Dende a entrada en vigor en abril de 2015 do Decreto 55/2015 do 26 de marzo, polo que se regula a libre elección de persoal médico de familia, pediatra e profesional de enfermaría no ámbito da asistencia sanitaria e ata o 30 de setembro deste ano, un total de 239.542 usuarios do Servizo Galego de Saúde (Sergas) solicitaron o cambio de cupo por motivo de libre elección. Destas solicitudes, 150.165 corresponden á de médico de familia, 16.313 á de pediatría e 73.064 á de enfermaría.
Atendendo á distribución xeográfica, na provincia da Coruña, a Xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) da Coruña rexistrou nese período 46.150 solicitudes; á de Ferrol 33.329 peticións e a Xerencia da xestión integrada de Santiago, 23.948 solicitudes de cambio de cupo por motivo de libre elección de persoal sanitario. Na provincia de Pontevedra, a EOXI de Vigo atendeu 57.725 solicitudes e a de Pontevedra-Salnés, un total de 25.882 peticións. Pola súa banda, na EOXI de Ourense-Verín-Barco 25.748 usuarios do Sergas pediron un cambio ben de médico de familia, pediatra ou enfermaría en atención primaria; mentres que na Xerencia de xestión integrada de Lugo-Cervo-Monforte o número de solicitudes rexistradas foi de 25.760.
EOXI
|
Totais período dende inicio (21 abril 2015) a 30/09/2017
|
Totais dende 21/04/2015 a 30/09/2017 (MF+Pediatra+ Enfermería |
||
MÉDICO
|
PEDIATRA
|
ENFERMERÍA
|
TOTALES
|
|
A CORUÑA
|
26.654
|
3.733
|
15.763
|
46.150
|
FERROL
|
21.959
|
2.132
|
9.238
|
33.329
|
SANTIAGO
|
13.600
|
1.367
|
8.981
|
23.948
|
LUGO-CERVO-MONFORTE
|
17.698
|
1.395
|
6.667
|
25.760
|
OURENSE-VERÍN-BARCO
|
16.619
|
1.443
|
8.686
|
26.748
|
PONTEVEDRA-SALNÉS
|
15.582
|
2.262
|
8.038
|
25.882
|
VIGO
|
38.053
|
3.981
|
15.691
|
57.725
|
TOTAL
|
150.165
|
16.313
|
73.064
|
239.542
|
Datos libre elección en Atención Primaria dende a entrada en vigor ata o 30 de setembro de 2017
A posibilidade de elixir profesional de medicina e de pediatría no ámbito da atención sanitaria deu comenzo o 21 de abril de 2015, mentres que o de enfermaría, data do 20 de agosto dese mesmo ano. O texto normativo do Decreto 55/2015, que tamén regula a libre elección de centro hospitalario por parte dos usuarios do Sergas por un problema de saúde novo, enmárcase na Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías e prestacións sanitarias.
Normativa de dereito sanitarios e Lei de garantías
Co decreto de libre elección, o Goberno galego estableceu por primeira vez un sistema no que o paciente ten a facultade de elixir, no exercicio da súa autonomía de decisión, os profesionais sanitarios que atenderán a súa saúde. Deste xeito, a atención sanitaria deixa de estar vinculada ao domicilio pasando a ser decidida polos pacientes, segundo as súas preferencias, quedando a salvo os criterios de planificación sanitaria e de dispoñibilidade dos profesionais, para que a elección sexa factible e eficaz.
Ao abeiro da lei de garantías tamén se aprobou o decreto que regula o dereito da segunda opinión médica no sistema público e o texto normativo polo que se establece a organización e funcionamento do Rexistro galego de instrucións previas sobre coidados e tratamentos da saúde.
En xaneiro de 2018 entrará en vigor o Decreto 105/2017 que regula o sistema de garantías de tempos máximos de accesos ás prestacións sanitarias públicas, aprobado polo Consello da Xunta o 28 de setembro pasado. Este novo regulamento culmina o desenvolvemento normativo da Lei de garantías e fará posible que os pacientes que sufran unha patoloxía importante non urxente sexan intervidos nun prazo máximo de dous meses. Tamén fixa un máximo de 45 días para primeiras consultas externas e o mesmo período de tempo para primeiras probas diagnósticas ou terapéuticas en atención sanitaria hospitalaria programada e non urxente.
Noticias de última hora en Vigo