Seis novos falecidos elevan a 1.293 as vítimas da covid-19 en Galicia

Descenden en todas as áreas, con Vigo á cabeza (74); agás nas de Santiago (+32) e Ferrol (=)
Publicado por o día 11/12/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Seis novos falecidos elevan a 1.293 as vítimas da covid-19 en Galicia

O total de vítimas da Covid-19 na comunidade galega ascende este xoves a 1.293 tras confirmarse seis novos falecidos por parte das autoridades sanitarias. Dous deles producíronse na residencia Vila do Conde de Gondomar, en concreto dúas mulleres de 97 e 93 anos de idade.

Un terceiro, un home de 69 anos, rexistrouse no HULA, pero procedía da residencia de Vilalba. O resto de casos foron unha muller de 93 anos no HULA, outra de 89 anos no CHOP e unha terceira no CHUS, de 86 anos de idade. Os seis presentaban patoloxías previas.

A tendencia descendente dos casos de covid-19 en Galicia segue a manterse. Hoxe o Sergas recolle no seu portal un total de 5.795 persoas infectadas de coronavirus. Son 132 menos ca onte. Non se vían cifras semellantes dende o 22 de outubro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.