chegada do Tren de Alta Velocidade suporá unha forte competencia para os aeroportos. Neste sentido desde Compromiso por Galicia entenden mais do que necesario un debate serio sobre a conectividade futura de Galicia e que debe ser feito con tempo suficiente para racionalizar os custos do cambio necesario.