A segunda fase das escaleiras mecánicas da II República vai collendo forma e anunciase o seu remate

Publicado por o día 01/03/2018 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

A segunda fase das escaleiras mecánicas da II República vai collendo forma e anunciase o seu remate

En rolda de prensa, o alcalde deu traslado da aprobación do modificado a custe cero do proxecto da segunda fase das escaleiras mecánicas de II República, entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez. Así, desprazouse lixeiramente a instalación co obxectivo de salvagardar os restos arqueolóxicos atopados nas sondaxes realizadas. Abel Caballero avanzou que as escaleiras estarán operativas a finais de marzo.