O servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro novamente desbordado

Boxes de observación, salas de espera e pasillos do servicio, cheos de pacientes entre os que esperan ser vistos, os que esperan cama e os que están sendo por fín ingresados
Publicado por o día 06/02/2017 na sección de Sanidad,Vigo

O servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro novamente desbordado

Esta acontecendo agora mesmo, unha vez máis e así desde fai máis de 2 meses, o servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro está desbordado. Boxes de observación, salas de espera e pasillos do servicio, cheos de pacientes entre os que esperan ser vistos, os que esperan cama e os que están sendo por fín ingresados.

Para a consellería de sanidade  e o Sr. Xerente, todo e puntual e excepcional, pero a realidade é ben diferente. Os recortes, plasmados fai ano e medio inaugurando un hospital recortado en camas, mantendo outros dous tamén recortados e pechando o P. Cíes e Rebullón traen estas consecuencias e ademais o desmantelamento do Meixoeiro sin U.C.I. e con peches neste hospital de moitas camas na maioría do tempo.

Lembrar que Vigo contaba con 590 camas (Hospital Xeral); 422 (Hospital Meixoeiro) 117 (Nicolás Peña) 78 (Rebullón) e 43 (Policlínico Cíes). Agora, despois deste hospital, temos 1.260 camas, tan soio 10 mais das que había e lonxe das máis de 2000 previstas polo goberno bipartito e por eles mesmos ata maio do 2015.

Desde o sindicato CCOO instan a xerencia e consellería a recoller as iniciativas de traballadores e traballadoras do servizo e dos seus representante. Vigo necesita a utilización de tódas las camas do Meixoeiro e contar cunha unidade de críticos, abrir una segunda cama nas habitacións do Álvaro Cunqueiro donde sexa posible e necesario reforzando os servizos tanto de urxencias como de hospitalización con persoal.