Seguirán sen modificarse as escalas do SPDCIF

Vergoñosa actuación dos grupos parlamentarios na tramitación da lei de acompañamento
Publicado por o día 19/12/2017 na sección de CSIF,Sindicatos

Seguirán sen modificarse as escalas do SPDCIF

O Director Xeral da Función Pública afirmou, tras demostrarse o seu deixamento ao non propoñer a modificación das escalas de persoal funcionario do SPDCIF no proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas, que sería o grupo parlamentario popular o que propoñería dita modificación na súa tramitación no Parlamento. Posteriormente dita afirmación tamén se demostrou falsa ao comprobarse que o grupo popular non presentou emenda algunha respecto diso.

Descuberto o engano, o Director Xeral da función pública galega volveu recorrer á mentira, afirmando que non había problema xa que se modificarían as escalas negociando unha emenda transaccional co PSOE, que si propuxera cambios nas escalas.

Pois nin con esas. Visto o texto definitivo nada de nada. Nin transaccional nin hostias. Unha mentiramás do noso Director Xeral.

Se co PP o panorama é desolador, o resto non queda atrás. Ao PSOE non se lle ocorreu outra cousa para mellorar a loita contra os incendios forestais, e defender de paso aos empregados públicos do SPDCIF, que propoñer a creación dun novo chiringuito.

A AXENCIA PARA A PROTECCIÓN DO MONTE DE GALICIA, para a que propoñen como obxectivo, entre outros, a coordinación dos medios contra os incendios forestais, asumindo os medios persoais e materiais que corresponden na actualidade á Consellería do Medio Rural. É dicir, o PSOE quérenos mandar a un chiringuito.

Esta proposta do grupo socialista, que sorprende non aceptase o PP, lémbranos os mellores tempos do goberno bipartito – cando se creou SEAGA – e demostra que non aprenderon nada.

E se alguén se pregunta polos outros dous grupos parlamentarios pois nada de nada… nin están nin se lles espera… salvo para defender os intereses de SEAGA.

E mentres os responsables da Consellería do Medio Rural fumándose un puro… A próxima semana finaliza a tramitación da lei e informaremos do resultado…