Segundo o BNG, desvincularse das Ludotecas; o obxectivo do goberno de Javier Bas

Afirman que cos 21.000 euros pagados a George Dann no Entroido de Verán, teríase organizado a actividade durante o mes de agosto.
Por o 24/08/2017 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela

En referenza as informacións verquidas dende o goberno municipal de Redondela, sobre a organización das Ludotecas de Verán, dende o BNG consideran que “hai realidades incontestábeis. En Reboreda, Cedeira e Cesantes, por iniciativa de diferentes asociacións dáselle resposta ás demandas das familias. Tamén sabemos que en Chapela, tentouse organizar entre as ANPAs”.

O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González considera que se deixa no desamparo máis absoluto, a numerosas familias. “O obxectivo, dende o goberno municipal, consiste en desvincularse da actividade, cargando con esta responsabilidade ás asociacións parroquiais”.

Considera que se trata dunha nova mostra do interese do goberno municipal por desmantelar un servizo de carácter social. Afirma que cos 21.000 euros que se lle pagou a George Dann no Entroido de Verán, “teríase ofertado a Ludoteca no mes de agosto en todas as parroquias, traducíndose nun maior beneficio social. Todo depende das prioridades do goberno municipal”.

Recorda Xoán Carlos González, que as Ludotecas puxéronse en marcha dende unha concellaría do BNG co obxectivo dun lecer de calidade para cativos e cativas de 4 a 14 anos. “Non só se chegou a cubrir o mes de xullo e agosto, en función da demanda e sen que existiran máis restriccións que o compromiso das familias. Mesmo se chegaron a organizar ludotecas nalgunhas parroquias o resto de meses do ano, co que respostábase a unha incipiente demanda social”. Considera que as informacións verquidas dende o goberno de Javier Bas, “carecen de credibilidade, non sabemos se por descoñecemento, ou por intento de manipular á veciñanza”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.