Sergio González dirixirá ao equipo de liga EBA, C.B. Seis do Nadal – Coia

Sergio González será o adestrador que dirixirá ao equipo de Liga EBA do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia na primeira tempada da historia da entidade na que se participará en dita competición despois do Ascenso conseguido a pasada campaña.
Publicado por o día 29/07/2016 na sección de Baloncesto,Deportes

Sergio González dirixirá ao equipo de liga EBA, C.B. Seis do Nadal – Coia

Sergio González, Director Deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia desde a tempada 2007/2008 e adestrador no club desde a campaña 2003/2004, compartirá nesta nova tempada 2016/2017 a súa labor de xestión deportiva, da entidade con maior número de licenzas da comunidade galega, coa dirección do equipo de Liga EBA.

Como adestrador de combinados sénior estreouse na tempada 2012/2103 en categoría Segunda División, conseguindo na súa primeira tempada en categoría sénior o Ascenso a Primeira División. Nas tres tempadas seguintes dirixiu ao equipo na Primeira División conseguindo os dous Ascensos a Liga EBA que se lograron no Seis do Nadal nas tempadas 2013/2014 e 2015/2016.


Sergio González tamén adestrou no Seis do Nadal, tempada tras tempada, equipos de tódalas categorías desde benxamín ata júnior. Na tempada 2009/2010 conseguiu clasificarse para o Campionato de Epaña de Clubs Infantil Masculino celebrado en Vegadeo, converténdose na primeira vez que un equipo da entidade conseguía a clasificación para un Campionato de España. Na temapda 2013/2014 conseguiría clasificarse novamente para o Campionato de España de Clubs Infantil Masculino que se celebrou en Cambados.

O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia apostou desde un primeiro momento pola continuidade de Sergio González como o adestrador do equipo nesta nova categoría despois do traballo realizado e de todo o demostrado nos últimos anos. Para Sergio González dirixir ao conxunto en Liga EBA “é toda unha responsabilidade e un novo reto que afronto con moita ilusión, ademáis é un orgullo ter a posibilidade de adestrar nesta categoría no Seis do Nadal – Coia, o club que me veu crecer como adestrador desde os meus primeiros pasos na tempada 2003/2004”.

“A nova tempada vai a ser moi diferente en moitos aspectos xa que o salto de Primeira División a Liga EBA é moi grande e moitos equipos son moi competitivos e moi duros físicamente” dice Sergio González sobre o que espera do novo curso. “Buscaremos para o Seis do Nadal un estilo de xogo rápido combinado coa intensidade defensiva que nos caracteriza como equipo” explica o adestrador sobre a súa idea para o conxunto e pensando no inicio dos adestramentos que o ten marcado para mediados do mes de agosto.