O Sergas compra 494 cadeiras de tratamento con destino a unidades ambulatorias e hospitais de día

O presuposto total é de 896.610 euros e a entrega realizarase durante o mes de marzo
Por o 26/02/2018 | Sección: Sanidad
O Sergas compra 494 cadeiras de tratamento con destino a unidades ambulatorias e hospitais de día

O Servizo Galego de Saúde adquiriu un total de 494 sillóns de tratamento para mellorar o confort dos pacientes que deben someterse a tratamentos que requiren estancias periódicas de varias horas de duración. O orzamento total ascende a 896.610 euros e a entrega das cadeiras realizarase durante o mes de marzo.

Esta actuación está enmarcada dentro do Plan de Humanización do Servizo Galego de Saúde, e valorouse especificamente que as cadeiras ofrezan aspectos relacionados co confort, como a calidade do recheo e o tapizado, e coa facilidade para o paciente de adaptar os sillóns a múltiples e diversas posicións.

As sete Estruturas Organizativas de Xestión Integrada do Sergas comunicaron as necesidades de renovación deste mobiliario clínico de unidades ambulatorias e de hospitais de día, e destinaranse principalmente aos servizos de oncoloxía, hematoloxía, servizos de urxencias, reanimación, ou salas de extracción, entre outras.

En funcións destas necesidades, un total de 80 cadeiras están destinadas á EOXI de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras; 38 son para a EOXI de Vigo; 68 están destinadas a diversos centros sanitarios da EOXI de Pontevedra e Salnés; 43 cadeiras son para a EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos; 138 están destinados á EOXI de Santiago de Compostela; 103 son para a EOXI da Coruña, e 24 cadeiras irán destinadas á EOXI de Ferrol.

Actuación enmarcadas na humanización

No marco do proxecto global de humanización, o Sergas está a desenvolver actuacións en diferentes ámbitos, así, na totalidade dos centros sanitarios está implantado o Código Amable, para a mellora do trato na atención ambulatoria á cidadanía e a tarxeta AA (dobre A), para a mellora de accesibilidade e acompañamento a pacientes con especial vulnerabilidade nos centros sanitarios do Servizo Galego de Saúde (pacientes con trastornos do espectro autista, Alzheimer, Parálise Cerebral ou discapacidade intelectual grave con trastornos de conduta asociados).

Tamén está implantado en todos os centros, o programa Paciente Competente en Diabetes, que permite que os centros sanitarios se convirtan en lugares onde uns pacientes aprenden doutros a xestionar mellor os seus problemas de saúde; e a Estratexia de Atención ao Paciente con Dolor e a Comisión de Estratexia Galega contra a Dolor, que pretende que os pacientes participen na sistematización de todos os procedementos de atención ao paciente con dor.

O Sergas tamén promove a participación a través do Consello Asesor de Pacientes, e a formación coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, creada en 2009 para formar e informar a pacientes e familiares e facelos partícipes e protagonistas dos seus procesos de enfermidade/atención e mellorar os autocoidados.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.