O servizo de Gardacostas comisa 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo

Publicado por o día 07/11/2017 na sección de A Coruña,Galicia,Sucesos

O servizo de Gardacostas comisa 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisaron esta mañá 131 quilos de ourizo nun control contra o furtivismo desenvolvido en Corcubión. Ademais requisaron 11 capachos, dous trueiros e tres salabardos de rede.

Toda a mercadoría estaba sen identificar e foi requisada polos axentes na zona da Amarela. Este operativo enmárcase no conxunto dos controis que efectúa diariamente o Servizo de Gardacostas para evitar a extracción e comercialización ilegal de produtos pesqueiros e marisqueiros.