Segundo o BNG, Javier Bas renuncia a defender ás mariscadoras de Redondela

Por o 29/03/2019 | Sección: BNG,Galicia,Política,Redondela
Segundo o BNG, Javier Bas renuncia a defender ás mariscadoras de Redondela

Para o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, “o alcalde agóchase detrás dun informe considerando que rexeitar as avusivas subas á Seguridade Social das mariscadoras, non é unha competencia de Redondela”. Na sesión deste mes, únicamente se debaterán iniciativas de AER.

A decisión tomada por parte da alcaldía, sobre a tipoloxía de mocións a debater, non sentou nada ben no seo da organización nacionalista. Considera o voceiro desta formación que se trata “dunha iniciativa caprichosa do alcalde, que renuncia á defensa dos intereses da veciñanza”. Para o voceiro do BNG, “únicamente se confirma o que xa todo mundo sabe, que Javier Bas evita debater con nós porque perde todos e cada un dos enfrontamentos dialécticos”. Tamén considera, que se rachou un acordo tácito entre as forzas políticas para prantexar os debates políticos, polo que “Javier Bas volve demostrar que non está á altura do seu cargo”.

Para a sesión plenaria de marzo dende o grupo municipal nacionalista, presentouse unha moción sobre a problemática creada polas suba das cotizacións á seguridade social “dun sector tan relevante como o das mariscadoras”. En moitos casos esta suba acordada en Madrid por PP, PSOE, Cidadáns, e Podemos, supuxeron a incremento de ata un 27’6%. Medidas, que en palabras do nacionalista, “van claramente en contra da supervivencia e do futuro do sector”.

Recorda o edil do BNG, que o do marisqueo a pé, “constitúe un sector altamente feminizado. Quen novamente volve sufrir unha discriminación, son as mulleres, que no caso concreto do noso concello afecta a 120 traballadoras”. A situación agrábase en moitos meses do ano, cando os ingresos deste colectivo, redúcese significativamente.

Todas estas medidas leváronse a cabo de costas a un sector que está producindo riqueza económica, tamén en Redondela. Sen prantexar un debate previo, “nin tan sequera coñecer as súas problemáticas, afirma Xoán Carlos González, tómanse medidas que non lles benefician”. As subas destas cotizacións, non supoñen melloras nas bases de cotizacións, polo que agora pagan máis sen mellorar futuras prestacións durante a xubilación.

Nos acordos recollíase que o alcalde de Redondela mediara cos representantes tanto da Xunta como do Instituto Social da Mariña, como ente no que cotizan as mariscadoras, para que se reprantexe esta cuestión. “Ante a negativa de Javier Bas, de poder chegar a acordos terá que ser novamente o BNG quen defenda ao sector tanto no Parlamento Galego, como no Congreso a partires de maio”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.