Septima xornada de paros contra a privatización do ferrocarril

Publicado por o día 15/11/2013 na sección de CGT,SF Intersindical,Sindicatos,Vigo

Septima xornada de paros contra a privatización do ferrocarril

 No día de hoxe estase a desenvolver a séptima xornada de paros parciais no sector ferroviario estatal convocada polas centrais sindicais SF-Intersindical e CGT, contra a privatización do ferrocarril. Ca de hoxe xa suman sete xornadas de paros parciais e unha folga de 24 horas, que se desenvolveu o día 31 de outubro, sin que as empresas mostren vontade algunha de negociar para darlle unha saída e desbloquear o conflicto.

 É por elo que os dous sindicatos convocantes denuncian que Renfe Operadora e Adif, son únicas responsables dos inconvintes e perxuizos que se lle poidan estar causando a cidadanía. Sinalar que a derradeira reunión conxunta que mantiveron para darlle unha saída ao conflicto, foi o día 4 de novembro e, sin estar pechada a mesa de negociación, xa tomaron unilateralmente acordos nos consellos de administración das empresas, e incluso o presidente de Renfe Operadora, o día 13 de novembro, compareceu no Congreso dos Diputados para explicar a súa “folla de ruta” cara a constitución de 4 Sociedades Anónimas na operadora.

 As traballadoras e traballadores do ferrocarril estan en loita en contra das decisións do goberno do PP de privatizar un dos poucos sectores estratéxicos que ainda forma parte do patrimonio público. Impoñe, con data 1 de xaneiro de 2014, a segregación do sector ferroviario en seis empresas para acabar traspasando “o negocio” a mans privadas aplicando, co “rodillo” que lle permite a maioría absoluta, o seu modelo de sociedade que está a resultar nefasto para a maioría social. Un modelo, “de libro” que, paseniño, xa veñen aplicando os distintos gobernos dende fai anos pero que, nos dous derradeiros, o PP está a impoñer de xeito acelerado a todos os sectores e servizos públicos poñendo en cuestión, e facendo perigrar, dereitos fundamentais consagrados na Constitución para toda a cidadanía: Sanidade, Ensino, Vivenda, Movilidade, etc…

  A xornada de hoxe no paro da mañán, de 7 a 9 horas, desenvolveuse sin incidentes e tivo un seguimento regular, na liña das anteriores xornadas. Circularon, con normalidade, os trens programados nos Servizos Mínimos e, no caso de Vigo temos que suliñar que a motora que une Vigo con Oporto con saída as 9.02, xa fora do periodo de folga, tivo que retrasar a súa saída ás 9.15 por mor de que o personal secundou a folga e fixo a súa presentación as 9:00h. en vez de as 8.48h. que é o horario programado en situación de normalidade. Os [email protected] afectados nos 25 trens suprimidos hoxe acadan os 1538, dos que 925 pertencen ao eixo atlántico.

  A CGT e o SF-Intersindical van a continuar co calendario de movilizacións no día de hoxe con paros parciais no turno de tarde de 15.00h. a 17.00.h, e de 23_00 a 01.00h. no turno de noite. Si non hai avances e, ainda que non contan co apoio do resto de organizacións sindicais con representación nas empresas, van a cumplir a totalidade do calendario programado porque síntense arroupados polos traballadores e traballadoras, que a pesar dos servizos mínimos abusivos, están a secundar os paros, e tamén pola propia cidadanía que está a entender que é unha loita xusta e necesaria na defensa do ferrocarril, que é de todos e de todas.