Sen arcordo o IV covenio da terceira idade de Galicia

A patronal nestes meses de negociación, intentou recortar salario e dereitos
Publicado por o día 15/11/2016 na sección de CC.OO,Galicia,Sanidad,Sindicatos,Vigo

Sen arcordo o IV covenio da terceira idade de Galicia

Ás negociacións entre a patronal do sector e os sindicatos están rotas. A patronal nestes meses de negociación, intentou recortar salario e dereitos.

Na última reunión do luns día 14, non modificou a anterior proposta de incremento 0 para 2016, 0,5% para 2017 e 1% para 2018; ademais propoñía modificar a antigüidade, pasando do cobro dun 3% do salario base/ trienio a unha cantidade fixa.

Ademais aceptan pagar o plus de asistencia nas vacacións e o venden como unha concesión, cando en realidade e un dereito recoñecido xa polos tribunais de xustiza europeos. Ademais conceden un L.D. mais.

A falla de acordo, impediu tratar outros temas importantes: Incluir novas categorías como educador-a social, clarificar a compensación de festivos non aplicada na maioría das residencias, horas por formación, etc.

CCOO, considera insuficiente a oferta dos empresarios e NON ASINA o convenio e considera necesario mobilizarse xuntos, traballadoras-es e sindicatos por un CONVENIO DIGNO. Non pode ser que un sector en expansión, cuns plantillas insuficientes e con moita eventualidade, poucos dereitos e baixos salarios, pretendan que aceptemos convenios que sigan no camiño da precarización.