SEMPRE: ANTE TODO, REDONDELA

Publicado por o día 25/10/2019 na sección de Galicia,Redondela

SEMPRE: ANTE TODO, REDONDELA

A plataforma en contra do desmantelamento da comisaría únese ao Partido Popular en onde ambos reivindican a súa “loita a favor dunha comisaría local” para Redondela, un “problema ignorado” polo goberno actual. Esta plataforma, denuncia que a Sra. Rivas, reclamase no seu momento unha comisaría de distrito defendendo aos nosos policías de proximidade; e que unha vez nomeada alcaldesa se lle esquecese o punto número catro dentro do apartado de Seguridade e Tráfico do seu programa actual electoral “garantir a seguridade cidadá reclamando unha comisaría de distrito para o municipio”.

A alcaldesa, non só non cumpriu coas palabras feitas á cidadanía arrincoando unha moción presentada nun pleno e apoiada por tódolos grupos políticos do concello, senón que ademais, se une a subdelegada de goberno e aos altos cargos policiais en funcións amosando unhas “estatísticas conseguidas grazas aos uniformados durante estes últimos trinta anos”.

Dende a plataforma, están interesados en que se expliquen “as causas polas que se abandonou ese punto”, polas cales o goberno obvia este asunto e se une á loita en querer facer desaparecer os dereitos dun concello que conta con 30.000 habitantes, cuarto municipio da provincia, décimo quinto a nivel autonómico e que recibe o nome de Redondela.