“Semana de masterclass e conferencia sobre a visión da muller na arte no Conservatorio de Gondomar”

Por o 25/03/2019 | Sección: Galicia,Gondomar
“Semana de masterclass e conferencia sobre a visión da muller na arte no Conservatorio de Gondomar”

Dende onte o Conservatorio de Gondomar comezou unha semana intensa de masterclass abertas ao público en xeral, cos profesores Paula Colás na especialidade de violín. Hoxe continuarán co clarinetista Felipe Agell , e xoves e venres co guitarrista Agustín Lage, e o pianista Emilio Álvarez respectivamente.

Mañán mércores 27, comezará un ciclo de conferencias a cargo de Roberto Relova, musicólogo e colaborador da revista Codalario e o programa “Instinto clásico” de Onda Cero, nas que abordará o papel da visión da muller na arte baixo o título: “A (de)construción dos grandes personaxes femininos desde a música, o mito e a historia”. Todas as conferencias serán ás 19:00h no Auditorio Lois Tobío de Gondomar. A primeira conferencia versará sobre a “Metodoloxía e perspectivas desde un estudio artístico”, e as seguintes datas terán lugar o mércores 10 de abril, venres 10 de maio e martes 4 de xuño, todas á mesma hora e local. As actividades do Festival PRIMAVERA SON 2019, son completamente gratuitas e abertas a tódolos públicos. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura, dirixida por Nuria Lameiro, e cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.”

Comentar noticia

Your email address will not be published.