Seis de cada dez persoas que están sen traballar en Galiza non perciben ningunha prestación

O paro volveu medrar no mes de agosto, con 1640 persoas máis, situándose nun total de 176.951
Publicado por o día 07/09/2020 na sección de Emprego,Galicia

Seis de cada dez persoas que están sen traballar en Galiza non perciben ningunha prestación

Máis do 62% das persoas que están sen traballar en Galiza (no desemprego ou en ERTE) non perciben ningunha prestación, tal e como se desprende dos datos do SEPE que se veñen de coñecer. Das 395.709 persoas nesta situación, unicamente 150.178 ingresaban algunha prestación a finais de xullo. Segundo estes datos, o noso país rematou agosto cun total de 176.951 persoas no paro, o que supón un incremento de 1640 con respecto ao mes anterior.

Persoas ERTE Persoas desempregadas  
A Coruña 70.543 72.553 143.096
Lugo 16.656 17.276 33.932
Ourense 20.572 19.701 40.273
Pontevedra 89.106 67.421 156.527
Outros 21.881

21.881
Total

218.758

176.951 395.709


O desemprego medrou en todas as provincias neste último mes.

Parados/as provincia       Evolución  
  Febreiro Xullo Agosto Mensual Agosto/febreiro
A Coruña 66.516 71.534 72.553 1.019

3.037

Lugo 16.265 7.218 7.276 58

1.011

Ourense 18.397 19.556 19.701 145

1.304

Pontevedra 65.051 66.993 67.421 428

2.370

Total 166.229 175.311 176.951 1640

10.722


Este aumento do paro do 0.94% de xullo a agosto contrasta coa subida do 15,04% con respecto ao mesmo período do ano anterior, o que amosa a grave crise na que se atopa inmerso o mercado laboral galego. A isto hai que sumar a mala calidade do emprego que se xenera, xa que o 92% dos 64399 contratos subscritos en agosto foron temporais. De feito, no que vai de 2020 rexistrouse un 26,91% menos de contratos indefinidos a tempo completo que no mesmo período ano pasado.

Ao mesmo tempo, a falta de cobertura das persoas desempregadas afonda na vulnerabilidade dunha parte moi importante da poboación, que nestes momentos non está traballando por atoparse en ERTE ou no desemprego. Por se isto fose pouco, as persoas que superen os seis meses en ERTE verán reducida a súa prestación á metade a partir deste mes de setembro.

O paro volveu a medrar en agosto no noso país tras o lixeiro descenso que se rexistrara en xullo motivado pola contratación precaria vinculada ao sector servizos. As mulleres son de novo o colectivo máis afectado polo incremento do desemprego, tal e como vén acontecendo dende o inicio da pandemia. Dende entón o paro incrementouse entre as mulleres o dobre que entre os homes, tendencia que se agudizou no último mes.

Parados/as sexo       Evolución  
Sexo Febreiro Xullo Agosto Mensual Agosto/febreiro
Homes 71.438 74.777 75.125 348

3.687

Mulleres 94.791 100.534 101.826 1.292

7.035

Por sectores, foi o de servizos o que experimentou un peor comportamento, tanto mensualmente como dende febreiro.

Parados/as sectores       Evolución  
  Febreiro Xullo Agosto Mensual Agosto/febreiro
Industria 18.297 19.537 19.774 237

1.477

Construción 13.613 13.862 13.724 – 138

111

Servizos 114.987 121.372 122.005 633

7.018

O único dato que amosou un bo comportamento foi a afiliación á Seguridade Social, que no último mes incrementouse en Galiza en 7125 persoas.

Afiliación á SS     Evolución  
  Febreiro Xullo Agosto Mensual Agosto/febreiro
A Coruña 434.745 427.181 429.795 2.614 – 4.950
Lugo 21.313 121.541 122.834 1.293 1.521
Ourense 102.218 101.666 102.579 913 361
Pontevedra 354.077 355.278 357.583 2.305 3.506
Total 1.012.353 1.005.668 1.012.793 7.125 440

Por un cambio de sistema

Diante deste contexto, dende a Secretaría de Emprego e Industria da CIG inciden na urxencia de derrogar a reforma laboral, pero tamén na necesidade de que como galegos e galegas teñamos capacidade para controlar os nosos recursos e poidamos desenvolver e aproveitar as nosas múltiples capacidades produtivas: enerxía, recursos minerais, riqueza forestal, sector primario, etc. “Temos que pechar os ciclos produtivos no país para poñer a economía ao servizo da maioría social, creando emprego de calidade que nos permita vivir dignamente na nosa terra”, sinala o secretario cofederal de Emprego e Industria, Fran Cartelle.

Nese senso, indica que é evidente que cando os nosos sectores produtivos están en mans de empresas privadas “estas adicanse a especular coa intención única de facer negocio, xerando precariedade e desigualdade”. Por iso entende que non só é preciso mudar as leis, senón que o obxectivo ten que ser cambiar o sistema económico e social.

“Con este Goberno español sumiso ao poder económico e cun Goberno galego que ademais de ser sumiso a ese poder é incapaz de ter un proxecto industrial e produtivo que revirta no país, o panorama de destrución de emprego e de precarización non fai máis que agudizarse”, remata.

Comentar noticia

Your email address will not be published.