Seis fotógrafos e seis equipos audiovisuais traballarán nas Cíes catro días para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade

O Concello de Vigo pon en marcha esta semana o Desafío Cultural Illas Cíes que levará ao arquipélago a seis fotógrafos e seis equipos audiovisuais para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade. Os seleccionados traballarán de xoves a domingo para crear as súas producións artísticas que posteriormente serán expostas.
Publicado por o día 24/09/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Seis fotógrafos e seis equipos audiovisuais traballarán nas Cíes catro días para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade

O Concello de Vigo pon en marcha esta semana unha nova iniciativa de promoción da candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade dentro do programa cultural para fomentar a difusión do patrimonio natural do arquipélago vigués coa actividade “Desafío Audiovisual e Fotográfico Illas Cíes”.

O alcalde, Abel Caballero, informou en rolda de prensa de que “o obxectivo é redescubrir as illas como un Laboratorio Artístico” sobre o que desenrolar o enxeño e a creatividade. Esta primeira edición da iniciativa centrarase nas disciplinas audiovisual e fotográfica coa selección de seis grupos de seis persoas ligadas ao ámbito audiovisual e seis fotógrafos.

O seleccionados permanecerán catro días nas Cíes, do xoves 26 ao domingo 29 de setembro, para o proceso de realización de obras. “Os equipos e fotógrafos estarán guiados en todo momento por membros do Comité Técnico e Científico da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade”, apuntou o alcalde.

Tras a fase de edición de obras, os proxectos deberán ser presentados antes do 30 de outubro e avalados por un Comité de Expertos constituído para tal fin. Para a edición haberá unha bolsa económica de axuda que garantirá a calidade óptima dos traballos. A última fase será a exposición fotográfica e a presentación dos vídeos o vindeiro mes de decembro.