Segundo falecido en Galicia polo COVID19 no Montecelo de Pontevedra

Publicado por o día 15/03/2020 na sección de Galicia,Pontevedra,Salud,Sanidad

Segundo falecido en Galicia polo COVID19 no Montecelo de Pontevedra

Dez días despois da detección na Comunidade do primeiro caso de infección por coronavirus, este sábado faleceron as dúas primeiras persoas con coronavirus, unha muller de 92 anos con múltiple patoloxía, da área de Vigo, que se atopaba ingresada en Povisa (tratábase dun caso importado) e un home de 81 anos, tamén con varias patoloxías, que morreu no Montecelo de Pontevedra e que viñera de vacacións dende Madrid.

No conxunto de España o número de casos vai xa polos 7.753, e son 288 os falecidos. Rexistráronse 517 alta e hai 382 persoas na UCI.

Comentar noticia

Your email address will not be published.