O SERGAS impide a conciliación familiar das súas traballadoras

O Sergas impide a unha empregada eventual escoller as súas horas de lactación así como gozar da licenza por matrimonio
Por o 04/07/2017 | Sección: Bebés,Galicia,SAGAP,Sanidad,Sindicatos
O SERGAS impide a conciliación familiar das súas traballadoras

O Sergas acaba de impedir a unha traballadora eventual escoller as súas horas de lactación como prevee a Lei, amparándonse nun acordo desfasado de 2001 que recolle, ademais, que as traballadoras que vaian casar non deberían aceptar os seus contratos de traballo. Este ataque prodúcese ademais sobre o tipo de persoal máis precario co que conta a administración galega, os trabajadoros eventuais.

O sindicato SAGAP, así como moitos membros da comunidade sanitaria galega, denuncian que a xestión do SERGAS ataca os dereitos das súas traballadoras ao mesmo tempo que asegura publicamente promover a concialición familiar e respectar os dereitos das súas traballadoras.

Non é a primeira vez que se dá un caso deste tipo, e son incontables as denuncias que sindicatos e traballadoras do servizo galego de saúde interpuxeron contra o SERGAS, a maior parte das cales acaban con sentenza favorable ás traballadoras tanto en tribunais estatais como en Estrasburgo.

Documentos

 

Noticias de última hora en Vigo

Una respuesta para "O SERGAS impide a conciliación familiar das súas traballadoras"

  1. Raquelv   05/07/2017 at 16:13

    Si esto lo hace alguna empresa privada se le cae el pelo! Se creen impunes!